Nos derradeiros anos do XIX unha nova corrente estética rompe en Europa a dicotomía entre a arquitectura de enxeñeiros (ferro) e a arquitectura dos arquitectos (historicismo e eclecticismo)
Un novo estilo que responde ó gusto dunha burguesía culta que esixe calidade e deseño (non vulgaridade) para crear un mundo refinado
Pese á existencia de trazos comúns, non constitúe un estilo unitario, as variantes nacionais reflíctense nas distintas denominacións do estilo que en España é Modernismo
Un novo estilo que responde ó gusto dunha burguesía culta que esixe calidade e deseño (non vulgaridade) para crear un mundo refinado
Pese á existencia de trazos comúns, non constitúe un estilo unitario, as variantes nacionais reflíctense nas distintas denominacións do estilo que en España é Modernismo
- Art Nouveau en Francia e Bélxica: GUIMART, París; VICTOR HORTA, Bruxelas
- Jugendstil en Alemaña e países nórdicos: Hans Thoma
- Sezession en Austria: OLBRICH e Otto WAGNER, Viena
- Modern Style no Reino Unido: MACKINTOSH
- Nieuwe Kunst nos Países Baixos: Jan Toorop
- Liberty ou Floreal en Italia: Giovanni Battista Bossi, Milán; Ernesto Basile, Palermo
Nos Estados Unidos, Louis- Comfort Tifanny aplica o estilo no traballo de vidro e cristal
En España, o Modernismo tivo unha ampla difusión especialmente en Cataluña onde sobresae a figura GAUDÍ
A XEOMETRÍA | ||||
TRENCADÍS, NATUREZA E SIMBOLISMOS |
Outros arquitectos cataláns relevantes: Domènech i Montaner: Palau de la Música, Barcelona (1 e 2); Puig i Cadafalch, Casa Amatller, Barcelona (3)
En Galicia os emigrantes retornados edificaron as súas ricas vivendas incorporando trazos estilísticos diferenciadores da arquitectura tradicional, deste xeito as vivendas dos indianos descollaban pola súa personalidade particular. Non se pode falar dun "estilo indiano" pero sí dunha transformación arquitectónica que, en moitos casos respondían ós presupostos modernistas. As edificaciñons dos ensanchess urbanos adoptaron o estilo.
Dous exemplos próximos saídos das mesmas mans (o arquitecto arxentino Julián García Núñez -estudiou en Barcelona e foi alumno de Lluís Domènech i Montaner- e o enxeñeiro Ángel Ardex, discípulo de Gaudí e vinculado a esgta zona polo proxecto da vía ferroviaria Ferrol-Xixón): o Palacete de doña Socorrito en Figueras (hoxe hotel Peñalba) e a Torre dos Moreno, en Ribadeo, da que trataremos un pouco máis ampliamente ó final desta entrada.
Na pintura, Gustav KLIMT é a figura máis salientable e representativa do movemento. A súa obra pictórica caracterízase polo emprego decidido da liña, a cor plana, os dourados de tradición bizantina, o carácter ornamental, o horror vacui, a ausencia de perspectiva, os canóns estilizados, a sensualidade
Unha derivación do Modernismo foi a Art Decó, unha arte de entreguerras ecléctica e decorativa na que se entremezclan trazos das primeiras vangardas: cor fauve, formas cubistas, abstracción xeométrica ...
Representa ben o estilo Tamara de Lempicka