Amosando publicacións coa etiqueta PAIXÓN NA ARTE MODERNA E CONTEMPORÁNEA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PAIXÓN NA ARTE MODERNA E CONTEMPORÁNEA. Amosar todas as publicacións

02/06/09

A PAIXÓN NA ARTE MODERNA E CONTEMPORÁNEA


Tempo atrás fixera unha longa presentación de imaxes con temas do Nadal interpretados ao longo da historia da arte, agora engado outra, tamén longa, cos temas da Paixón reflectidos pola arte moderna e contemporánea.
Certamente déixannos sorprendidos estas visións ás veces tan pouco ortodoxas, pero en todo caso o sentimento está presente.

O relato da Paixón comezaría coa Última Cea 

Sejiro Avoseh, 2018
Sejiro Avoseh, 2018
Collage con fragmentos de revistas e pintura, unha visión actualizada tamén no menú e na vaixela

Keiichi Tanaami, 2015
O pai de pop xaponés amosa unha escena psicodélica con personaxes deformados e de expresións esaxeradas. Un mundo superior que recorda as súas vivencias do conflito da II GM
Albano Vitturi, 1934
Simplicidade expresionista

Mario Ceroli, 1965
Siluetas seriadas en posición frontal de rostro indefinido. Madeira sen pulir, incolora. Un estilo pop e un precedente da arte povera
Warhol, década dos anos 80
Unha serigrafía pop
Dalí, 1955
Un dodecaedro acolle a instauración do sacramento
Karoly Kernstok, 1921
Unha aproximación máis clasicista e lírica
Vela Zanetti, 1973
Ruralismo castelán


Tras da detención, o xuízo, as inxurias e as burlas, e o Ecce Homo /Cristo varón de dolores

Jaceck Malczewski, c.1910

Otto Dix, 1948
Rouault, 1932

Emil Nolde, 1909

Franz Frank, 1935
M. Oppenheimer, 1913
Otto Dix, 1949

Lovis Corinth, 1925
Ensor, 1891


O camiño do calvario

Carousel/Slideshow


Seguen os episodios da erección da cruz e enclavo, para culminar morte na cruz.
Stanley Spencer, 1958

Gilber Spencer 1915
Wilhelm Morgner, 1912
Eric Gill, 1917

UN REPASO A DISTINTOS MODOS DE REPRESENTACIÓN

A pintura francesa móvese nos derradeiros anos do século XIX entre o academicismo de Jean-Jacques Henner -Cristo morto, 1879- ou Bouguereau -Piedade, 1876- e as innovacións de xentes como Van Gogh que nesta Piedade de 1889 remeda a Delacroix.

En torno das mesmas datas os prerrafaelitas e os simbolistas unha mirada máis esteticista en visións poéticas e místicas, enchidas de emoción e rodeadas de misterio.

Burne-Jones, Resurrección, 1886

Eugène Carrière-1897

Frank von Stuck-1891
- Frank Brangwynz, evoluciona cara á unha pintura plana e estilizada conservando marcada influencia de Rembrandt.

Mater Dolorosa-1915, reflicte a preocupación pola guerra, a catedral arde, dun lado os soldados e doutro os refuxiados, no centro a esperanza da resurrección. 
Descendemento-c.1924

Será o século XX o que abra a portas a unha grande diversidade de estilos que se solapan ou se suceden rapidamente. Posiblemente sexan as vertentes expresionistas as que máis traballaron nos episodios da Paixón.

Munch, Gólgota-1900. Unha fe profunda pero tamén unha reinterpretación iconográfica para facer patente o conflito interno do individuo, el mesmo se autorretrata no rostro de Cristo. 
- O expresionista alemán, E. Nolde, membro destacado do grupo Die Brücke, de fondo sentimento relixioso ata chegar, en certos momentos, a unha identificación mística con Cristo. Forza expresiva, cor, intensidade emocional, distorsión.
Na Crucifixión, a cruz en primeiro plano divide os grupos mulleres-soldados, Dimas-Xestas, sobre o azul da noite e o vermello da dor. No Enterro, as figuras ateigan o espazo, acollen con dificultade o corpo morto que ven de soportar un duro sufrimento.
Políptico A vida de Cristo, 1912

Enterro, 1915
- E. Schiele
A Crucifixión có sol escurecido -1907- é unha obra de xuventude, inclúe o eclipse, un elemento tradicional nas crucifixións, aquí contrastado coa luminosa aureola de luz que emana da aureola de Cristo.
O Calvario, 1912. A pradeira dirixe a mirada ata o horizonte onde se erguen as tres cruces aliñadas cunha ringleira de árbores e postes que remata nun calvario á dereita; o ceo cóbrese de bandas escuras coas derradeiras luces do solpor.
Lovis Corinth, dende a tradición realista alemana evolucionou a un estilo moi persoal

Políptico A vida de Cristo, 1912

Cristo vermello-1922

Descendemento-1906

Piedade-1920
- G. Rouault
O seu fervente catolicismo queda patente na multitude de obras de carácter relixioso, particularmente as relacionadas coa Paixón nps anos 20 e 30. A obra serve par expresar a hipocresía e a crueldade do ser humano. Aínda que traballou con diversos estilos -períodos azul, fauve, cubista- a emotividade fai que domine o corte expresionista
- B. Buffet
A súa obra figurativa, ás veces calificada de art brut, pero moi persoal foi motivo de duras controversias e rexeitamento por grande parte da crítica, con todo o seu estilo lineal e o sentimento de desencato existencial favoreceron o acollemento da súa obra entre o público. Estamos diante dun non crente que pinta obras relixiosas en formatos monumentais. Estas obras pertencen aos anos 40 e 50.
- Albin Egger Leinz
A súa obra final dos anos 20 está moi relacionada co expresionismo alemán polas distorsión das formas, marcados escorzos mais dominada pola simetría e as ton alidades ocres
O resucitado, Pietá, Resurrección



 Outras mostras veñen da man do estadounidense asociado inicialmente a Blauer Reiter Albert Bloch neste Lamento, 1912;  o noruegués Ludvig Karsten no Descendemento de 1923, e o italiano Renato Guttuso na Crucifixión de 1940.

A Nova Obxectividade desafía o expresionismo e torna á procura da plasmaciónd a realidade dun xeito obxectivo. O movemento verá o seu fin coa caída da república de Weimar

Beckman, Descendemento-1917

Birkle, Crucifixión-1921

Birkle, Mofa do crucificado, 1929
Otto Dix

Gran Crucifixión, 1948

Resurrección, 1949
O Informalismo, unha especie expresionismo abstracto europeo, desenvolvese despois da Segunda Guerra Mundial e caracterízase pola dimensión matérica con grosos empaste, a improvisación e o xesto pictórico. E. Leroy, con forte plasticidade móvese entre o figurativo e a abstracción en temáticas tradicionais para crear obras dnha innovadora linguaxe pictórica visible nestas crucifixións dos anos 50.

 

Chagall, artista inclasificable con formas e cores que contactan co expresionismo ruso, o surrealismo, a Escola de París, o construtivismo ou o cubismo, tocou repetidamente os temas da Paixón incluíndo elementos do xudaísmo, do folclore ou do pasado histórico ruso en ambientes oníricos e fantásticos.

Crucifixión branca, 1938

Descendemento, 1941

Descendemento, 1968

Crucifixión, 1942
 
Picasso. Pode resultar sorprendente que un home agnóstico declarado aborde esta temática, pero como moitos outros o que aborda é o sufrimento e a dor.
No colorista lenzo de 1930 destaca no eixo central as figuras do crucificado e a nai, ambas en branco como iluminadas por unha luz sobrenatural, que son en definitiva o motivo principal; nos laterais, Xoán, lanzando un berro desgarrador, e María Magdalena cos brazos en alto en actitude de pregaria e unha boca de mandíbulas de mantis relixiosa; ó seu redor distribúense outro elementos secundarios que narran a historia: os soldados xogándose, sobre un tambor, aos dados a túnica de Xesús, o enclavo, a lanzada no costado, a esponxa, os dous ladrón mortos, un paxaro que fuxe. No lado dereito e a grande escala, unha figura sorrindo e con gafas semella allea aos acontecementos, a súa significación resulta enigmática, posiblemente poda entenderse como a imaxe da sociedade que diante da traxedia permanece impasible.
A versión do 32 nada ten que ver coa anterior, agora as formas desconxuntas, mineralizadas e flotantes conectan co surrealismo.

1930

1932

 
Piedade e Deposición de datas ben distantes mais nas dúas  asoma a xeometrización que ven do cubismo.


Vicente do Rego , 1966
William Roberts, c. 1926

Entre Dadá e surrealismo.

Max Ernst, 1913 e 1914
Dalí 1982
G.Sutherland, fervente católico desde a súa conversión realizou nos anos 40 despois da Segunda Guerra Mundial varias obras de temática relixiosa como as aquí recollidas.
A súa pintura acaba mesturando cubismo, fovismo,  expresionismo.

Expresionismo abstracto. William Congdon
Crucifixións dos anos 1960 e 1961, Resurrección- Ego sum de 1960 e Crucifixión de 1969

Dentro de tanta diversidade e de tantos enfoques, hai dous artistas que insistiron repetidamente no tema da Crucifixión ó longo da súa vida: Bacon e Saura.
Francis Bacon, entre o Expresionismo e a Nova Figuración, dixo: 

Téñense feito tantos cadros fermosos da Crucifixión na arte europea que serve como gancho fantástico no que colgar todo tipo se sentimentos e sensacións

Un agnóstico obsesionado co tema, e en xeral polos de carácter mórbido, pinta no 1933 estas dúas obras sobrias e tráxicas. A primeira, fantasmagórica, esquemática e de paleta reducida deulle notoriedade no campo da arte. Na segunda opta pola cor contrastada, por un espazo máis definido e introduce un ha caveira a escala diferente.

No 44 volve ó tema agora nun tríptico: Tres estudos para figuras  na base da Crucifixión.
O que máis gosto de facer son trípticos [...] Interésame a xustaposición de imaxes divididas en lenzos diferentes. Na medida na se poida considerar que o meu traballo ten calidade, adoito apreciar que acaso sexan os trípticos os que posúen maior relevancia.
Nas grandes ocasións, a vida humana concentrase aínda mái bestialmente ea boca, a ira fai renxer os dentes, o terror e o sufrimento fan da boca o órgano dos berros desgarradores
Fará unha segunda no 68 onde os instintos máis primarios da brutalidade van sumados á idea de sacrifico, a figura do crucificado é substituída por un cadáver desmembrado, e todas distorisionadas.  
E outra no 68 no que as figuras antropomorfas destacan sobre un fondo vermello como o sangue.
Entre medias, no 59, este fragmento


A. Saura, fundador do grupo El Paso (1957-59), é un notable exemplo do Informalismo xunto con Tàpies.
Para o artista a Crucifixión  deixa de ser un emblema puramente cristián para se converter na imaxe da traxedia da condición humana e un "vento de protesta". Replicou a miúdo, desde o 59 ata o final da súa vida, a esta figura  do crucificado, figura agora laica tratada a grandes brochazos e case monocroma.

1959, 1964, 1982, 1990



E un final ben distinto con outro tipo de crítica: Banksy, 2005









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir