10/12/24

NIMBOS, HALOS, ORBES


Auréola, nimbo, halo, con eses atributos recoñécemos as figuras sagradas.
Eses círculos luminosos arredor ou detrás da cabeza non son exclusivos da nosa cultura, tal signo iconográfico ten a súa orixe nun pasado ben lonxano como símbolo de santidade, de heroicidade ou, nalgúns casos, para resaltar a figuras gobernantes.
Inicialmente representouse como disco solar, unha divina radiación
Deusa Isis , Exipto

Palmira. Tríade de deuses

Neptuno

O deus Helios no seu carro
O deus Mitras
Buda

O  romano Sol Invictus
Krishna e a súa esposa

Xustiniano

A iconografía cristián mantivo o nimbo para as santas figuras, estendéndose a partir do século VI


Cristo, principio e fin

Arcanxo San Miguel

Cristo e San Menas (copto)
 

O nimbo ou aureola de santidade adopta a forma circular variando dunha simple liña a un disco auréo. Cristo ten reservada  a aureola crucífera así denominada por ter unha cruz inscrita no círculo ou simples raios dispostos en cruz

Na arte representar o nimbo circular detrás dunha figura en disposición frontal non era ningún problema, pero si era complicado cando a figura estaba de perfil. Así lle quedaron a Giotto: na Virxe e no Neno, os nimbos están detrás da cabeza, nas outras figuras mantivo a forma circular pero os nimbos quedan como se estiveran colocados nun lado. O mesmo pasa na obra de Giovanni di Paolo 


Aínda máis complicado resulta no caso da Última Cena onde Xesús e os discípulos se sitúan arredor dunha mesa. Abaixo, Giotto e Ugolino de Siena, ambos do Trecento. Na fila dianteira, nimbos circulares perfectos, sexa como sexa!
Solución: eliminar os nimbos dos colocados en primeiro plano. Duccio


Se se acomodan todos dun lado, a cousa iría moito mellor. Xa se emprega esta disposición nun mosaico de Monreale do Duecento, e así o fará Andrea del Castagno no século XV, quen os dispón como platiños dourados sobre as cabezas e adaptados a cada figura.


Incluso podemos deixar o nimbo como un sinxelo aro que ademais queda espazo para poñer os nomes de cada quen. Juan de Juanes, s.XVI.

En todos este episodios, Xudas carece de nimbo, pero nalgunhas ocasións leva nimbo negro: Fra Angelico 


Na escultura románica, que a miúdo ocupa espazos mínimos, poden suprimirse os dos discípulos (capitel San Juan de la Peña) ou non (Catedral de Lugo, capitel "pinjante")


En calquera caso, nimbos circulares ou aros mellor ou peor colocados resultan demasiado repetitivos e parecía conveniente marcar diferencias sobre as figuras que os portaban. Contar cunha iconografía clara era importante.

- O triangular resérvase para Deus Pai nas imaxes da Trinidade, Ribera, s.XVII

- Os poligonais acompañan a personaxes do Antigo Testamento, por exemplo para San Xosé ou Isabel e Zacarías, pais de Xoán o Bautista.

- Os cuadrangulares, máis raros, serviron para denotar aquelas figuras de doantes (con San Demetrio no centro, doantes da igrexa de San Demetrio en Tesalónica; o Papa Pascual I seguido de Santa Praxedes e San Pablo) ou persoas contemporáneas que acadarán a santidade, por exemplo papas (Pascual I, Xoán VI ) ou esta Episcopa Teodora, nai de Pascual .

O halo de estrelas reservouse para a Inmaculada Concepción seguindo o Apocalipsis 12:1 "Apareció en el cielo una gran señal: una mujer vestida del sol, con la luna debajo de sus pies, y sobre su cabeza una corona de doce estrellas".
Ribera, Tiépolo


Cando a aureola rodea toda a figura por medio dun óvalo a modo dunha améndoa , falamos de mandorla. Empregouse especialmente para acoller a Cristo en Maxestade.






O uso do halo decaeu na arte occidental, pero aínda podemos encontralo en contextos non relixiosos con outro significado. Van Gogh escribiu:
Quero pintar homes e mulleres con ese algo eterno que o halo adoitaba simbolizar... ¡Ah! Retratos, retratos co pensamento, a alma do home, que é o que creo que debería saír.
É a idea da maxestade do home, o espírito invisible que  reside no seu interior. Faino por medio desas pinceladas que xiran a redor da súa cabeza. Gauguin debuxa un ben definido halo sobre a súa cabeza. 




Agora unha pequena referencia aos orbes.
Un orbe, globo terráqueo rematado cunha cruz, simboliza a autoridade neste caso de Cristo. 
Tamén moitas monarquías teñen o orbe como símbolo de poder, a Coroa española remata nun orbe crucífero. A súa orixe está nos emperadores romanos.
A representación de Cristo có orbe na man esquerda e bendicindo coa dereita acabou por coñecerse como Salvator Mundi. Joos van Cleve, s.XVI.
Tamén serviu na representación da Trindade para simbolizar o poder das tres persoas nunha sobre a terra.
Neste Triunfo da Eucaristía,  Ventura Salimbeni, s.XVI, presenta na parte alta as tres persoas da Trindade, Pai e Fillo pousan sobre o orbe, coa lúa e o sol, os seus cetros de poder o do Fillo rematado nunha cruz vermella símbolo da súa morte.

Curiosamente, esta obra serviu para falar de satélites e de ovnis ou dun oopart (obxecto fora de contexto). Non era, emporiso, unha simboloxía única, o Guercino mostra a Trindade onde Pai e Fillo portan os cetros e o Pai suxeita o orbe coa man esquerda 





 





09/12/24

LOT: unha bacanal bíblica


Hai iconografías, hoxe en desuso, que resultan difíciles para os crentes e para os culturalmente diferentes. De xeito similar cantas cousas criticamos  doutras crenzas!!!
Xa revisamos o tema da lactatio e charitas romana xunto có sangue de Cristo, hoxe analizamos  a figura de Lot .
Un personaxe curioso este Lot!  Seguimos a historia segundo a conta o Xénese 19.
Sobriño de Abraham, Lot acompañouno na viaxe a Canaán na busca de terras onde asentar, ata que decidiron separarse ante as disputas xurdidas entre as persoas de cada quen. Entón Lot tomou asento nas fértiles chairas do Xordán onde se levantaban as cidades de Sodoma e Gomorra.
Cando Deus decidiu destruír as dúas cidades pois os pecados dos seus habitantes eran moitos, díxolle a Abraham que só salvaría a Lot e a súa familia.  A tala fin Yahvé enviou dous fermosos anxos disfrazados de homes. Lot acolleunos hospitalariamente na súa casa.
Pero -e aquí está a primeira sorpresa da narración para xustificar a destrución- os varóns de Sodoma esixiron que llos entregaran
¿Dónde están los hombres que vinieron a tu casa esta noche? ¡Sácalos! ¡Queremos acostarnos con ellos! 
Lot respondeu
Por favor, amigos míos, no vayan a hacer una cosa tan perversa. Yo tengo dos hijas que todavía no han estado con ningún hombre; voy a sacarlas para que ustedes hagan con ellas lo que quieran, pero no les hagan nada a estos hombres, porque son mis invitados.
Os sodomitas intentaron romper a porta, pero os anxos deixáronos cegos e dixeron a Lot 
¿Tienes más familiares aquí? Toma a tus hijos, hijas y yernos, y todo lo que tengas en esta ciudad; sácalos y llévatelos lejos de aquí, porque vamos a destruir este lugar. Ya son muchas las quejas que el Señor ha tenido contra la gente de esta ciudad, y por eso nos ha enviado a destruirla.
Os futuros xenros non fixeron caso, pero Lot e a súa familia foron levados polos anxos mentres Sodoma e Gomorra ardían baixo unha choiva de lume e xofre.
Y al rayar el alba, los ángeles daban prisa a Lot, diciendo: Levántate, toma tu mujer, y tus dos hijas que se hallan aquí, para que no perezcas en el castigo de la ciudad. Y deteniéndose él, los varones asieron de su mano, y de la mano de su mujer y de las manos de sus dos hijas, según la misericordia de Jehová para con él; y lo sacaron y lo pusieron fuera de la ciudad.
Y cuando los hubieron llevado fuera, dijeron:escapa por tu vida; no mires tras ti, ni pares en toda esta llanura; escapa al monte, no sea que perezcas.
Asustada, a muller de Lot volveu o rostro para mirar a tremenda catástrofe, inmediatamente quedou convertida en estatua de sal. O castigo por volver a vista aparece no mito de Eurídice e Orfeo: as divindades do inframundo permitiron que a retornara á vida coa condición de que non a mirase ata estar n o exterior e que os raios de sol bañasen de luz a muller, pero Orfeo non puido conterse, volveu a mirada e Eurídice desvaneceuse no aire.
Edward Poynter. O rescate

Carl Goos. O esvaecemento de Eurídice

O tema préstase facilmente para unha representación narrativa cos distintos momentos do relato dispostos en orde cronolóxica. Lot protexendo os anxos, os anxos cegando os sodomitas, a cidade ardendo, a fuxida cargando coas súas posesións máis valiosas e a conversión da muller en estatua de sal. En moitas ocasións aparece todo o relato na imaxe.
A iconografía quedou fixada na arte paleocristián das catacumbas no século IV. 
Jordaens
Rubens
Mosaico Catedral Monreal, s.XII

Veronés

Rafael
Patinir. Recolle nun amplo paisaxe as cidades ardendo e a xente escapando, a estatua de sal como unha pequena mancha branca, os anxos acompañando a Lot e ás súas fillas á salvación atravesando as poderosas rochas que dominan o lado dereito,  no alto a tenda onde se refuxian os salvados.

 
Pai e fillas refuxiáronse nunha cova. Elas, temerosas de non ter descendencia, por inciativa da maior emborrachan o pai para xacer con el e dar continuidade a liñaxe. Así o fixeron, durante dúas noites consecutivas emborracharon a Lot, a maior deitouse con el a primeira  noite, e a menor fixoo a segunda noite. Destas relacións incestuosas naceron Moab (pai dos moabitas) e Amon (pai dos amonitas).
Nuestro padre es viejo, y no queda ningún hombre en la tierra que se una a nosotras, como es la costumbre en toda la tierra. 
Ven, demos de beber vino a nuestro padre, acostémonos con él y conservemos descendencia de nuestro padre.

Pois este tema tan escabroso de dobre incesto e pouco moralizante foi recollido polos artistas do Renacemento, fíxose moi popular na Florencia do XVII e aínda se mantivo máis tarde. Era un pretexto para pintar nus con mulleres en posturas sensuais.
A iconografía mantén os elementos básicos: as tres personaxes, a cova, a bebida, rica vaixela, Sodoma ardendo ao lonxe e, a miúdo a columna de sal. Pero os tratamentos varían incidindo en maior ou menor medida na sensualidade das mulleres e na embriaguez de Lot.
Característico o rostro de sorpresa de vello Lot coa mirada ausente e o nariz e as meixelas vermellas e as actitudes sedutoras das fillas. Pero xunto co acto previo, ás veces xa se constata o xeito no que Lot se deixa levar polo desexo e a luxuria, e o día seguinte co vaso tirado no chán sen saber Lot o sucedido nesas dúas noites.
Con tantos elementos engadidos, pode acabar semellando unha "bacanal bíblica" .
Queda para o debate se Lot é máis culpable de se emborrachar ou  do incesto, e se as fillas son culpables da luxuria ou foron levadas polo "natural" desexo de ser nais.
Rubens
Jans Massijs
Artemisia Gentilleschi
Orazio Gentilleschi
Lucas Cranach
Van Noort
Furini

J.Wtewael
Guercino
Blake
Der Borcht
Van Leyden
Goltzius
Cezanne
Chagall
Anónimo flamengo


Por pouco edificante o episodio deixou de representarse 






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir