12/06/20

ROMANTICISMO


Xa vimos como a arte contemporánea se moveu entre dúas tendencias: voltar ó mundo clásico greco (Neoclasicismo) ou retomar os fundamentos do mundo medieval cristián.
Esta segunda visón -1790-18880- prima a subxectividade e o sentimento, é a visión romántica historicista e pintoresca en clara confrontación coa orde  e a racionalidade clasicista.

- Mantén o compromiso coa burguesía e cos levantamentos liberais (e contra da Restauración) e nacionalistas (xa non a idea do home universal da Ilustración).
- Defende o individualismo, a subxectividade e a autonomía. O artista libérase das directrices académicas, non ha de estar ó servicio do poder
- Busca inspiración no oriental e na Idade Media (arquitectura historicista), ó tempo que plasman os acontecementos do momento (loitas de liberación e pola liberdade)
- Déixanse levar polo sentimento, polo primario e visceral, pola subxectividade

Abarca un longo período de 1790-1880 no que os seus trazos se manifestan tamén na literatura ou na filososfía e cuxas manifestacións se expanden ata América

ARQUITECTURA

  • A revisión medieval da lugar a obras neo-góticas, neo-románicas, neo-bizantinas, neo-mudéxares,....
  • Deriva nunha arquitectura ecléctica que toma tamén trazos das arquitecturas tradicionais nacionais

GARNIER-Ópera de París
BARRY e PUGIN-Parlamento de Londres
NASH- Pavillón de Brihgton

L. Álvarez Capra-Igrexa Virxe da Paloma

Duomo de Cagliari

Catedral de Belgrado


ESCULTURA

  • Mantivo a conexión clasicista sumando expresividade e movemento
  • Preferencia polos temas contemporáneos


F.RUDE-A Marsellesa

CARPEUX-A danza

J. PIQUER- Infante morto

BELLVER, Anxo caído

PINTURA

  • Trazos similares ós da escultura librerándose das directrices académicas
  • Se o Neoclasicismo conectaba co Renacemento, os románticos conectan có Barroco
  • Empregan técnicas variadas: óleo, gravado, acuarela, litografía
  • Pincelada libre, texturas rugosas 

Composicións dinámica e abertas Luces vibrantes e contrapostas, potencia da cor Dramatismo, xestualidade Paisaxes (nubarróns, treboadas, oleaxes)

As mostras mais representativas do romanticismo encontrámolas en Francia con dúas figuras senlleiras: Gericault e Delacroix


Inglaterra non chegou a conectar demasiado có neoclasicismo, as novas tendencias tiveron a súa mellor representación na paisaxe, paisaxes a miúdo imaxinarias que amosan a forza da natureza. A mediados do XIX a Irmandade Prerrafaelista volve a vista á pintura anterior a Rafael na procura dunha arte espiritual, simple e moralizante ,posta en pé cunha moi coidada técnica
Dous artistas inclasificables, Blake e Füssli, móvense entre tendencias románticas pero cunha personalidade que os conecta co surrealismo e o simbolismo

PAISAXISMO: TURNER, CONSTABLE
O Temerario remolcado para o deu derradeiro atraque
Choiva, vapor e velocidade
Tormenta de neve: barco de vapor fronte á boca dun porto
Catedral de Salisbury, vista desde o xardín do pazo arzobispal
O carro de feo
Estudio de paisaxe marina con nube de choiva
PRERRAFAELISTAS: ROSSETTI, MILLAIS, HUNT

Lady Lilith
Ofelia

O espertar da conciencia
BLAKE e FÜSSLI

O ancián dos días
Newton
O pesadelo

Alemaña desenvolveu unha pintura de paisaxes nas que a figura humana resulta insignificante. Nnos tempos finais, o grupo dos Nazarenos -o primeiro movemento artístico organizado cuxa estética toman os Prerrafaelistas ingleses-, tornan á espiritualidade medieval cunha pintura bastante ecléctica pero chea de beleza

PAISAXISMO: FRIEDRICH

Camiñante sobre un mar de nubes

Lúa saíndo á beira do mar

Cantís brancos
NAZARENOS: OVERBECK, CORNELIUS, SCHNORR von CAROLSFELD

Italia e Alemaña

As virxes sabias e necias

Retrato de Clara Bianca von Quandt cun laúde,




Italia ten no veneciano Hayez o seu mellor representante, a súa obra, O bico, constitúe unha icona do romanticismo. Pero esta imaxe de ambientación medieval e tratamento teatral tamén contén o valor simbólico do proceso político do Risorgimento e alianza entre Francia e Italia












España cultiva o retrato (Madrazo), a paisaxe, (Villaamil) o cadro de historia (Rosales, Fortuny) e a imaxe costumista (Lucas Velázquez, Valeriano Bécquer), pero por riba de todo e de todos: GOYA.
MADRAZO,Doña Amalia de Llano y Dotres, Condesa de Vilches

PÉREZ VILLAMIL, Toledo

ROSALES,Dona Isabel a Católica ditanto o seu testamento

FORTUNT, A vicaría,Dona Isabel a Católica ditanto o seu testamento

LUCAS VELÁZQUEZ,Majas no balcón

Valeriano BÉCQUEr, O baile, costumes populares na provincia de Soria







  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir