O cristianismo nace en Palestina, entón parte do Imperio Romano.
Relixiosamente existía un culto oficial que actuaba como unificador: o culto ao Emperador, que coexistía outros cultos diversos. Nese marco nace o cristianismo que achegaba ideas que prenderon con facilidade entre o pobo, ideas como a salvación dos xustos, a redención e a vida eterna, ao tempo que falaba de liberdade e igualdade, entrando así en oposición coas bases do mundo romano tales como o politeísmo ou a escravitude.
A súa difusión, favorecida pola propia organización administrativa e viaria do Imperio, foi rápida. Pero debemos diferenciar:
Os primeiros cristiáns non constrúen senón quen adaptan o xa existente ás súas necesidades
Decóranse con pinturas esquemáticas, nun só plano, simétricas, antinaturais, frontais, que están impregnadas dun forte sentido simbólico e expresivo de raíces orientais.
As imaxes adquiren unha finalidade didáctica, han de transmitir os contidos da fe, sen valorar a estética. Se ben se serve da linguaxe de tradición clásica evoluciona cara á perda de todo o accesorio para quedarse só na idea.
A representación de Xesús resultou máis problemática ó non contar con antecedente algún. Foi preciso "inventar" unha imaxe de culto, configuraron tres modelos: un efebo novo sen barba -Christus puer- segundo a estética helenística, un home maior barbado -Christus barbatus-, modelo de orixe siríaca, e o Christus didaskalos ou magister -cun rolo na man e xesto explicativo- que respondían ós prototipos dos filósofos.
Do mesmo modo precisaron crear símbolos propios interpretados tan só polos seguidores cristiáns: a Eucaristía (1 e 2); a pomba cunha rama de oliveira ou nos orantes como símbolos da alma salvada na paz de Deus (3 e 4); a áncora e o pavo real en alusión á salvación e á resurrección, respectivamente (5-6)
Monograma de Cristo (Crismón). Formado coas dúas primeiras letras da palabra Cristo en grego -X (ji) e P (ro), letras iniciais de Xrhistus, traducción do hebreo de Mesías (o unxido)-. Alfa e omega: principio e fin.
O pez, en grego ἰχθύς (ICHTHYS): Xesucristo Fillo de Deus Salvador, Iησοῦς Χριστὸς Θεοῦ Υἱὸς Σωτήρ
- Os primeiros tempos da clandestinidade: paleocristiá
- A legalización da nova relixión polo Edicto de Milán de Constantino no 313: primeira arte cristiá
- O carácter de relixión oficial a partir de 391 que se manifestará nas dúas partes do antigo Imperio en formulacións artísticas propias: bizantinas e prerrománicas respectivamente
- A disolución do clasicismo aínda sendo a súa herdeira.
- A modificación da significación, agora dominan a crenza e a fe
- A necesidade interpretativa pois conta cun compoñente intelectual cheo de convencionalismos para transmitir a fe
- O teocentrismo e cesaropapismo (propaganda, sentido áulico)
PALEOCRISTIÁ, ata o 313
Os primeiros cristiáns non constrúen senón quen adaptan o xa existente ás súas necesidades
- Domus ecclesiae (a casa da asemblea, en tanto lugar de reunión), vivendas de particulares adecuadas á liturxia,
- Catacumbas como lugares de enterramento -non hai incineración- e celebración do banquete fúnebre. Non pensemos que o facerse subterráneas ten que ver coa prohibición do cristianismo: os seus inicios son anteriores e a mesma lei romana tiña por sagrado e inviolable calquera enterramento.
Decóranse con pinturas esquemáticas, nun só plano, simétricas, antinaturais, frontais, que están impregnadas dun forte sentido simbólico e expresivo de raíces orientais.
As imaxes adquiren unha finalidade didáctica, han de transmitir os contidos da fe, sen valorar a estética. Se ben se serve da linguaxe de tradición clásica evoluciona cara á perda de todo o accesorio para quedarse só na idea.
- Iconografía
A representación de Xesús resultou máis problemática ó non contar con antecedente algún. Foi preciso "inventar" unha imaxe de culto, configuraron tres modelos: un efebo novo sen barba -Christus puer- segundo a estética helenística, un home maior barbado -Christus barbatus-, modelo de orixe siríaca, e o Christus didaskalos ou magister -cun rolo na man e xesto explicativo- que respondían ós prototipos dos filósofos.
Do mesmo modo precisaron crear símbolos propios interpretados tan só polos seguidores cristiáns: a Eucaristía (1 e 2); a pomba cunha rama de oliveira ou nos orantes como símbolos da alma salvada na paz de Deus (3 e 4); a áncora e o pavo real en alusión á salvación e á resurrección, respectivamente (5-6)
Monograma de Cristo (Crismón). Formado coas dúas primeiras letras da palabra Cristo en grego -X (ji) e P (ro), letras iniciais de Xrhistus, traducción do hebreo de Mesías (o unxido)-. Alfa e omega: principio e fin.
O pez, en grego ἰχθύς (ICHTHYS): Xesucristo Fillo de Deus Salvador, Iησοῦς Χριστὸς Θεοῦ Υἱὸς Σωτήρ
Sen relación cos modelos iconográficos, mencionemos esta curiosa pintura dunha catacumba de Via Latina: ¿unha lección de anatomía con Aristoteles?
PRIMEIRA ARTE CRISTIÁ, IV-V
A partir do s. IV, comeza a edilicia de basílicas, mausoleos e martirios; melloran os traballos escultóricos e pictóricos con representacións que cada vez máis lonxe da realidade, suceden en escenarios desmaterializados, con figuras redúcense aos contornos cun forte trazo, incluso a cor faise abstracta.
ARQUITECTURA
Espazo adecuado á liturxia para acollemento dos fieis. Inclúe residencia de bispos e sacerdotes Modelo, en menores dimensións, tomado da basílica romana para desvincularse do templo pagán e porque se adecúa á súa función e subliña o eixe lonxitudinal que marca o avance cara ó altar.En xeral emprega materiais baratos no exterior (ladrillo, cachotería) que contrasta coa riqueza interior de mosaicos e mármores.
Son catro os modelos construtivos
- basílicas, tomando como modelo as basílicas civís romanas da administración de xustiza con certas modificacións
- mausoleos, enterramentos monumentais de persoas relevantes. Seguen tipoloxía dos mausoleos romanos
- martyria, mausoleos de santos e mártires. O mesmo esquema
- baptisterios, para celebrar a cerimonia do bautismo