

CATALOGACIÓN
Autor: son varios os maestros de orixe francesa, o mestre Enrique de Burgos e Juan Pérez.
Estilo: gótico.
Cronoloxía: S. XIII
Tipoloxía: arquitectura relixiosa
Localización: León – España.
CONTEXTO
(...)
ANÁLISE
Esta catedral pertence ó Gótico clásico xunto coas de Toledo e Burgos. Foi mandada construír polo Bispo Martín Fernández cando reinaba Afonso X, para mostrar o poder da Cristiandade no entorno do Camiño de Santiago, nun territorio conquistado ós musulmáns.
Segue o modelo das catedrais góticas francesas, especialmente Reims e Amiens.
A planta é de cruz latina e consta de tres naves lonxitudinais, a central máis ancha e alta que as laterais. Os dous últimos tramos da nave central son ocupados polo coro.O transepto, no centro da edificación, adquire gran desenvolvemento ó incrementar as naves a cinco.
A cabeceira é moi ampla (por iso se di que é macrocéfala), conta cun tramo de cinco naves e a xirola con cinco capelas en absidiolas radiais de planta poligonal.
O alzado divídese en tres niveis: arcada con arcos apuntados, triforio (formado por arcos xeminados apuntados enmarcados por un arco apuntado con tracería gótica) e claristorio decorado con grandes ventanais con vidreiras policromadas (deixan pasar a luz pero tamén teñen función didáctica).
Na parte exterior do muro, os arcobotantes conducen os empuxes cara os contrafortes coroados por pináculos. Son características do gótico a verticalidade e a luminosidade, que se acadan con estas innovacións técnicas, ambas son consideradas elementos simbólicos porque Deus é luz.
A fachada occidental presenta a estrutura en H, ó modo francés. O corpo central, correspondente á nave maior, conta cun gran rosetón con vidreiras de cores e enriba un gablete flaqueado por pináculos. As torres son cadradas e sitúanse a ambos lados deste corpo central.
- O pórtico central presenta no parteluz a figura da Virxe Branca e no tímpano tratan o tema do Xuizo Final, presidido por Xesucristo amosando as chagas da paixón.
O lintel, dividido en dúas parte por San miguel, acolle a presenza dos xustos á dereita de Cristo mentres os condenados aparecen á súa esquerda (é unha organización clásica e repetida). A distribución repítese nas arquivoltas.
Destaca o verismo dos pecadores introducidos en grandes potas con auga fervendo.
- O pórtico lateral esquerdo acolle escenas do ciclo da Natividade: Visitación, Nacemento, Adoración dos Pastores, Herodes, Epifanía e Matanza dos Inocentes.
- O pórtico lateral dereito adícase á Virxe, Porta de San Francisco, onde se representa no tímpano en dous niveis a morte da Virxe e a súa coroación.
Na fachada Sur temos unha portada de estrutura semellante cun triple pórtico pero sen as torres que flanqueaban o bloque central. De novo tamén debaixo do gran rosetón un corpo de fiestras e na parte inferior tres pórticos.
- Pórtico central, do Sarmental, claramente inspirada na homónima da catedral de Burgos, repetindo a mesma iconografía aínda que cun estilo moi diferente. O tema é o apocalipse de San Xoán e así temos no centro do tímpano ó todopoderoso rodeado dos catro evanxelistas e os seus símbolos, o tetramorfos.
- O pórtico lateral esquerdo quedou inconcluso, o dereito adícase a San Froilán, patrón da cidade.
Pola súa banda a fachada norte está inacabada a nivel escultórico e só conserva decoración heráldica.
En canto á labor escultórica, e a pesar do erosionadas que se atopan, amosa unha extraordinaria calidade. Presentan o naturalismo propio do gótico que se impón sobre o simbolismo e hieratismo románicos. O traballo das pregas nas ropaxes, a expresión e individualización dos rostros e a sensación de movemento son as súas principais características.
En canto á labor escultórica, e a pesar do erosionadas que se atopan, amosa unha extraordinaria calidade. Presentan o naturalismo propio do gótico que se impón sobre o simbolismo e hieratismo románicos. O traballo das pregas nas ropaxes, a expresión e individualización dos rostros e a sensación de movemento son as súas principais características.



.jpg)

.jpg)




.jpeg)
.jpeg)

