07/09/10

MAUSOLEO DE SANTA CONSTANZA


CATALOGACIÓN

Obra arquitectónica de finalidade relixiosa e conmemorativa, concretamente un mausoleo, é dicir un lugar de enterramento para Santa Constanza, filla de Constantino, e tamén por extensión ás mulleres da familia imperial
É unha obra de pequenas dimensións porque non está destinado a acoller moitos fieis, só se celebrarían cerimonias no día da santa
Encontrase na cidade de Roma e data do s. IV, clasificable artisticamente na primeira arte cristiá, despois de que Constantino legalizara o cristianismo polo Edicto de Milán (313).
Este período artístico termina coa invasión dos pobos bárbaros no s. V.

CONTEXTO

Na primeira arte cristiá ou paleocristiá hai que diferenciar dúas etapas divididas no ano 313 (Edicto de Milán). Ata esa data o cristianismo é perseguido e o culto ha practicarse ocultamente (catacumbas); sucédense momentos de certa tolerancia con momentos de grandes persecucións, como as levadas a cabo con Nerón, Domiciano ou Marco Aurelio. A partir do 313, o cristianismo é recoñecido como relixión oficial para terminar por converterse en relixión única, co Edicto de Teodosio d0 391, e oficial do Imperio.
As novas circunstancias obrigaron a novas solucións plásticas e arquitectónicas que han ser distintas segundo se sitúan no Oriente ou no Occidente tras da división do Imperio por Teodosio
Occidente crea o seu modelo templario a partir da basílica romana, de feito herda o nome e a disposición cambiando só a función e introducindo algunhas modificacións. Se entre os romanos era unha edificación de carácter administrativo e xudicial, agora convertese no lugar para as celebracións litúrxicas con espazo para acollemento dos fieis. Deste xeito evitan dar continuidade ós templos pagáns, presentando unha tipoloxía relixiosa ben distinta, non esquezamos que tamén a significación é diferente: os templos clásicos eran a casa do deus, a basílica cristiá é o lugar de reunión da ecclesia.
Outras novas tipoloxías construtivas son os baptisterios (para o bautismo por inmersión), os mausoleos (carácter funerario) e os martyria (na honra de un mártir). En todos eles adoptan a planta centralizada
Papel fundamental ha ser a fixación dunha iconografía propia a través da que se transmite a fe. Ese alto compoñente intelectual impregna a arte que se enche de convencionalismo, simbolismos, idealizacións e alta expresividade
A relixión, unida ó poder, impregna toda a arte: o teocentrismo é substituído polo teocentrismo de modo que o mundo é agora interpretado desde a crenza. A unión de Igrexa e Estado da lugar ó cesaropapismo, máis forte en Oriente, e con iso a arte adquire carácter propagandístico.
En todo caso, a arte cristiá presentase como sucesora do clasicismo, particularmente empregando técnicas romanas, pero a nova mentalidade modifica a significación. Os espazos edilicios procuran suxerir a presenza divina e a plástica coas súas abstraccións busca amosar os principios da fe.

ANÁLISE

Planta de disposición circular, seguindo o modelo habitual dos mausoleos romanos –Cecilia Metella- xa eles basados nos tholoi gregos, polo tanto modelo centralizado, que se organiza en tres aneis.
unha columnata aberta exterior, hoxe desaparecida
o muro da edificación
as columnas pareadas que rodean o altar

Os tres aneis dan lugar a espazos concéntricos diferenciados-
- O peristilo (C) queda interrompido na parte inferior pola presenza dun pórtico alongado, absediado e pechado, o nártex (D) para os catecúmenoa. Foi un engadido posterior cando o edificio se reconvertiu en baptisterio da basílica anexa. . 
-O deambulatorio (B) vén dado polo propio muro interior, alixeirado e dinamizado pola apertura de nichos alternativamente semicirculares e rectangulares. Hai catro principais, marcados pola súa maior profundidade, que cadra con eixes maiores da circunferencia, e que ademais no eixe lonxitudinal cadran na parte inferior coa entrada ó edificio desde o pórtico, e na parte superior coa apertura dun nicho rectangular no que se ubica o altar.
A disposición destes nichos é de enorme importancia pois que crean dous eixes visuais que complementan a concepción centralizada da planta circular con dúas liñas que recrean en abstracto unha idea de cruz grega. Desta maneira, vólvense mesturar, como sucedía en Oriente, os enfoques centralizados e lonxitudinais no edificio.
-A parte central (A) -orixinalmente destinado a colocar o sarcófago- delimítase por columnas pareadas dispostas radialmente, que veñen simular a separación entre naves das plantas basilicais de modo que reforza esta idea lonxitudinal. As columnas apoian en basas clásicas, teñen fustes de mármore, capiteis compostos e amplos entaboamentos superpostos (coas tres partes que o conforman: arquitrabe, friso e cornixa) que peraltan os arcos para permitir dar máis altura e relevancia a este espazo. 
En canto ás cubertas, o deambulatorio cóbrese con bóveda de canón anular, dividida en tramos e con lunetos, e ábrese ó corpo central por medio de doce arcos de medio punto, sobre os soportes indicados anteriormente que forman o terceiro anel
O espazo central moito máis alto, cóbrese cunha gran cúpula, abríndose no seu arranque doce fiestras en arcos de medio punto, que permiten concentrar a luz nesa zona principal na que se sitúa o rico sarcófago de Santa Constanza
En alzado hai dous niveis, o deambulatorio interno e o elevado corpo central. Orixinalmente serían tres, pois o deambulatorio exterior quedaría máis baixo.

A decoración ven dada polos revestimentos de mosaico das cubertas, particularmente interesantes os da bóveda anular con zarcillos e vides, en alusión ó paraíso terreal, e os dos tres grandes nichos.


Pola contra, o exterior mantén a sinxeleza e pobreza propia doutras obras do mesmo período, presentado muros de ladrillo visto. Ven significar a diferenza entre a pobreza do mundo exterior e terreal e a riqueza do mundo interior e celestial.
O groso da construción está realizado en ladrillo, aproveitando materiais doutros edificios romanos para a execución das partes máis relevantes, o que viría probar a decadencia en que caeran a casa imperial e mais os mesmos oficios artísticos.
Toda esta formulación arquitectónica, sobre todo no que fai á alternancia de eixes visuais e a combinación de modelos centralizados e lonxitudinais nas plantas, ha influír en gran medida noutros estilos arquitectónicos posteriores,





  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir