09/06/17

CATEDRAL DE LEÓN




CATALOGACIÓN

Autor: son varios os maestros de orixe francesa, o mestre Enrique de Burgos e Juan Pérez.
Estilo: gótico.
Cronoloxía: S. XIII
Tipoloxía: arquitectura relixiosa
Localización: León – España.

CONTEXTO

(...)

ANÁLISE

Esta catedral pertence ó Gótico clásico xunto coas de Toledo e Burgos. Foi mandada construír polo Bispo Martín Fernández cando reinaba Afonso X, para mostrar o poder da Cristiandade no entorno do Camiño de Santiago, nun territorio conquistado ós musulmáns. 
Segue o modelo das catedrais góticas francesas, especialmente Reims e Amiens. 

A planta é de cruz latina e consta de tres naves lonxitudinais, a central máis ancha e alta que as laterais. Os dous últimos tramos da nave central son ocupados polo coro.
O transepto, no centro da edificación, adquire gran desenvolvemento ó incrementar as naves a cinco
A cabeceira é moi ampla (por iso se di que é macrocéfala), conta cun tramo de cinco naves e a xirola con cinco capelas en absidiolas radiais de planta poligonal.
O alzado divídese en tres niveis: arcada con arcos apuntados, triforio (formado por arcos xeminados apuntados enmarcados por un arco apuntado con tracería gótica) e claristorio decorado con grandes ventanais con vidreiras policromadas (deixan pasar a luz pero tamén teñen función didáctica).
A cuberta está formada por unha bóveda de cruzaría que descarga o seu peso sobre pilares con columnas adosadas (baquetóns), que reducen o peso sobre os muros que son substituídos por arcos oxivais con vidreiras.


Na parte exterior do muro os arcobotantes conducen os empuxes cara os contrafortes coroados por pináculos. Son características do gótico a verticalidade e a luminosidade, que se acadan con estas innovacións técnicas, ambas son consideradas elementos simbólicos porque Deus é luz.
A fachada occidental presenta a estrutura en H, ó modo francés. O corpo central, correspondente á nave maior, conta cun gran rosetón con vidreiras de cores e enriba un gablete flaqueado por pináculos. As torres son cadradas e sitúanse a ambos lados deste corpo central.
A portada abre cun triple pórtico de vanos oxivais, ricamente ornamentada

  • O pórtico central presenta no parteluz a figura da Virxe Branca e no tímpano tratan o tema do Xuizo Final, presidido por Xesucristo amosando as chagas da paixón.
    O lintel, dividido en dúas parte por San miguel, acolle a presenza dos xustos á dereita de Cristo mentres os condenados aparecen á súa esquerda (é unha organización clásica e repetida). A distribución repítese nas arquivoltas.
    Destaca o verismo dos pecadores introducidos en grandes potas con auga fervendo.




  • O pórtico lateral esquerdo acolle escenas do ciclo da Natividade: Visitación, Nacemento, Adoración dos Pastores, Herodes, Epifanía e Matanza dos Inocentes.
  • O pórtico lateral dereito adícase á Virxe, Porta de San Francisco, onde se representa no tímpano en dous niveis a morte da Virxe e a súa coroación.

Na fachada Sur temos unha portada de estrutura semellante cun triple pórtico pero sen as torres que flanqueaban o bloque central. De novo tamén debaixo do gran rosetón un corpo de fiestras e na parte inferior tres pórticos.
  • Pórtico central, do Sarmental, claramente inspirada na homónima da catedral de Burgos, repetindo a mesma iconografía aínda que cun estilo moi diferente. O tema é o apocalipse de San Xoán e así temos no centro do tímpano ó todopoderoso rodeado dos catro evanxelistas e os  seus símbolos, o tetramorfos. 

  • O pórtico lateral esquerdo quedou inconcluso, o dereito adícase a San Froilán, patrón da cidade.
Pola súa banda a fachada norte está inacabada a nivel escultórico e só conserva decoración heráldica. 
En canto á labor escultórica, e a pesar do erosionadas que se atopan, amosa unha extraordinaria calidade. Presentan o naturalismo propio do gótico que se impón sobre o simbolismo e hieratismo románicos. O traballo das pregas nas ropaxes, a expresión e individualización dos rostros e a sensación de movemento son as súas principais características.



ANEXO PARA NON LIARSE





  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir