CATALOGACIÓN
Escultura exenta ou de vulto redondo que representa unha Ménade, coñecida como danzante ou furiosa, é dicir unha das seguidora dos rituais dionisíacos nos que, arrebatada pola ebriedade e maila danza, abandona o seu corpo ó frenesí do éxtase que a invade.
Pertence ó período clásico da arte grega, séculos V e IV a.C., entre o fin das guerras médicas e a morte de Alexandre Magno no 323, máis exactamente ó clasicismo tardío do s. IV a.C.,
A obra orixinal realizada en mármore non chegou ata nosoutros pero coñecémola polas copias romanas.
O seu autor é Scopas quen traballou principalmente en mármore e á quen se atribúen os relevos do Mausoleo de Halicarnaso e a cabeza de Meleagro.

CONTEXTO
Atenas é derrotada por Esparta na guerra do Peloponeso o que pon fin ó gran período do dominio de Atenas e de Pericles.
Se ate o momento o principal cliente era o goberno da poles, agora crece a clientela privada, o mercado da arte e o interese por coleccionar.
A arte rompe cos grandes ideais e xira cara ao que se aprehende polos sentidos, a procura do inmediato, ao realismo que se materializa na fidelidade da aparencia antes que esencia, de aí ven o desenvolvemento do retrato. Tres grandes escultores da etapa representan tendencias diverxentes, dunha parte a expresión de emocións líricas, a charis de Praxíteles, doutra o dramatismo, o pathos de Scopas, e coma unha síntese a obra de Lisipo.
En conxunto perséguese o prototipo de beleza ideal pero afondase nos sentimentos e no movemento, estilizase o canon, barroquizanse as formas e acentuase o naturalismo, incluso os deuses aparecen moito máis humanizados seguindo a liña de Fidias aínda que sen a súa maxestosidade. En definitiva desaparece a férrea ortodoxia do equilibrio, harmonía e proporción. Unha das grandes novidades é o nu feminino, ata o momento reservado ás figuras masculinas. Todos estes cambios son precedente do helenismo.
A Ménade, entolecida polo viño e o baile, aparece medio espida pois a vestimenta ábrese deixando ver de xeito provocativo a metade esquerda do seu corpo como consecuencia do vertixinoso movemento. O corpo presenta unha violenta torsión que ven configurar unha espiral, acentuada pola disposición do torso cara atrás e da cabeza cara arriba. Esta disposición helicoidal leva o movemento ó exterior (o que fará logo Miguel Anxo)
O dinamismo repercute en todos os elementos: na vestimenta, cinguida á altura do abdome, dobra con pronunciadas pregas, na melena caendo en desorde polo dorso e, posiblemente, nos brazos en alto. O rostro case cadrado con ollos afundidos e boca entreaberta como era habitual noutras obras súas, expresa a emoción, a tensión que a separa da beleza clásica.
Compositivamente está pensada para ser vista de lado, desde onde se mostra con maior viveza o dinamismo do frenesí e o corpo transmite un maior grao de sensualidade. Pero tamén é certo que obriga ó espectador a moverse no seu redor de xeito que a percepción multiplicase, hai unha visión preferente á que sumar as vistas parciais.
O tratamento plástico destaca pola técnica dos panos mollados, empregada notablemente por Fidias, de modo que a tela adhírese ó corpo e o transparenta, están traballados con moita profundidade o que xera violentos contrastes de luz e sombra
A proporción segue a ser canónica pero aquí o que importa é amosar o estado da alma, o interior, en definitiva prima a expresividade
Nada queda da serenidade clásica. A súa influencia no helenismo é importante como se exemplifica no Laaoconte e nos relevos do altar de Pérgamo.
Se ate o momento o principal cliente era o goberno da poles, agora crece a clientela privada, o mercado da arte e o interese por coleccionar.
A arte rompe cos grandes ideais e xira cara ao que se aprehende polos sentidos, a procura do inmediato, ao realismo que se materializa na fidelidade da aparencia antes que esencia, de aí ven o desenvolvemento do retrato. Tres grandes escultores da etapa representan tendencias diverxentes, dunha parte a expresión de emocións líricas, a charis de Praxíteles, doutra o dramatismo, o pathos de Scopas, e coma unha síntese a obra de Lisipo.
En conxunto perséguese o prototipo de beleza ideal pero afondase nos sentimentos e no movemento, estilizase o canon, barroquizanse as formas e acentuase o naturalismo, incluso os deuses aparecen moito máis humanizados seguindo a liña de Fidias aínda que sen a súa maxestosidade. En definitiva desaparece a férrea ortodoxia do equilibrio, harmonía e proporción. Unha das grandes novidades é o nu feminino, ata o momento reservado ás figuras masculinas. Todos estes cambios son precedente do helenismo.
ANÁLISE
O mesmo tema serve para romper coa perfección harmónica do clasicismo, pero ademais está o pathos, é dicir a expresión do sentimento tráxico e patético da vida que leva ás obras de Scopas a unha acentuada tensión, unha expresividade máxima e á distorsión das formas que claramente o separan dos principios de equilibrio e proporción.A Ménade, entolecida polo viño e o baile, aparece medio espida pois a vestimenta ábrese deixando ver de xeito provocativo a metade esquerda do seu corpo como consecuencia do vertixinoso movemento. O corpo presenta unha violenta torsión que ven configurar unha espiral, acentuada pola disposición do torso cara atrás e da cabeza cara arriba. Esta disposición helicoidal leva o movemento ó exterior (o que fará logo Miguel Anxo)