16/06/17

SEURAT



TARDE DE DOMINGO NA GRAND JATTE


CATALOGACIÓN


Oleo sobre tela de gran formato (2x3 m). Pintado 1885 por Georges Seurat, pintor post-impresionista francés fundador do puntillismo, estilo ó que corresponde esta obra. Atópase no Art Institute of Chicago. Foi presentado en 1886 na oitava e última exposición dos impresionistas e causou sensación ata o punto de que foi considerado como o pintor máis importante dunha nova xeración de artistas. O cadro converteuse no centro da exposición e dos debates que dela xurdiron. O seu pronto falecemento (1890) truncou o que era unha prometedora carreira .
O puntillismo ou divisionismo é unha corrente pictórica que partindo da representación da natureza como os impresionistas se centra na forma científica en que se perciben e se obteñen as cores. En vez da mistura das cores na paleta, para eles as cores se deben mesturar opticamente na retina do espectador: para que mesturar cores como o azul e o amarelo na paleta coa súa conseguinte degradación se se pode conseguir o mesmo efecto mediante a acumulación de puntos destas dúas cores? A nosa forma de percibir as cores fai que, á debida distancia, puntos se mesturen automaticamente no noso cerebro, obténdose da mesma maneira o verde. O traballo do pintor é aplicar puntos de cor pura na medida exacta para que o ollo as mesture e capte os diferentes matices e tonalidades.
Esta idea parte das teorías científicas máis modernas sobre a percepción e o cromatismo e o que fan estes pintores e poñer a proba estas ideas no laboratorio, o estudo do pintor, mediante sucesivos experimentos.

CONTEXTO


… (o mesmo que con Gauguin, Van Gogh e Cezanne) 

ANÁLISE


O tema do cadro era xa ben coñecido dende os impresionistas, unha escena en plena natureza, a vibrante actividade que se desenvolvía no entorno do Sena unha tarde calquera de domingo, tal e como podía aparecer en calquera cadro de Renoir. La Grand Jatte era un parque as aforas de París e nas ribeiras do Sena que se convertera nesta época nun ligar de encontro para os parísenos nos días de descanso. Seurat acudiu alí a tomar notas para logo rematar a obra no seu estudo, tardando case dous anos en rematar a obra. Esto o diferencia dos pintores impresionistas que facían os seus cadros en plena natureza, e o máis rapidamente posible, para recoller a inmediatez da escena.
Compositivamente estamos diante dun cadro moi estruturado, cun claro predominio das liñas verticais (figuras humanas, troncos das árbores) equilibradas polas liñas horizontais e diagonais (sombras). As figuras, grandes cilindros verticais, son contundentes como estatuas e dan unha gran sensación de solidez e algo parecido sucede coas árbores.
Unha gran sombra domina a parte inferior do cadro dándolle unha enorme sensación de estabilidade e dirixindo o peso do cadro cara a zona superior bañada en luz. Dúas figuras verticais conectan esta zona inferior coa zona da follaxe das árbores na zona superior.
Igual que pasa coas formas equilibradas e compensadas entre si, tamén se produce o mesmo efecto coas cores frias e cálidas, que se atopan nun balance perfecto compensándose as primeiras coa presencia das segundas. Esto nos amosa á perfección o moi organizado e estruturado que está o cadro, non deixando Seurat nada ó azar, o cal é completamente diferente da espontaneidade e inmediatez que pregoaba o impresionismo.
Proba disto é que nos dous anos que tardou en rematar a obra, fixo 62 estudos preliminares ó oleo de debuxos da paisaxe e de figuras individuais.
Dentro das cores destaca o vermello que está repartido por todo o cadro e que fai que a nosa ollada se desprace por todo o cadro, creando múltiples percorridos visuais que nos moven de esquerda a dereita por todo o cadro, a distintos niveis de profundidade.
Tamén destaca o emprego do amarelo(luces) e do violeta (sombras), cores complementarias, para darlle maior intensidade á luz. Nas súas palabras: “o medio de expresión é a mistura óptica dos tons, dos matices, é dicir das luces e das súas reaccións (sombras) seguindo as leis do contraste e da degradación da luz”.
Captura de pantalla 2017-03-26 a las 16.09.47.png
Como dixemos as cores se forman no ollo do espectador e o pintor o que fai é dispoñer zonas de cores puros normalmente en forma de puntos pero en ocasións con pequenas pinceladas horizontais por exemplo na auga do rio. É o espectador o que inconscientemente mestura as cores. A cor violeta se consigue mesturando moi xuntos puntos de cor azul e vermello. Non hai liñas pero a sensación das siluetas das figuras consíguese delimitando as superficies de cor con contrastes.
Captura de pantalla 2017-03-26 a las 16.11.50.png
A nivel espacial parece que nos atopamos cunha perspectiva lineal clara cuio punto de fuga se atopa a carón das cabezas das dúas enormes figuras de pe á dereita do cadro. Pero paradoxicamente nos atopamos cunha serie de figuras que obstaculizan o percorrer da nosa ollada, dificultando o noso acceso a ese punto de fuga.
Captura de pantalla 2017-03-26 a las 12.34.58.png
En canto ás figuras estas parecen estatuas inmóviles, non son nada naturais, predominando a súa disposición de perfil ou de fronte sen ningunha figura en tres cuartos ou escorzada, e sen amosar ningunha traza de movemento. Estas figuras parecen anónimas e psicoloxicamente ailladas, como se se tratase dun fragmento dun friso clásico ou do antigo Exipto. As figuras están reducidas a corpos sinxelos, xeométricos, esquemáticos o que convertirán a Seurat nun precursor da pintura cubista.

Por último tamén o marco forma parte da obra, Seurat vai traballar nel mediante unha trama de puntos.







Fragmento do musical SUNDAY IN THE PARK WITH GEORGE, 1984. Centrado na figura do pintor neoimpresionista e, concretamente na obra Tarde de domingo na illa da Grande Jatte xogando coas figuras que aparecen no lenzo.









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir