No s. V, os pobos bárbaros invaden o Imperio Romano de Occidente rompendo a unidade política e artística (hai baleiro de estilo unificado, non de estilos nin artístico).
A arte e a cultura fragméntanse nun proceso de rexionalización que rematará coa unidade da Europa románica.
Así pois denominamos arte prerrománica o conxunto de estilos artísticos da Europa Occidental.
Resulta da suma de distintas herdanzas:
- Romana. Emprega os seus elementos construtivos pero con técnica deficiente. Ademais da precariedade económica, os bárbaros non contaban con tradición construtiva. A escultura, realizada en obradoiros locais, é pobre e escasa, simplificada e esquematiza, poucas veces figurada.
- Bárbara. Visible no gusto polos obxectos ornamentais (fíbulas, broches, espadas,.), utilizando materiais preciosos (ouro e xemas). Temas decorativos de tipo xeométrico e vexetal (cestería, roleos, rosetas, cruces patadas, sogueado).
- Bizantina e oriental. Animais fantásticos(grifóns), animais en roelo; cruz grega; xogos de cúpulas; mosaico dourado de temática cristiá. A Igrexa, xunto coa monarquía, será a principal promotora.
ARTE VISIGODA, VI-VIII
Proceden do Sur da Galia, expulsados polos francos. É o pobo xermano máis romanizado
No s. VI fundan un reino na Península Ibérica con capital en Toledo que abarca o centro e oeste da península.
Recaredo convértese ó cristianismo (eran arrianos) a finais do s. VI, e tras del todo o reino. Conseguen así a unidade relixiosa
Período de esplendor o s. VII
Remata coa invasión árabe no 711.
Unha visión global
ARQUITECTURA
| MURO |
SOPORTES |
ARCO |
Ladrillo ou perpiaños a soga e tizón en seco en fiadas irregulares, percorridos por cenefas decorativas. Ó ser de muros fortes non precisa contrafortes
|
Columnas con capiteis de inspiración corintia ou troncocónicos invertidos con relevos e grosos paralelepípedos a modo de cimacio |
Diferencia co califal: peralte de 1/3 en lugar de ½ do radio; doela salmer disposta horizontalmente polo que o trasdós e o intradós non se corresponden; despece ó centro do diámetro |
| PLANTAS |
CUBERTAS |
ICONOSTASIO |
Basilical ou centralizada de cruz grega inscrita en rectángulo.
Espazos interiores compartimentados.
Cabeceiras rectas interior e exteriormente.
Ábsidas tripartitas (a modo de eremitorios para facer penitencia)
Pórticos avanzados nos pés. Ás veces tamén pórticos no cruceiro
|
Bóvedas de canón, de arestas; teitumes de madeira; cúpula no cruceiro
|
Iconostasio pechando o transepto (espacio para a xerarquía eclesiástica)
|
| VANOS |
CIBORIO |
CENEFAS |
.jpg)
Poucos e estreitos |
Construcción elevada sobre o cruceiro en forma de torre) |
Repetidas ó longo dos muros con formas xeométricas, vexetais,roleos,...
|
RELEVOS
Plano e esquemático
en frisos, cancelas, impostas, basas, capiteis e cimacios, é dicir sosmetido á arquitectura.
Algúns sarcófagos
motivos xeométricos, vexetais, roleos, animais rampantes e simbólicos.
Ás veces formas figuradas que poden resultar difíciles de interpretar
OURIVERÍA
Emprega materiais moi diversos -ouro, pedras preciosas, vidros de cores- e diferentes técnicas: filigrana e repuxado, pedras preciosas en cabujón
As pezas máis repetidas son as fíbulas aquiliformes, as coroas votivas (regaladas polos monarcas ás igrexas, seguindo costume bizantino), aneis, …
O conxunto máis importante é o de Guarrazar.
|
|
ARTE CAROLINXIA, VII-IX
Reinado de Carlomagno (768) ata a disgregación do imperio (855)
Binomio Igrexa-Estado: a Igrexa para contar cun brazo armado e o Estado, dinastía carolinxia, como aglutinante imperial
Desexa reverdecer a unidade imperial e cristiá
A estabilidade política e a mellora económica, favorecen a renovación cultural e artística
Marco xeográfico moi amplo: Alemaña, Francia, Suíza e a Marca Hispánica. Centro, Aquisgrán
ARQUITECTURA
Cortesán e eclesiástica (igrexas)
predominando a planta basilical con cruceiro destacado, deambulatorios, cubertas de madeira, columnas e piares cruciformes, arco de medio punto.
Capela Palatina de Aquisgrán, actualmente dentro da Catedral.
|
|
|
ARTE ASTURIANA
Invasión musulmán (711), foco de resistencia no Norte, Asturias, que queda incomunicada
Monarquía, Corte asentada en Oviedo
Aínda que senténdose continuadora da monarquía visigoda, non se identifica con ela, tenta constituír unha monarquía independente e renovada
Artisticamente enlaza coa tradición romana, pero recibe as influencias doutras cortes europeas (carolinxio), así como as visigodas e musulmáns. Utilízaas con gran singularidade
ETAPAS
1ª - Afonso II
2ª - Ramiro I, plenitude, mediados do s. IX: Sta Mª do Naranco, S Miguel de Lillo
3ª - Afonso III: S Salvador de Valdediós, Sta Cristina de Lena
ARQUITECTURA
| MURO |
SOPORTES |
ARCO |
Ladrillo e cachotería, reforzada con cantería nas esquinas e nos contrafortes
|
Preferencia polo piar, a miúdo sen capitel; columnas de fuste sogueado con basas e fustes enriquecidos |
De medio punto peraltado, ás veces de ferradura por influencia visigoda
|
| PLANTAS |
CUBERTAS |
CONTRAFORTES |
Basilicais de 3 naves, con ábsidas rectangulares no exterior e n o interior. Pórtico lateral
|
Bóvedas de canón, a miúdo peraltada, sobre arcos faixóns. Previamente cubertas de madeira
|
Estreitos e abundantes para contrarrestar os empuxes das bóvedas (novidoso)
|
| VANOS |
ORNAMENTO |
CÁMARA |
%2C_fa%C3%A7ana_oest%2C_finestra_esquerra.jpg/1280px-721_San_Miguel_de_Lillo_(Oviedo)%2C_fa%C3%A7ana_oest%2C_finestra_esquerra.jpg)

Fiestras xeminadas, celosías e alfís |
Repetidamente medallóns ou clípeos, cintas, sogueado; tamén pintura mural |
Cámara secreta sobre a ábsida central con acceso desde o exterior (?)
|
OURIVERÍA
Como nos casos anteriores escasea a escultura de vulto redondo, pero interese da orfebrería
ARTE MOZÁRABE, s.X
Mozárabe = cristiáns baixo dominio musulmán
Tamén chamada arte de repoboación (emigrados ao norte do Douro)
Construcións cristiás con elementos musulmáns: fusión das dúas culturas
ARQUITECTURA
| ARCOS |
BÓVEDAS |
SOPORTES |
Herdanza musulmá: de ferradura califal, con alfís |
Herdanza musulmá:
de nervios califal, gallonadas. Tamén cubertas de madeira |
Herdanza musulmá:
columnas con capiteis corintios de trépano |
| MODILLÓNS DE ROLOS |
PLANTA |
ÁBSIDAS |
Herdanza musulmá para soportar os aleiros |

Pequenas e variadas, estructuras complicadas. Tende a compartimentar os espacios |

Rectangulares no exterior e de ferradura moi pechado no interior (recordan os mihrabs) |
| MURO |
ICONOSTASIO |
VANOS |

De perpiaños e cachotería, grosos para suxeitar as bóvedas, con aleiros e cornixas |
Pechando o transepto |
Escasos, estreitos, celosías |
Desaparecida a monarquía visigoda coa invasión árabe, organizáronse certos núcleos de resistencia no Norte da Península (Asturias), mentres Galicia mantivo unha actitude máis ben pasiva diante destas novas circunstancias.
Se ben engarza coa dinastía asturiana, a calma que aquí se respira fai que veñan xentes procedentes das terras sometidas, os mozárabes. Deste xeito, Galicia ten a nivel artístico, dúas influencias: a asturiana e a mozárabe ou arte da repoboación.
- A principios do século IX, o bispo de Iria localiza a tumba de Santiago e edifica unha capela sobre un mausoleo romano, e logo, en tempos de Afonso III érguese a primeira basílica, con influencia ovetense. Esta basílica será destruída por Almanzor no 997.
- Remodélase Santa Comba, con engadidos astures
- Fúndase en S. Martiño de Mondoñedo unha nova sede monástica cando os monxes de Dumio (cerca de Braga) foxen diante da ocupación musulmán
Pese a que a obra é maioritariamente dos ss. XI e XII, aínda pervive nela a influencia asturiana (estreitez da nave, cantería a soga e tizón) xunto coa visigoda (abaixo, capitel como pila da auga bendita, capiteis da portada, reaproveitamentos na ábsida central)
O retablo pétreo ou antipendio considérase do IX.
