06/06/20

NEOCLASICISMO


A arte contemporánea comeza  a mediados do XVIII coincidindo con importantes cambios históricos:
a Ilustración (orde, lóxica, razón)
a revolución industrial
as revolucións liberais burguesas
Trátase dun período convulso que culmina coa asunción do poder por parte da burguesía quen imporá os seus gustos e intereses.
O artista adquire maior independencia ó non depender de comitentes ou mecenas e integrarse no mercado da arte onde ofertarse á nova clientela burguesa.
Tras dos excesos decorativos do Barroco final (rococó), asociado a demais ó Antigo Réxime,  ten lugar unha formulación sobre a estética da historia da arte buscando resposta a cal é a base da que partir nestas novas inquietudes. Non haberá unha resposta única, pola contra dúas correntes, en grande medida coetáneas, encontran os fundamentos en presupostos diferenciados:
-Para o Neoclasicismo a base será o mundo clásico grecolatino.
-Para o Romanticismo débese tornar a mirada ó mundo medieval cristián e as aportacións do ámbito oriental.
En todo caso, a partir deste momento, os estilos artísticos xa non van a durar séculos senón que van sucederse uns a outros a grande velocidade, e sempre con epicentro en Francia.

NEOCLASICISMO (1750 -1820)



Füssli, O artista desesperado diante da
grandeza das ruínas antigas
Autodenomínase "estilo verdadeiro" que pretende servir á nova sociedade por medio dos valores clásicos da arte, razón e moralidade, ao tempo que amosa o esplendor dunha civilización clásica ordenada.
O réxime liberal burgués acepta as premisas neoclásica pola súa conexión coas democracias gregas e a república romana, converténdoa no modelo oficial. As Academias serán as encargadas de fixar unha estrita normativa que acabou por limitar a creatividade individual pero que logrou impoñer unha arte uniforme, con modelos universais
Opta, pois, por volver a mirada ó pasado no lugar de crear un estilo novo recuperando na Antigüidade uns modelos exemplarizantes (tamén morais como a figura do heroe) cheos dunha serenidade desaparecida pola dislocación de formas e a embriaguez decorativa barroca
Os referentes tómanse das recentes descubertas de Herculano e Pompeia, de estudios sobre obras clásicas (Villa de Adriano) e de publicacións sobre o mundo greco-romano (augafortes de Piranesi, debates estéticos de Winckelmann: A única maneira para que cheguemos a ser grandes ou, se isto é posible, inimitables, é imitar os antigos). Os seus inicios hai que conectalos tamén co Grand Tour, a viaxe formativa das clases altas inglesas -logo seguidas polas doutras nacionalidades- que percorría con especial interese Italia e comezaron as coleccións de pezas artísticas.

Zoffany Piranessi


ARQUITECTURA

  • Emprega a linguaxe clásica, grega mais que romana: canon, ordes e proporción, horizontalidade, predominio de estruturas con formas xeométricas claras (a razón) sobre ornamental (artificio)
  • Perfección técnica
  • Monumentalidade
  • Reaparecen os arcos de triunfo
  • Ás veces domina a copia sobre a imaxinación

ACADEMICISMO FRANCÉS
VIGNON-Igrexa da Madelaine
FONTAINE e PERCIER- Arco do Carrusel
SOUFFLOT- Panteón
NEOPALLADIANISMO INGLÉS
ROBERT ADAM-Kedleston Hall
IÑIGO J0NES- Queen's House
SMIRKE- Pórtico Museo Británico
ARQUEOLOXISMO ALEMÁN
KLENZE- Gliptoteca de Múnic
LAGHANS- Porta de Brandeburgo
SCHINKEL- Museo Altes
ESPAÑA e o reformismo borbónico
VILLANUEVA- Observatorio
VILLANUEVA- Museo do Prado
SABATINI-Porta de Alcalá
VISIONARIOS DA ILUSTRACIÓN
BOULLÈE- Proxecto do Cenotafio de Newton
LEDOUX, Proxecto casa do xardiñeiro
LEDOUX, Saline royale d'Arc-et-Senans
EXPANSIÓN DO NEOCLASICISMO A AMÉRICA
Palacio da Corte Suprema, Washington
Capitolio, Washington
Capitolio de Virxinia


ESCULTURA

Preferencia pola mármore, sen cor ó tomar os referentes arqueolóxicos
Temas mitolóxicos, retratos, monumentos conmemorativos
Busca a beleza ideal, con actitudes repousadas e sereas, eliminando todo exceso
Resultan figuras petrificadas, atemporais
Amosa un gran dominio técnico e gran pureza formal, pero resulta unha arte fría

A. CÁNOVA
Partindo do natural idealiza as formas. Refinamento e elegancia. Recupera temas mitoloxcios
Paulina Bonaparte como Venus victoriosa Eros e Psique As tres Gracias Hércules e Licas
THÖRWALDSEN
Pureza formal. Inexpresividade. Preferencia polos temas mitolóxicos
As tres Gracias Ganimedes Jasón Psique
EN ESPAÑA
Fonte de CibelesFrancisco GUTIÉRREZ
Fonte de NeptunoJuan Pascual de Mena
Monumento a Daoíz e VelardeAntoni Solá
Lucrecia mortaDamià Campeny

PINTURA

Ó carecer de modelos clásicos pintan como se se tratara de escultura
Preferencia do debuxo sobre a cor (o tema das copias)
Luz clara e fría
Contornos moi definidos para obter a máxima claridade do representado
Luz difusa e dura que proporciona ás figuras o carácter de estatua
Composicións ordenadas, pechadas, claras e simétricas. Un tanto artificiosas
Transmite valores de virtude cívica, patriotismo e heroísmo
Perde a naturalidade introducida polo Barroco cunha expresividade contida
Temas da Antigüidade clásica e figuras históricas






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir