Fai máis de 30.000 anos naceueu a escultura e as primeiras pinturas rupestres, entre elas as mans sexan pintadas en positivo estampando a man coloreada sobre as paredes ou en negativo soprando a cor sobre a man apoiada na parede húmida. Son mans reais, unha marca persoal imaxe de si mesmo.
MANS DE DEUS
OUTROS XESTOS
A oración (Van Eyck), a obediencia (Fra Angelico), a dor (Van der Weyden), o rexeitamento (Miguel Anxo)
O longo percorrido da representación da man irá tomando significacións ben variadas ata chegar a conformar normas iconográficas que o iniciado comprende.
Por exemplo os mudras budistas
|
bhumisparsha mudra= renuncia aos praceres terreais |
anjali mudra =saúdo, oración |
As coidadas e expresivas mans son unha boa mostra artística da escultura | |||
Pasando á pintura, observemos as deliciosas mans das pinturas parietais e relevos do Antigo Exipto e a súa expresividade.
>Mans que tocan e chascan os dedos seguindo o ritmo | Choradeiras | Xogo | Protección |
Escritura | En alabanza | Ofrecendo alimento | Unión |
Sinxelas e ben definidas pola liña, as mans da cerámica grega: tanxer o ailós, carreira de atletas, lanzamento de disco, xogo, reflexión, explicacion. O xesto, usual e cotián, nas súas diferenciadas formas subliña a acción de forma realista, de cara a o obxectivo pictórico: a mímese. Prescinde da emoción a prol da claridade narrativa.
A expresividade será máis significativa e simbólica nos relevos e moi especialmente nas lápidas funerarias.
O cristianismo cargará as mans de significación simbólica ata convertelas nunha forma ritualista que serva ao adoutrinamento dos fieis. Acaba sendo imaxes ben recoñecibles que encontramos en certos modelos iconográficos: Pantocrátor, Maiestas Domini, Salvator Mundi, Creación, Xuízo Final ..
- Dextera Domini coa significación da intervención divina (Tahull, San Isidoro de León)
- A man que bendice (Memling, O Greco) e a man que mostra o Libro da Vida (Tahull)
OUTROS XESTOS
A oración (Van Eyck), a obediencia (Fra Angelico), a dor (Van der Weyden), o rexeitamento (Miguel Anxo)
Ao longo da historia da arte, as mans falan coa linguaxe de cada artista. Algunhas son ben características e recoñecibles.
Revisamos as de tres pintores.
Carlo CRIVELLI
Quattrocento- Italia

Madonna

Pietá

Santiago

San Xoán Exanxelista

María Magdalena

Pietá

Madonna
Sandro BOTTICELLI
Quattrocento- Italia

Nacemento de Venus

Retrato dun home

Varón de Dores

Madonna Magnificat

Nacemento da primavera

Palas e centauro

Venus
Egon SCHIELE
Expresionismo austríaco, s. XX






A comunicación non verbal resulta tan relevante como a verbal, e precisamente a pintura ou a escultura han servirse da primeira para facer lexible a imaxe. Esa linguaxe visual apoiase na disposición corporal, na expresión do rostro, na mirada e no xesto.
A linguaxe da man, seguramente o órgano corporal máis expresivo, resulta fundamental para amosar sentimentos, comunicar ideas, transmitir emocións.
A man é "a parte visible do cerebro" afirmaba Kant
Por outra banda, Focillon escribiu que as mans
están dotadas dun xenio enérxico e libre, dunha fisionomía -rostros sen ollos e sen voz, pero que ven e falan
Cinguíndonos ao noso ámbito cultural, recoñecemos certos significados porque o xesto xa está codificado. Por exemplo
man aberta pegada ao peito = afirmación, protección, agradecementoman en puño cara a fóra = ira, ataqueman suxeitando a cabeza = reflexión, fatigaíndice levantado = advertencia
O artista comunica tamén a través da man neses xestos coñecidos que facilmente interpretamos
MANS QUE EXPLICAN
MANS QUE ORDENAN, QUE SINALAN
MANS QUE FAN MÚSICA
MANS QUE ESCRIBEN
PINCEL EN MAN
MANS QUE PREGAN
MANS NA LECTURA
MANS EN REPOSO
MAN PARA UN CIGARRO
MANS QUE ACOLLEN
MANS QUE TRABALLAN
PENSAR, XOGAR, ENGANAR ..
¡Cantos estudios previos hai detrás! Reposemos esas cansadas mans con esta delicada man en reposo de Singer Sargent no retrato de Édouard e Marie-Louise Pailleron