O gravado é unha técnica de impresión consistente en debuxar unha imaxe sobre unha superficie ríxida (madeira, metal), deixando nela unhas marcas sobre as que irá a tinta e que logo permitirá pasar o debuxo desa matriz a outra superficie (tela, papel) para poder reproducila as veces que se desexe.
Hai distintas clasificacións do gravado, seguimos a que o clasifica en función da técnica empregada, independentemente do soporte da matriz: madeira (xilografía), pedra (litografía), metal (calcografía), linóleo (linogravado).
GRAVADOS EN RELEVO
É o sistema da xilografía e do linogravado. Abaixo plancha para uinha xilogrfía e linogravado de Matisse, tomada da web taller de grabador.
GRAVADOS EN OCO
Faise un baleirado inverso pois son os ocos os que van recibir a tinta. A matriz ou plancha pode ser deseñada directamente mediante buril para facer os ocos (talla doce) ou servíndose de ácidos (augaforte e augatinta).
Augaforte
Sobre a plancha de metal, habitualmente de cobre, recuberta de verniz, debuxase cunha punta metálica (roma ou case sen afiar) sen chegar a facer surcos na superficie metálica, o que fai posible as correccións. A continuación somérxese a placa nunha cubeta de ácido mordente rebaixado con augaforte que ataca o metal disolvéndoo nas zonas nas que non hai verniz (a profundidade conséguese sometendo a placa maior tempo ó proceso de corrosión). Pasado o tempo preciso, retirase a placa, límpase o verniz restante cun pano mollado en alcohol, e xa está a matriz lista para ser estampada.
A técnica da augaforte empregase desde o s. XV, se ben en principio se combinada có emprego do buril. Xa no XVII e seguindo a estela de Rembrandt impúxose a fórmula clásica
Unha boa explicación da técnica podes vela nesta páxina do MOMA. Entra nela e elixe a opción segunda, Etching, aínda en inglés podes entender ben o proceso.
Igualmente a Casa Museo de Rembrant explica con contidos multimedia o proceso da augaforte (elixe Collection, logo Cess-pit findings e Graphical Work, no lado dereito ó final pica en animation).
Igualmente a Casa Museo de Rembrant explica con contidos multimedia o proceso da augaforte (elixe Collection, logo Cess-pit findings e Graphical Work, no lado dereito ó final pica en animation).
Tres exemplos ben distintos de augafortes: arriba Picasso (Minotauro deitado con muller), á esquerda Durero (Lebre) e á dereita Lucian Freud (Home espido no sofá).
Unha animación con gravados dos Cárceres de Piranesi.Augatinta
Sobre a placa de metal exténdese unha capa de pó de resina, logo quécese a placa polo reverso ata que se dilúa a resina e se volva brillante. Sobre esta resina non vai actuar o ácido. Recóbrense con verniz as partes, non só liñas como na augaforte, que van conservar a resina, e sométese a placa ó ácido que actuará con maior ou menor forza segundo o grosor das resinas, por iso permite máis matices que a augaforte, aínda que a miúdo empréganse as dúas técnicas combinadas.Unha augatinta de Braque (Paxaro) e combinación de augatinta e augaforte de Otto Dix (Avance das tropas baixo o gas)
Grabada a buril ou talla doce
Trabállase sobre distintos metais: aceiro, cinc ou cobre. Vanse facendo surcos de maior ou menor profundidade ata lograr o deseño que se desexa. Esixe moita precisión.
É a técnica de Durero pra este gravado, Melancolía.
Neste fragmento da película Os fantasmas de Goya, vemos todo o proceso de realización dos gravados, desde a preparación da plancha ata a impresión. Mestura as técnicas de augaforte e augatinta, pois esta permite crear áreas contrastadas de grises e negros, ou o que ven ser o mesmo de zonas iluminadas e escuras.