Amosando publicacións coa etiqueta mans. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mans. Amosar todas as publicacións

03/03/25

A mans cheas



Fai máis de 30.000 anos naceueu a escultura e as primeiras pinturas rupestres, entre elas as mans sexan pintadas en positivo estampando a man coloreada sobre as paredes ou en negativo soprando a cor sobre a man apoiada na parede húmida. Son mans reais, unha marca persoal imaxe de si mesmo.

O longo percorrido da representación da man irá tomando significacións ben variadas ata chegar a conformar normas iconográficas que o iniciado comprende. Por exemplo os mudras budistas
vitarka mudra= ensinanza, razoamento

mudra abhaya =protección, ausencia de medo
bhumisparsha mudra= renuncia aos praceres terreais
anjali mudra =saúdo, oración

As coidadas e expresivas mans son unha boa mostra artística da escultura
Pasando á pintura, observemos as deliciosas mans das pinturas parietais e relevos do Antigo Exipto e a súa expresividade.
>
Mans que tocan e chascan os dedos seguindo o ritmo


Choradeiras
Xogo
Protección
Escritura
En alabanza
Ofrecendo alimento
Unión
Sinxelas e ben definidas pola liña, as mans da cerámica grega: tanxer o ailós, carreira de atletas, lanzamento de disco, xogo, reflexión, explicacion. O xesto, usual e cotián, nas súas diferenciadas formas subliña a acción de forma realista, de cara a o obxectivo pictórico: a mímese. Prescinde da emoción a prol da claridade narrativa. A expresividade será máis significativa e simbólica nos relevos e moi especialmente nas lápidas funerarias.

O cristianismo cargará as mans de significación simbólica ata convertelas nunha forma ritualista que serva ao adoutrinamento dos fieis. Acaba sendo imaxes ben recoñecibles que encontramos en certos modelos iconográficos: Pantocrátor, Maiestas Domini, Salvator Mundi, Creación, Xuízo Final ..

MANS DE DEUS
  • Dextera Domini coa significación da intervención divina (Tahull, San Isidoro de León)

  • A man que bendice (Memling, O Greco) e a man que mostra o Libro da Vida (Tahull)

OUTROS XESTOS
A oración (Van Eyck), a obediencia (Fra Angelico), a dor (Van der Weyden), o rexeitamento (Miguel Anxo)


Ao longo da historia da arte, as mans falan coa linguaxe de cada artista. Algunhas son ben características e recoñecibles. 
Revisamos as de tres pintores.


Carlo CRIVELLI


Quattrocento- Italia



Madonna

Pietá

Santiago

San Xoán Exanxelista

María Magdalena

Pietá

Madonna



Sandro BOTTICELLI


Quattrocento- Italia



Nacemento de Venus

Retrato dun home

Varón de Dores

Madonna Magnificat

Nacemento da primavera

Palas e centauro

Venus




Egon SCHIELE


Expresionismo austríaco, s. XX





A comunicación non verbal resulta tan relevante como a verbal, e precisamente a pintura ou a escultura han servirse da primeira para facer lexible a imaxe. Esa linguaxe visual apoiase na disposición corporal, na expresión do rostro, na mirada e no xesto. 
A linguaxe da man, seguramente o órgano corporal máis expresivo, resulta fundamental para amosar sentimentos, comunicar ideas, transmitir emocións. 
A man é "a parte visible do cerebro" afirmaba Kant 
Por outra banda, Focillon escribiu que as mans 
están dotadas dun xenio enérxico e libre, dunha fisionomía -rostros sen ollos e sen voz, pero que ven e falan 
Cinguíndonos ao noso ámbito cultural, recoñecemos certos significados porque o xesto xa está codificado. Por exemplo 
man aberta pegada ao peito = afirmación, protección,  agradecemento
man en puño cara a fóra = ira, ataque 
man suxeitando a cabeza = reflexión, fatiga 
índice levantado = advertencia

O artista comunica tamén a través da man neses xestos coñecidos que facilmente interpretamos

MANS QUE EXPLICAN



MANS QUE ORDENAN, QUE SINALAN



MANS QUE FAN MÚSICA



MANS QUE ESCRIBEN



PINCEL EN MAN



MANS QUE PREGAN



MANS NA LECTURA



MANS EN REPOSO


MAN PARA UN CIGARRO



MANS QUE ACOLLEN


MANS QUE TRABALLAN


PENSAR, XOGAR, ENGANAR ..


¡Cantos estudios previos hai detrás! Reposemos esas cansadas mans con esta delicada man en reposo de Singer Sargent no retrato de Édouard e Marie-Louise Pailleron







  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir