Amosando publicacións coa etiqueta Ensor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ensor. Amosar todas as publicacións

14/06/21

EXPRESIONISMO/S


Acabamos de ver como o fauvismo é tamén un modo expresionista de plasmar o "motivo pictórico" por medio da violencia cromática, do mesmo xeito que Goya ou Van Gogh foron expresionistas ó reflectir con contundencia as angustias do ser humano.
Pero para acoutar o termo, entendemos como Expresionismo o movemento de vangarda  que exaspera a expresión e que xurde a primeiros do século no norte de Europa, con especial desenvolvemento en Alemaña. Aínda así delimitado, no se trata tampouco dun movemento unificado, cun manifesto grupal, máis que dun estilo habería que falar de estilos ramificados en múltiples direccións, unidos opolo dominio da emotividade individual. En certo sentido ven ser un novo romanticismo en tanto priman plasmar os estados de ánimo do artista sen buscar  os valores estéticos.

TRAZOS

Distorsión subxectiva da realidade Procura emocionar e conmover Visión pesimista da vida, desencanto diante do progreso e do positivismo Preferencia polas liñas angulosas que transmiten o ritmo dos sentimentos
Formas simplificadas, elementais, distorsionadas, perfís angulosos Cor vibrante, pura, agresiva e arbitraria. Pinceladas grosas, anchas e largas Todo tipo de temas incluíndo os extremos: violencia, sexualidade, fealdade


  • PRECURSORES


MUNCH       
A enfermidade, a demencia e a morte foron os anxos que rodearon o meu berce e me seguiron toda a vida.

O pintor noruegués viviu dende a infancia rodeado pola morte -nai e tres irmáns-, o que xunto coa súa personalidade  introvertida e depresiva conformou unha concepción atormentada da vida, dominada pola angustia, a soidade, a morte, o amor problemático. Sérvese de cores violentas en pinceladas curvas, distorsións nunca vistas, contornos en arabesco,  figuras esqueléticas, rostros lívidos ....
Obra comentada:
A danza da vidaPubertadeAnsiedade
SeparaciónNoite estreladaSolpor na rúa  Karl Johan

ENSOR      

En Bélxica, realiza unha pintura xestual, de forte carga simbólica, directamente antiburguesa, na que predominan as máscaras siniestras, os esqueletos, o carnaval, os paiasos e as figuras grotescas.
Entrada de Cristo en BruxelasA intrigaMorte e máscaras


  • DIE BRÜCKE (A ponte)

Catro estudantes de arquitectura, liderados por Kirchner, crearon o grupo A Ponte no 1905. A denominación foi tomada como símbolo, se ben non tiñan claro cara a onde ían si sabían que querían pasar dun sitio a outro, e agrupar nunha comunidade artística á que atraer a todos os elementos revolucionarios  e en fermento, e isto, o di o seu mesmo nome: ponte. Tal proselitismo deu froito coas incorporacions de Nolde e Müller, entre outros. Crearon unha comunidade artística -disolta no 1913- e aprobaron un manifesto publicado en 1906.
A súa oposición á cultura oficial é tamén un elemento de revolta, de cambio social, de ruptura con todo tipo de convencionalismo. Preferían os temas da vida urbana amosada de xeito grotesco polo baleira e superficial.
Recuperaron a xilografía e o grabado en madeira como un modo de volver ás orixes.  

KIRCHNER      
... a arte está feita polo home. A súa propia figura é o centro de toda arte ... Por tanto, hai que empezar polo home mesmo.
Crea imaxes cheas de forza con sensación de inquedanza, de medo, en atmosferas asfixiantes. Sérvese de formas angulosas e simplificadas delimitadas por grosas liñas, cores violentas e contrastadas ó modo fauvista. Son características as complicadas composicións con cambios bruscos de punto de vista. 
Obra comentada:
Fränzi diante dunha cadeira talladaMoza sentadaGrupo de artistasTres bañistas

NOLDE      

A súa obra vén marcada pola busca simbólica e a espiritualidade

MáscarasEnterro de Cristo


Outros artistas temporalmente conectados co grupo sen que asuman todas as premisas estilísticas:
KOKOCHSKA:
A noiva do ventoA noiva do vento

EGON SCHIELE:
Autorretrato cos dedos estendidosAutorretrato cos dedos extendidos


  • DER BLAUE REITER (O xinete azul)


Este grupo, liderado por Kandinsky e  Franz Marc, creouse en Múnic e estivo activo entre  1911 e 1914. Toman o nome dos cabaleiros medievais de lendas populares e, tamén, a san Xurxo, símbolo da vitoria do ben sobre as forzas demoníacas. Do espiritual na arte, libro de Kandinsky, e o 
Almanaque Der Blaue Reiter
publicado en 1912, constitúen o fundamento teórico do movemento. 
Gran trastorno
Desprazamento do centro de gravidade da arte, a literatura e a música.
Diversidade das formas,  consideradas baixo o aspecto da construción e da composición.
Necesidade de volverse con intensidade cara á natureza interior, renunciando, por conseguinte, a todo embelecemento das formas exteriores da natureza ... tales son, en conxunto,  os signos do renacemento interior.
Mostrar os caracteres e as manifestacións desa transformación, resaltar a continuidade desa tendencia en relación a épocas pasadas.
Ostentar os impulsos interiores en todas as formas que provocan unha reacción íntima no espectador.
Tal é o fin que "Blaue Reiter" se esforzará en alcanzar.
Artigo de Franz Marc, 1912
O movemento sintetiza a forza expresionista cos novos postulados cubistas e a abstracción, pero engadían o valor da espiritualidade. As cores, primarias, antinaturalistas e fortes, adquiren connotacións emocionais, así o azul é a cor masculina e da espiritualidade, o vermello simboliza a vida e a violencia e o amarelo a cor feminina e terreal.

FRANZ MARC
A natureza está en todas partes, en nós e fora de nós; só hai unha cousa que non pertence completamente á natureza, senón quen é a súa superación e interpretación: a arte.
Xoga un importante papel na evolución cara á a abstracción, sen chegar a ela plenamente. Mantense en formas simplificadas de perfís ondulantes estruturadas en planos superpostos.
O tema do animal na natureza, particularmente cabalos, é unha constante na súa obra. Expresan o estado de pureza -o ben, a beleza, a verdade- que a sociedade debería alcanzar
Grandes cabalos azuisA vaca amarelaDestino dos animais


KANDINSKY      

Vai dar logo o paso definitivo á abstracción 

Obra comentada:
Rúa de MurnauorientalPintura cun arco negro



Tamén PAUL KLEE conectou co grupo aínda mantendo sempre o seu espírito libre posto de manifesto nunha linguaxe orixinal que se move entre o figurativo e a abstracción.
SenecioBalón vermelloInsula dulcamara



  • NOVA OBXECTIVIDADE

No período de entreguerras o expresionismo faise máis cru, irreverente e satírico para servir de denuncia social tras da crueldade da guerra. O mesmo Kirchner evoluciona neste sentido.
Teñen en común a volta á plasmación obxectiva da realidade, o que non significa que sexa exactamente de xeito realista. Beben doutros movementos como Dadá, Cubismo e Futurismo, dos que toman recursos que sirvan a transmitir a mensaxe por riba da forma.

OTTO DIX 
Para min o Obxecto é o dato primario... Por iso considerei sempre da máxima importancia achegarme o máis posible ó que vexo.

Rúa de PragaRetrato da periodista Sylvia von HardenXogadores de cartas
A gran cidade


GROSZ 

SuicidaDía grisEscena de rúaMetropole


MAX BECKMANN 

A noiteO inferno dos paxarosAutorretrato como paiaso









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir