Do latín retro tabularum -tabla que se coloca detrás-, é unha obra que cobre o muro das igrexas por detrás do altar, habitualmente feita en madeira. Semella unha arquitectura na que se combinan escultura e pintura
Constituíron un instrumento fundamental para difundir o dogma dun xeito monumental e teatral (recorda que esta mesma finalidade tívoa a escultura románica).
O seu antecedente está nos antipendios en tela, ou táboa que decoraban o frontal do altar maior ou doutros altares importantes.
Pasa o rato sobre a imaxe para ler os nomes das partes
CONSTRUCIÓN
En España, tiveron un fondo arraigo como o demostra a súa presencia nos nosos templos, sen embargo o racionalismo dos ilustrados e a súa crítica contra dos excesos barrocos amosouse contrario a estas obras considerandoas do gusto do "populacho", excesivamente custosas e contrarias ó decoro dos templos polo que no 1777 Carlos III firma un documento, redactado polo secretario da Real Academia de San Fernando, prohibindo a realización de retablos, mobiliarios e teitumes de madeira e o dourado dos mesmos, recomendando o emprego de pedra e estuco.
Aínda así seguiron a facerse retablos servíndose de trampatollos arquitectónicos, quadrattura se denominaban no momento, ata que finalmente Carlos IV dictou o decreto de prohibición no 1791

Cando a arte gótica substituíu os frescos murais polas grandes fiestras, a pintura pasou a ser sobre táboa e ó temple. Neste novo contexto, os antigos antipendios, pasan á parte posterior do altar como retablos, primeiro como sinxelas táboas que logo se irán complicando ó aumentar o número de paneis (dípticos, trípticos, polípticos), podendo ser ríxidos ou abatibles, ou enriquecendo con materiais preciosos (Pala d’Oro da Catedral de Venecia).
A medida que se fixeron máis complexos deixaron de ser pezas de mobiliario e ficaron fixos tras do altar polo que acabaron facéndose curvos para adaptarse á ábsida.
A súa semellanza coa arquitectura fai que asuman a mesma estética. Encontraremos retablos góticos, platerescos, manieristas pero sobre todo barrocos.

PARTES
Estruturalmente diferéncianse catro partes de arriba abaixo:- ático, coroamento ou cima;
- corpo, subdividido en rúas e pisos
- predela ou bancal
- zócolo, sotobanco ou pedestal
Pasa o rato sobre a imaxe para ler os nomes das partes
Rúas separadas por entrerrúas (simples soportes arquitectónicos ou formas máis elaboradas) | Corpos ou pisos en sentido horizontal | Casas cuadrangulares ou rectangulares para as pinturas ou esculturas |
ICONOGRAFÍA
- RÚA CENTRAL, por ser a de maior relevancia acolle a imaxe sagrada a quen se dedica o retablo
- ÁTICO, no punto culminante adoita representarse o Calvario -a Crucifixión é símbolo de Redención- ou a Trindade.
- CASAS: presentan escenas secundarias relacionadas co tema principal, ou outros santos e mártires. Fíxate como neste exemplo procedente do Mosteiro de Sigena (Huesca), Retablo da Virxe do Comendador, o tema principal é a Virxe nai de Deus, polo que os temas das casas narran, momentos da vida de María
- PREDELA, poden aparecer os comitentes (desde a propia Igrexa ós comitentes privados sexan nobres, cóengos ou burgueses enriquecidos) ou os seus brasóns. Ás veces o comitente está situado a carón da imaxe principal, se volves mirar o retablo anterior verás o Comendador axeonllado á dereita da Virxe -cunha escala xerárquica-.
Retablo dos Reis Magos, Valladolid. Os donantes axeonllados e acompañados dos seus santos protectores |
Retablo Maior, Cartuxa Miraflores Nos laterais, os donantes: Xoán II e Isabel de Poertugal |
Coa heráldica do Reino de Aragón no zócolo |
Son unha obra de arte pero tamén exemplifican unha tradición artesanal e un traballo colectivo que comezaba polo contrato entre o artista e o comitente -persoa ou institución-, perfectamente estipulado e firmado ante notario ou escribán, cun deseño totalmente definido en dimensións, materiais, figuras, prezo, formas de pago, .... Unha vez rematado, tasábase a obra para constatar que era acorde ó asinado no contrato.
Anónimo español , século XVIII, traza dun retablo dedicado a San Benito. As condicións aparecen manuscritas no ángulo inferior dereito |
Na execución traballaban mestres de moitos oficios e distintos gremios, principalmente do gremio de carpinteiros -ensambladores, entalladores, tallistas-, do de pintores -pintores, douradores, estofadores, encarnadores- e do de escultores e arquitectos, pero tamén ferreiros, canteiros, comerciantes,....
O proceso era longo e complexo.
Unha vez rematadas as distintas pezas só queda ensamblar o conxunto na forma desexada.
No caso das imaxes escultórica adoitan engadirse postizos para incrementar a sensación de realismo: ollos e bágoas de vidro, dentes de marfil, uñas de asta de touro, pestañas e cabelo de pelo natural, corcho e coiro para as feridas. Por último ornábanse con coroas, telass,...
Volvendo á historia dos retablos, a finais do século XVI por influencia do Escorial a táboa foi substituida polo lenzo, de feito foi O Greco o primeiro en utilizar en España este sistema que xa se empregaba en Venecia.
O mantemento resultaba custoso, habitualmente eran as confradías as encargadas de aportar as remesas de diñeiro obtido a través dos donativos dos fieis.
O proceso era longo e complexo.
- Elaboración do soporte que se ancorará ó muro e construción da estrutura da armazón -as caixas que acollerán as imaxes-
- Preparación das táboas que habían quedar perfectamente lisas, sen greta algunha.
- Talla -ferramentas: gubias, escofinas, limas- dos elementos ornamentais e das esculturas que se van incluir
- Aplicación sobre a madeira de varias capas finas de xeso mesturadas con auga e cola, e, se vai haber policromía e dourados unha capa de arxila vermella moi untuosa -o bol arménico- disolta en cola. O proceso denomínase estucado.
- Colocación do pan de ouro onde se desexe contar con dourados, labor moi delicada dada a delgadez das láminas. Xa colocadas, brúñense
- Finalmente, aplícase a policromía -mesturando pigmento e ovo- e, nas imaxes a carnación. Nos lugares que se precisa ráspanse as capas de pintura para que asomen os dourados. Esta técnica denomínase estofado (ver vídeo).
Unha vez rematadas as distintas pezas só queda ensamblar o conxunto na forma desexada.
No caso das imaxes escultórica adoitan engadirse postizos para incrementar a sensación de realismo: ollos e bágoas de vidro, dentes de marfil, uñas de asta de touro, pestañas e cabelo de pelo natural, corcho e coiro para as feridas. Por último ornábanse con coroas, telass,...
Volvendo á historia dos retablos, a finais do século XVI por influencia do Escorial a táboa foi substituida polo lenzo, de feito foi O Greco o primeiro en utilizar en España este sistema que xa se empregaba en Venecia.
O mantemento resultaba custoso, habitualmente eran as confradías as encargadas de aportar as remesas de diñeiro obtido a través dos donativos dos fieis.
En España, tiveron un fondo arraigo como o demostra a súa presencia nos nosos templos, sen embargo o racionalismo dos ilustrados e a súa crítica contra dos excesos barrocos amosouse contrario a estas obras considerandoas do gusto do "populacho", excesivamente custosas e contrarias ó decoro dos templos polo que no 1777 Carlos III firma un documento, redactado polo secretario da Real Academia de San Fernando, prohibindo a realización de retablos, mobiliarios e teitumes de madeira e o dourado dos mesmos, recomendando o emprego de pedra e estuco.
Aínda así seguiron a facerse retablos servíndose de trampatollos arquitectónicos, quadrattura se denominaban no momento, ata que finalmente Carlos IV dictou o decreto de prohibición no 1791
Quadrattura no altar maior da Igrexa de Santa Eulalia de Murcia |