Xa vimos como a arte contemporánea se moveu entre dúas tendencias: voltar ó mundo clásico greco (Neoclasicismo) ou retomar os fundamentos do mundo medieval cristián.
Esta segunda visión -1790-1880- prima a subxectividade e o sentimento, é a visión romántica historicista e pintoresca en clara confrontación coa orde e a racionalidade clasicista.
- Mantén o compromiso coa burguesía e cos levantamentos liberais (e contra da Restauración) e nacionalistas (xa non a idea do home universal da Ilustración).
- Defende o individualismo, a subxectividade e a autonomía. O artista libérase das directrices académicas, non ha de estar ó servicio do poder
- Busca inspiración no oriental e na Idade Media (arquitectura historicista), ó tempo que plasman os acontecementos do momento (loitas de liberación e pola liberdade)
- Déixanse levar polo sentimento, polo primario e visceral, pola subxectividade
Abarca un longo período de 1790-1880 no que os seus trazos se manifestan tamén na literatura ou na filososfía e cuxas manifestacións se expanden ata América
- Defende o individualismo, a subxectividade e a autonomía. O artista libérase das directrices académicas, non ha de estar ó servicio do poder
- Busca inspiración no oriental e na Idade Media (arquitectura historicista), ó tempo que plasman os acontecementos do momento (loitas de liberación e pola liberdade)
- Déixanse levar polo sentimento, polo primario e visceral, pola subxectividade
Abarca un longo período de 1790-1880 no que os seus trazos se manifestan tamén na literatura ou na filososfía e cuxas manifestacións se expanden ata América
ARQUITECTURA
- A revisión medieval da lugar a obras neo-góticas, neo-románicas, neo-bizantinas, neo-mudéxares,....
- Deriva nunha arquitectura ecléctica que toma tamén trazos das arquitecturas tradicionais nacionais
|
|
|
L. Álvarez Capra-Igrexa Virxe da Paloma |
Duomo de Cagliari |
Catedral de Belgrado |
ESCULTURA
- Mantivo a conexión clasicista sumando expresividade e movemento
- Preferencia polos temas contemporáneos
F.RUDE-A Marsellesa |
CARPEUX-A danza |
J. PIQUER- Infante morto |
BELLVER, Anxo caído
|
PINTURA
- Trazos similares ós da escultura librerándose das directrices académicas
- Se o Neoclasicismo conectaba co Renacemento, os románticos conectan coa Idade Media e as súas ruínas e co gusto barroco polo drama
- A paisaxe como xénero, sublime ou pintoresco; o exótico, fantástico e onírico
- Empregan técnicas variadas: óleo, gravado, acuarela, litografía
- Pincelada libre, texturas rugosas
Composicións dinámica e abertas | Luces vibrantes e contrapostas, potencia da cor | Dramatismo, xestualidade | Paisaxes (nubarróns, treboadas, oleaxes) |
---|---|---|---|
Girodet-Trioson | Alenza | Danby |
As mostras mais representativas do romanticismo encontrámolas en Francia con dúas figuras senlleiras: Gericault e Delacroix
Inglaterra non chegou a conectar demasiado có neoclasicismo, as novas tendencias tiveron a súa mellor representación na paisaxe, paisaxes a miúdo imaxinarias que amosan a forza da natureza. A mediados do XIX a Irmandade Prerrafaelita volve a vista á pintura anterior a Rafael na procura dunha arte espiritual, simple e moralizante, posta en pé cunha moi coidada técnica, buscando a belaza aínda a costas da realidade
Dous artistas inclasificables, Blake e Füssli, móvense entre tendencias románticas pero cunha personalidade que os conecta co surrealismo e o simbolismo
PAISAXISMO: TURNER, CONSTABLE | ||
---|---|---|
O Temerario remolcado para o deu derradeiro atraque
|
Choiva, vapor e velocidade
|
Tormenta de neve: barco de vapor fronte á boca dun porto
|
Catedral de Salisbury, vista desde o xardín do pazo arzobispal
|
O carro de feo
|
Estudio de paisaxe marina con nube de choiva
|
PRERRAFAELITAS: ROSSETTI, MILLAIS, HUNT |
Ofelia (video) |
||
VISIONARIOS: BLAKE e FÜSSLI | ||
Newton
|
O pesadelo
|
Alemaña desenvolveu unha pintura de paisaxes nas que a figura humana resulta insignificante. Nos tempos finais, o grupo dos Nazarenos -o primeiro movemento artístico organizado cuxa estética toman os Prerrafaelistas ingleses-, tornan á espiritualidade medieval cunha pintura bastante ecléctica pero chea de beleza
PAISAXISMO: FRIEDRICH | ||
---|---|---|
Lúa saíndo á beira do mar
|
Cantís brancos
|
|
NAZARENOS: OVERBECK, CORNELIUS, SCHNORR von CAROLSFELD | ||
Italia e Alemaña
|
As virxes sabias e necias
|
Italia ten no veneciano Hayez o seu mellor representante, a súa obra, O bico, constitúe unha icona do romanticismo. Pero esta imaxe de ambientación medieval e tratamento teatral tamén contén o valor simbólico do proceso político do Risorgimento e alianza entre Francia e Italia
España cultiva o retrato (Madrazo), a paisaxe, (Villaamil) o cadro de historia (Rosales, Fortuny) e a imaxe costumista (Lucas Velázquez, Valeriano Bécquer), pero por riba de todo e de todos: GOYA.