A partir do s. XI cando os pobos invasores son culturalmente asimilados e os musulmáns detidos, entramos nunha etapa máis estable
O románico é o primeiro estilo común da Europa Occidental e cristián, aínda que con particularidades rexionais, que se corresponde coa sociedade feudal e a Alta Idade Media.
Recibe este nome polas súas similitudes coa arte romana, sen embargo asimila influencias dos estilos anteriores, desde as romanas pasando polas bizantinas ata as islámicas.
Nace en Francia no ambiente carolinxio
Está ao servizo da Igrexa
Determinantes históricos:
- a espiritualidade da época marcada polo milenarismo. Crenza xeneralizada do fin do mundo no ano 1000 (ou no 1033 = morte de Cristo). Manifestase na conciencia de culpa pero acompañada do perdón, seguido dun sentimento pietista (agradecemento)
- a consolidación do feudalismo: arte aristocrática con castelos de pedra a partir do s. X
- o desenvolvemento monástico (reforma beneditina de Cluny no s. X) e a súa rápida difusión (en España)
- o culto das reliquias e as peregrinacións: Xerusalén, Roma e Santiago
- as Cruzadas
ARQUITECTURA
Construcións:
- Relixiosas: igrexas, igrexas de peregrinación, mosteiros
- Civís: palacios urbanos e castelos
A principal innovación será a concepción espacial
Carácter monumental e perdurable con sólidos volumes definidos por liñas simples: curvas e rectas que marcan claramente os seus límites espaciais. Esta solidez recorda unha fortaleza
Métrica precisa que favorece a impresión dun todo organizado
Autoría: cuadrillas itinerantes dirixidas por un mestre de obra (marcas), inclúe canteiros, escultores,.. Traballan por encargo pero conforman escolas con trazos propios.
Non existe o concepto de artista, a arte é simplemente o traballo ben feito
FRANCIA
Heteroxeneidade con peculiaridades locais
Influencias bizantinas (bóvedas bulbosas e tellados de escamas - Nosa Señora de Poitiers) e lombardas
ALEMAÑA
Dobres elementos: dúas ábsidas, dous transeptos.
Desenvolvemento vertical e multiplicación de torres
ITALIA
Separación dos elementos (basílica, baptisterio, torre)
Decoración con mármores, non hai escultura
Arquerías abertas, bandas lombardas
ESPAÑA
Chega tardiamente, 2ª metade do XI, desde Francia e Lombardía a través do Camiño de Santiago
Rompe a evolución da arte autóctona, se ben se manteñen as súas influencias (visigoda, asturiana, mozárabe e, incluso, islámica)
Non se pode falar dun "románico español"
Hai tres momentos cronolóxicos, con diferencias rexionais:
- Primeiro románico. 1ª metade s. XI.Iniciase en Cataluña: pequenas igrexas de carácter rústico e influencia lombarda
- Románico puro ou cluniacense, 2ª metade s. XICatedral de Santiago (nos comentarios), Catedral de Jaca, con pórtico lateral
- Difusión, s.XIICatedral de Lugo, Palacio Xelmírez en Santiago, Catedral de ZamoraMosteiros cistercienses: Poblet, Oia, Meira
ESCULTURA
A escultura quedara desconectada da tradición clásica, os precedentes son as mostras prerrománicas de pequenas dimensións
Carácter simbólico pois ademais de ornamento ha de instruír
Integrada na arquitectura e adaptada a ela, por iso predomina o relevo e escasea o vulto redondo
Vulto redondo
Recupérase pero segue a ser escaso
En madeira, marfil ou metal
- Cristo crucificado -Maiestas Domini-. Vivo (ollos abertos) e impasible porque triunfa sobre a morte, con catro cravos: Crucifixo de don Fernando e dona Sancha; Maxestade de Batlló
- A Virxe coma trono do Salvador e mediadora entre os homes e Deus (Maiestas Mariae)
O culto mariano desenvolvese a partir do XII. Sentada de fronte
Sostendo o Neno que bendice coa man dereita mentres na esquerda porta un libro ou bola; coma un trono (Virxe, Trono de Sabedoría), sen comunicación entre eles; incluso sen chegar a tocarse; frontalidade, simetría, rixidez de xesto e actitudes, expresión grave
Desde mediados do XII, figuras máis humanizadas, a Virxe posa a man no ombreiro do Neno que se despraza a unha perna
Relevo
Didáctica, arte conceptual
Definida como Biblia pauperum
Non procura a beleza, só importa a mensaxe
Lei do marco; simetría radial ou axial, é a orde divina; tamaño xerárquico |
|
Antinaturalista, formas hieráticas, frontais, sen perspectiva nin proporción; policromía |
PINTURA
Recupera a importancia perdida polo dominio dos mosaicos nos séculos precedentes e pola incapacidade económica de sufragar os custos dos traballos escultóricos (pintar é máis económico)
Técnica: fresco nos muros con retoques ó temple; temple sobre táboa para retablos e frontais de altares (frontal de Ix)
Aparece en muros, bóvedas, ábsidas, adaptándose ó marcoA súa finalidade tamén é a de instruír e exaltar a piedade dos fieis Influencia bizantina
Evita o naturalismo, posto que o importante é a vida espiritual.
Trazos similares ós dos relevos: subordinada á arquitectura
A pintura non ha de representar a natureza senón o espírito, polo que non se rexe polas leis da visión