27/10/20

E despois? NEO, POST .....


O Impresionismo abriu ás portas á outros investigacións e xeitos de pintar, a outras tendencias, a outras formas de mirar, pero el mesmo chegou a un punto de esgotamento.
Van xurdir diferentes estilos que coexisten e sucédense desde finais do XIX. Fagamos breve referencia a algúns dos que se desenvolven antes das denominadas segundas vangardas

NEOIMPRESIONISMO/PUNTILLISMO/DIVISIONISMO

Cando no 1886 tivo lugar a oitava e derradeira exposición dos impresionistas, Pisssarro logrou que se admitise a dous xoves pintores, Seurat e Signac, que estaban a traballar cunha técnica diferenciada  aínda que xa iniciada polo propio Pissarrro.
O lenzo de Seurat, Tarde de domingo na Grande Jatte, e o de Signac, Almacéns de gas en Clichy, contrastaban grandemente coas demás obras, por exemplo coa de Mary Cassatt (imaxe 1) ou a de Degas (imaxe 3)


As diferencias non estaban tanto na temática como no tratamento. Compara estes fragmentos da obra de  Cassat  (frores e follaxe) e de Seurat (árbore e cara da nena)

No primeiro caso hai pinceladas máis ou menos curtas, vivas e contundentes, pero no segundo tan só hai puntos e puntos inexpresivos de cores primarias harmonicamente distribuídas, una cantidade tal de toques de pincel que implica un labor minucioso, imposible de realizar ó aire libre (rompe outro principio impresionista).
Parte dos presupostos científicos da lei de contrastes simultáneos de Chevreul segundo o que unha cor provoca na oposta da escala cromática un matiz complementario
: as cores dos obxectos fórmanse no ollo do espectador ó mesturarse desde certa distancia, e será a súa percepción a que configure as formas resultantes. Hoxe podemos asemellalo co sistema de píxeles nas imaxes dixitais.
Resultan obras de formas moi xeométricas, de volumes contundentes, estáticas.
Os principais representantes son SEURAT (imaxes 1 e 2, análise da Tarde de domingo na Grande Jatte) e SIGNAC (imxes 3 e 4).


POST-IMPRESIONISMO (1880-1910)

Englobamos baixo esta denominación a pintores marcadamente diferentes pero unidos por explorar vías superadoras das limitacións do Impresionismo, do que eles mesmos partían.
Trazos comúns
  • Recuperación das formas  e os contornos en oposición á evanescencia impresionista
  • Cores vivas e contrastadas aplicadas en grosas pinceladas
  • Temas da vida decotío cunha visión subxectiva 
  • Engaden significación emocional

No apartado de comentarios deste blog temos analizado as obras que seguen.

Cézanne
Cézanne
Gauguin
Gauguin
Van Gogh
Van Gogh

Por esa razón non afondaremos en demasía nestes autores, limitámonos a unha breve recensión dos trazos que caracterizan a súa produción artística

CÉZANNE 

Todo na natureza modélase segundo a esfera, o cono e o cilindro
Critica ós impresionistas por facer unha arte tan só dependente da visión, conmsidera que tamén debe existir un proceso intelectual para captar o estable da realidade non o fuxitivo


Trazo groso de contorno
Visión subxectiva da paisaxe

Planos de cor

Puntos de vista simultáneos
Pinceladas grandes e anchas
Á marxe das leis da perspectiva
Paleta de gama reducida
Formas xeometrizadas
GAUGUIN 

¿Cómo ve esta árbore? É verde? ... Non teña medo en pintalo tan verde como sexa posible
Insatisfeito da vida e da arte, busca o sinxelo a través do primitivismo (Xapón, Exipto, Polinesia, Xava) para expresar non só representar


Cores fortes e arbitrarias
Áreas cor delimitadas por groso trazo negro (cloisonné)

Nin perspectiva nin profundidade

Na procura da purea primitiva

Formas sintéticas
Disposición en friso
Hieratismo
VAN GOGH 

... as emocións son algo tan forte que se traballa sen darse de conta ... e as pinceladas adquiren unha ilación e coherencia como as palabras nunha oración ou nunha carta
Dende un realismo inicial de compromiso social á arte como expresión (incluíndo os


Pincelada illada e pastosa
Realismo social inicial en tons oscuros

Trazo brusco, curto e sinuoso
Emoción e subxectividade

Cor intensa e arbitraria O cotián e humilde

Contorno negro Distorsións da realidade



Unha selección de obras
W3.CSS

Xunto destes tres grandes debemos igualmente referirnos a un terceiro, un home de vida axitada que se interesou máis pola captación psicolóxica dos personaxes que polas teorizacións da técnica pictórica

TOULOUSE-LAUTREC 

A pintura é como a merda, séntese pero non se explica
Pintor da vida bohemia nocturna de París en espazos de interior. Obras de execución rápida con encadres asimétricos sorprendentes, trazo moi marcado de gran valor expresivo, cor intensa.
Pai do cartel publicitario moderno.


SIMBOLISMO


Non creo nin no que toco nin no que vexo. Non creo máis que no que non vexo  e tan só no que sinto. Gustave MOREAU

Ó tempo que impresionistas e neoimpresionistas insistían nos aspectos visuais, e que os postimpresionistas recuperaban a forma, entre 1880 e 1910, outra nova tendencia que parte da poesía (Baudelaire, Mallarmé) busca plasmar o invisible, as ideas, a transcendencia antes que a representación obxectiva do natural.
Pese a que conectan con figuras (Blake, Friedrich) e movementos anteriores (prerrafaelitas, nazarenos), o seu mundo onírico, as alucinacións, o sobrenatural, o interese por amosar o interior do ser humano veñen converterse no preludio do que será o Surrealismo.
Non constitúen un grupo homoxéneo -pese ó Manifesto Simbolista, 1886, de Jean Moréas, máis centrado no ámbito literario-, tan só os une a espiritualidade, a subxectividade, a expresión da anímica de emocións e sentimentos sempre cunha coidadosa estética de trazos claros, ás veces cores fortes e contrastadas, luces suxestivas, formas delicadas.
O.REDON, A célula de ouro
G.MOREAU, Edipo e a esfinxe
G.KLIMT,Dánae
O. REDON, A araña que chora
G.MOREAU, A quimera
F.HODLER, O lector
PUVIS de CHAVANNES, A esperanza
O.REDON, Pandora
G.MOREAU, Orfeo
A.BÖCKLIN, Autorretrato
O.REDON, Cíclope
G.MOREAU, A aparición
A.BÖCKLIN, A illa dos mortos
PUVIS de CHAVANNES, O pobre pescador




OS NABIS


O cadro "é esencialmente unha superficie plana cuberta por cores reunidas nunha certa orde". Maurice DENIS

Conformaron nesas mesmas décadas de finais de século, un grupo, case unha verdadeira confraría (o termo hebreo nabi significa profeta) en torno a Sérusier.
Baixo a influencia de Gauguin, da estampa xaponesa, do Simbolismo, das vidreiras medievais e da pintura exipcia, aspiran a un ha arte purista, hierática e simplificada, de cores planas, fortes, e xustapostas, contornos marcados e sinuosos. Os temas son secundarios, reclamaban "paredes e muros para decorar" baixo a única preocupación de embelecer o marco da vida decotío.

Sérusier, O talismán
Vuillard, O vestido estampado
M.Denis, Camiño do Calvario          
Vallotton, Na praia

Vuillard
, Muller de perfil con sombreiro verde

Vallotton
, O balón

Serusier
, Lavandeiras

Vuillard
, Na cama




SECESIÓN VIENESA


Constitúe unha forma de modernismo que pretendía renovar os estilos do pasado á marxe das institucións estatales.
Na arquitectura, Olbrich foi o seu mellor respresentante, e na pintura, KLIMT
.
O bicoRetrato de Adele Bloch-Bauer I As tres idades

UN VERSO SOLTO


Á marxe  de toda intelectualidade, un pintor afeccionado e autodidacta,  consagrouse á pintura ó xubilarse: Rousseau o Aduaneiro. A súa obra refulxe de exotismo, -as xunglas que nunca coñeceu-,  exuberancia, verdade e primitivismo  que viña a demostrar que a formación e as complicadas teorizacións podían non ser o camiño de salvación para a arte.
Traza un debuxo nítido para dar forma a cada elemento, pinta con cores simples e puras, sen profundidade nin perspectiva, sen coidar as proporcións nin as escalas da realidade, as figuras superpóñense coma nun collage. Unha obra inxenua, onírica, espontánea que sorprende pero que terá continuadores nos pintores naifs.











  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir