20/01/21

ARQUITECTURA DO XX


A arquitectura do novo século precisaba romper co pasado manifestada en revisións historicistas e eclécticas para adecuarse ós novos tempos deixando atrás esas configuracións tradicionais.
Os avances tecnolóxicos (arquitectura do ferro, aceiro, formigón armado) ofrecían oportunidades diferentes, as artes plásticas abriran camiños novidosos (fotografía, cine, vangardas) primando a creatividade e a experimentación, polo tanto a arquitectura tamén debería afrontar un cambio.
Son estos presupostos os que dan lugar ó denominado Movemento Moderno que se inicia coa escola de Chicago.

ESCOLA DE CHICAGO


O urbanismo das cidades estadounidenses seguiu o plan racional da trama en  dameiro,  de fundación ex novo medraban con facilidade neses espazos baleiros e sen restrición histórica algunha. Era unha herdanza europea (desde Hipodamos de Mileto), elevada a maior dimensión, do mesmo modo que europeas eran as formas arquitectónicas sexan neoclásicas, as preferidas para os edificios públicos (Capitolio de Whasington), ou góticas que nada tiñan que ver coa súa tradición (Catedral de San Patricio)
 

Pero un feito fatídico, un incendio, será o causante de grandes cambios no deseño arquitectónico.
A cidade de Chicago fundada a finais do XVIII nas ribeiras do lago Michigan, sufriu en outubro de 1871 un pavoroso incendio que destruíu todo o centro urbano. O inicio do mesmo é discutido pero a rápida expansión do lume viuse favorecida polo sistema construtivo de balloom frame (estrutura de finos listóns de madeira no lugar de vigas e piares grosos).


A necesidade de reconstrución convertese na ocasión de abandonar o historicismo na procura de formas mais racionais e funcionais -a forma segue á función-, e, dados os prezos do solo -viviuse unha forte especulación- na necesidade de medrar verticalmente: será a orixe dos rañaceos. O resultado final foi a base do moderno centro financieiro, o Loop.

TRAZOS DO NOVO ESTILO


Unha estrutura autosustentante de vigas en I, de ferro primeiro e logo de aceiro, constitúe o esqueleto. Fabricación industrial en serie. Resistente ó lume

Mellora dos sistemas de cimentación, "Chicago caisson", con múltiples piares de formigón armado, separados e moi profundos para dar estabilidade sobre o terreo arxiloso

Os muros xa non son de carga, constitúen o revestimento do esqueleto metálico facendo posible abrir numerosos ventanais de fiestras apaisadas tripartitas (antecedente do muro-cortina)

Os ascensores permitiron o desenvolvemento vertical que solventa o problema da carestía dos solares.
Exteriores de superficies reticuladas polos vanos acristalados, elementos ornamentais reducidos a cornixas, molduras e frisos.
Arquitectura de liñas rectas, volumes nítidos e sobrios
Un estilo novo que busca os valores estadounidense de honestidade (a forma reflicte a estrutura) e simpleza en oposión á artificialidade
Edificios públicos, oficinas, almacéns, hoteis...

REPRESENTANTES

Le Baron Jenney Edificio Insurance (aparello almofado)


Richardson

Almacéns Marshall, Field & Co. (evocacións románicas)

Burnham & Root

Edificio Monadnock (remate en gola exipcia)

SULLIVAN

Conciliar arquitectura (funcional) e natureza (ornamental). Tres partes en altura a modo dunha columna: basa-fuste- capitel = basamento comercial, corpo e ático
Auditorio
Almacéns Carson


MOVEMENTO MODERNO. RACIONALISMO e FUNCIONALISMO

Europa, e particularmente Alemaña, decantáronse no período de postguerra, anos 20, pola racionalidade con formas sobrias, volumes xeométricos, liñas rectas, amplos acristalamentos xa que os muros no son sustentantes. Acorde á Escola de Chicago a función prima sobre a estética e a estrutura arquitectónica debe ser facilmente percibida
A Bauhaus convertiuse na máis importante escola de deseño combinando arte e tecnoloxía, traballouse na arquitectura pero tamén en todo tipo de obxectos da vida decotío (lámpadas, cadeiras, cociñas, alfrombaras,) ou mesmo na tipografía (Futura). O peche da escola coa chegada dos nazis, obrigou á fuxida de profesores e estudantes que expandiron o estilo a outros países.

REPRESENTANTES


ORGANICISMO

O estilo organicista acepta algunha das premisas como a racionalidade e a funcionalidade pero adaptándose ás características da contorna natural como obra única
  • Gusto pola curva 
  • Formas plásticas, escultóricas
  • Materiais naturais para integrar a obra na natureza 
  • Atención á contorna: acústica, harmonía de cores
  • Máis humanizada que a obra de Le Corbusier e Mies van der Rohe 
  • Recupera o valor ornamental e emocional 

 Lloyd-Wright
Casa da fervenza, Museo Guggenheim (análise das obras)


A DIVERSIDADE DE MEDIADOS DE SÉCULO: POSMODERNIDADE E TARDOMODERNIDADE


O movemento Moderno convertido en Estilo Internacional parecía estancarse nos seus presupostos racionalistas, por iso na segunda metade do século ábrese un debate sobre a súa validez.
Para uns, a súa esencia debe preservarse pero precisa dunha renovación que supere a austeridade, repetitividade  e a escasa variedade que presentaba. Son estes os que se clasifican como tardomodernos.
Pola contra, os que rexeitan de plano o Movemento Moderno na procura de vías ben diferenciaras, son os denominados posmodernos. Empregan referencias historicistas, incrementan a ornamentación e engaden cor ("menos é aburrimento", afirmaba Venturi) 
Uns e outros móvense en escolas diferenciadas (Brutalismo, Hight Tech...) aínda que a miúdo os límites non son nítidos e eles mesmos oscilan entre distintas tendencias  e as mesturan.

HIGH TECH
Visibilidade dos elementos técnicos, estructurais e funcionais
RENZO PIANO e RICHARD ROGERS
Centro Pompidou, París
Norman Foster
HSBC Building, Hong King
DECONSTRUCTIVISMO
Asimetrías, liñas oblicuas e curvas, fragmentación
Frank GEHRY
Museo Guggenheim, Bilbao
Peter EISENMAN
Cidade da Cultura, Santiago Museo Guggenheim, Bilbao
Zaha HADID
Centro Cultural, Bakú
Jean NOUVEL
Torre Agbar, Barcelona
METABOLISMO
Arquitectura de cápsulas para un crecemento orgánico
Kisho KUROKAWA
Torre Nakagin, Tokio
Kenzo TANGE
Centro de prensa, Tokio
BRUTALISMO
Término derivado do francés béton brut (hormigóncru). Formas repetitivas e simples, libres de ornamento, funcional, aspecto áspero (formigón, ladrillo visto)
SÁENZ DE OIZA
Torres Blancas, Madrid
Ricardo BOFILL
Walden 7,Barcelona
Neos...
UTZON
Ópera de Sidney. Entre o neoexpresionismo e as formas orgánicas
Aldo ROSSI
Quartier Schützenstrasse, Berlín. Neo-racionalismo

A posmodernidade  coas súas ironías, o carácter festivo ou as libres referencias historicistas, rematou en moitas ocasións en construcións sorprendentes.
M.GRAVES Portland, Edificio de Servicios PúblicosKengo KumaTerry Farrel





  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir