08/07/09

DALÍ, UNHA PERSONALIDADE SINGULAR




Dalí, mito, contraditorio, fascinante, exhibicionista, ególatra, .... pero sempre xenial artista: pintor, escritor, actor, guionista, escultor, fotógrafo.
E se non o cres mira como el mesmo se define neste programa da televisión norteamericana no que os concursantes deben descubrir de que personaxe se trata.








Da súa participación no cine xa falmos noutra entrada, pero fagamos aquí unha referencia a outras actividades que tamén moito lle interesaron por razóns estrictamente económicas: a publicidade.
Anuncio de cholotates



Anuncio de Alka Seltzer



Recordar que é o pai do deseño do logotipo de Chupa Chups, que colaborou coa primeira industria textil galega (a de Regojo en Redondela) para publicitar as novidosas camisas que non precisaban planchado ou coa marca de coches Datsun e ilustrou anuncios para as medias Bryans.



Por suposto que a súa presenza mediática foi máis forte durante a súa estadía nos Estados Unidos, residiu alí entre 1940 e 48. Colaborou con diferentes revistas como Vogue, The American Weekly, Life, Harper’s Bazaar, Minotaure.

O seu interese na prensa levouno a crear a súa propia publicación, Dalí News,  pero só se publicaron dous números.
Fíxate na cabeceira, están todos os elementos característicos 




Loxicamente tampouco o mundo do escaparatismo podía quedar á marxe.
En efecto no 1939 montou escaparates para os grandes almacéns Bonwit Teller de Nova York. E como o que lle gustaba era montar escándalo, un xeito de marketing, pergeñou un escaparate con vellos maniquíes -vellos e cochos porque estaban abandonados no sótano-, pero cando volveu ver o resultado observou que se fixeran cambios, entrou en cólera, destrozou todo, incluída a fiestra. Foi detido pola policía, e os feitos saíron en todos os periódicos: ¡ó dia seguinte a súa exposición estaba chea de público!

Por si faltaba algo, deseñou xoias, perfumes, naipes, ....







Establecido en España acabou por se identificar có réxime de Franco, o que lle valeu duras críticas tendo en conta que moitos artistas tiveran que emigrar. Cando en 1969 España tivo que organizar o festival de Eurovision tras de gañar Massiel o ano anterior, pideuse a colaboración de Dalí. Do seu enxeño fporon o cartel, o logo e a cortiniña televisiva que daba paso aos cantantes.
Podes ver neste vídeo, cantando Salomé, o aspecto do escenario e a escultura surrealista do escultor Amadeo Gabino.

No 2011, Woody Allen filmou Midnight in Paris, na que o protagonista, un mozo americano, se ve transportado a tempos pasados nos que coincide coa elite artística e bohemia de París dos anos 20. Neste fragmento, Adrien Brody interpreta a Dalí. Desfruta desta secuencia na que tamén aparecen Buñuel e Man Ray.



Por certo, se queres saber o interese de Dalí polos rinocerontes, mira esta páxina e as súas respostas explicativas nesta entrevista de 1997



E seguimos con rinocerontes. Abaixo vemos, á dereita, a versión que fixo da Encaixeria de Vermeer. Se te fixas, notarás que está composta con cornos de rinoceronte



Así conta Dalí o seu interese pola obra e a conexión matemática coa beleza (tomado de observatorioredes.blogspot.com). ¡Inenarrable!


[...] Luego cristalizaron poco a poco en forma de una obsesión delirante que tenía por tema "La encajera" de Vermeer, una reproducción de la cual estaba colgada en el despacho de mi padre y yo podía verla a veces furtivamente, a través de la puerta abierta. Desde aquel instante, además, he venido observando que muchas emociones importantes entran en mí por el codo, que se ha convertido en mi talón de Aquiles –un día se dirá “el codo de Dalí”-. Así, en mayo de 1955, habiéndome golpeado en el codo, volví a pensar intensamente en "La encajera". Pedí entonces al conservador-jefe del Louvre que me autorizara a realizar una copia del cuadro de Vermeer. Con gran lujo de precauciones, el cuadro fue llevado a una salita donde yo instalé mi caballete en presencia del estado mayor de los conservadores y de algunos amigos. Observaba con la mayor atención ese cuadro turbador que tiene por centro excitante una aguja que nadie ve y que ni siquiera está pintada, sino sugerida. Me pareció de repente que, una vez más, mi codo me dolía y que aquella aguja, clavándose en él, me proporcionaba una sensación paradisíaca. Tras la apariencia de este cuadro, calmo, apacible, imagen de un bienestar tranquilo, se escondía una energía prodigiosa ultrapicante que tenía para mí el valor del antiprotón que se acababa de descubrir. 
Me acerqué al cuadro y con mi bastón tomé algunas medidas para comprobar algo que intuía. Los conservadores, que no osaban intervenir, intercambiaban temerosas miradas al ver de qué salvaje manera me acercaba a una obra que consideraban un tesoro único. De repente, tracé sobre mi tela, con gran sorpresa de todos, unos cuernos de rinoceronte en lugar de la encajera que yo quería copiar. Su aprensión se tornó en estupefacción. Ni yo mismo comprendía exactamente el sentido de mi obra. Todo el verano había estado trabajando en el tema de "La encajera" y al fin me daba cuenta de que mi intuición había coincidido y alcanzado las curvas logarítmicas del cuadro que dibujaban exactamente unos cuernos de rinoceronte. 
En Portlligat me procuré una colección de cuernos de rinoceronte que, en mis sueños, se pusieron a moverse como constelaciones formando primero cortezas de pan amalgamadas, y luego, poco a poco, se ordenaron en un ballet de corpúsculos que reproducían "La encajera". Adquirí una cincuentena de reproducciones del cuadro de Vermeer y las esparcí por mi olivar, e incluso cuando iba a la playa a bañarme con Gala me llevaba una de esas copias. 
Entregándome a mi obsesión hasta la saciedad, proseguía mis investigaciones sobre la morfología del girasol, tan caro a Leonardo da Vinci, y entonces descubrí en las espirales del girasol el módulo de los cuernos del rinoceronte. Milagro más grande todavía: las curvas casi logarítmicas del girasol dibujaron pronto a mis ojos el peinado de la encajera, su cojín, como un cuadro divisionista de Seurat. Fue un rayo de luz cegador. El cuerno del rinoceronte era un ejemplo perfecto, creado por la naturaleza, en espirales logarítmicas, y su bestialidad se oponía a la gracia de la encajera, expresión de la castidad, de la pureza, de la monarquía absoluta. La encajera resultaba ser, así, el símbolo puro del máximo en la punta de la nariz. El cuerpo de rinoceronte machacado es un poderoso afrodisíaco. Lo bello y Eros son uno. Ese admirable animal no se contenta con llevar un sexo sobre su nariz; su coito dura cerca de una hora. Desarrolla un ceremonial daliniano que le lleva a señalar su territorio disponiendo sus excrementos como si fueran los mojones de su propiedad. Tanto refinamiento merece respeto y una observación atenta. 
Analicé con este criterio el rostro de Gala, que reproducí (sic) con dieciocho cuernos de rinoceronte, y lo mismo hice con un cuadro de Rafael; pero como todo está en todo y recíprocamente, al estudiar el culo del rinoceronte descubrí que representaba exactamente un girasol plegado. Así que este animal tiene sobre la nariz el más bello de los módulos y detrás una galaxia de curvas perfectas. Pronto caí sobre la fotografía de una de una coliflor, y no cejé hasta procurarme una montaña de coliflores para comprobar si la encajera se encontraba también entre sus efloraciones. Lo estaba. Mi fuerza mística y mi visión paranoica eran tales que, desde entonces, todas las verdades manifiestas del mundo me resultaban manifiestas. No todo el mundo puede tener un codo tan sensible como el mío. Ni todo el mundo puede ser daliniano, pero cada cual puede aprovechar la ascesis daliniana y abrir sus ojos con lucidez sobre la realidad. El código social de una ciudad perfecta está compuesto de éxtasis que transforman –ellos solos- el deseo, el placer, la angustia, las opiniones, los juicios, en algo sensacional situado a igual distancia del sueño y de la realidad. Lo repugnante resulta, así, deseable, el afecto se transforma en crueldad, lo feo en bello, el defecto en cualidad, y las cualidades pueden verse como negras miserias. Un mundo en éxtasis no se puede imaginar. Es preciso sumergirse en él para vivirlo." 


Finalmente un completo documental que reflicte a vida do artista: Dalí, maestro de sueños. Permítenos acercarnos á súa persoa e á creación do seu personaxe.






07/06/09

HIPER-REALISMO

O Hiper-realismo trata de reproducir o máis exactamente posible a realidade, amosando todos os detalles que o ollo humano non chega a captar. Dentro desta corrente situamos a pintores españois coma Antonio López, se ben a orixe do movemento está nos Estados Unidos nos anos 60 do pasado século.
Na escultura traballan con representacións a tamaño natural que amosan unha extraordinaria aparencia de vida, incluso as figuras poden ir ataviadas con vestimentas reais, así nos presenta Duane Hanson a clase media americana.


Sen embargo a obra de Ron Mueck, artista australiano, sorprende aínda máis pola nudez das súas personaxes, nelas non hai ningún aditamento, non hai crítica, non son caricaturas, é a realidade máis sinxela do ser humano. Procedente do mundo dos efectos especiais para cine, traballa con fibra de vidro e silicona para facer esculturas que chegan a medir ata 5 metros.



Unha visión máis divertida da realidade á a obra fotográfica de Carl Warner, observa e deduce os compoñentes que configuran a paisaxe. Mira outras imaxes.






CANTEIROS DO PASADO E RESTAURACIÓNS DO PRESENTE


Os canteiros adoitaban deixar marcas para indicar a autoría do traballo, equivalía á súa sinatura. Outras opinións consideran que son o equivalente das facturas, marcando na pedra o punto do traballo realizado e cobrado.
Habitualmente tratase de signos sinxelos coma letras, números ou cruces, pero ás veces eran máis orixinais con figuras de ferramentas, instrumentos musicais, formas vexetais, obxectos diversos (como a chave de abaixo), etc.


Na Catedral de Santiago

Se a arte románica é unha arte simbólica, biblia pauperum, e os artesáns debían reflectir o mellor posible as ideas a transmitir, tiñan sen embargo un espazo no que traballar con maior liberdade, os canzorros. Os motivos son do máis diverso: seres fantásticos, animais, figuras humanas, anxos, formas vexetais ou xeométricas, e os máis curiosos, aqueles que representan escenas eróticas e obscenas.

Todo isto é sabido, pero, se visitamos algunhas catedrais e igrexas españolas encontramos cousas verdadeiramente asombrosas. Miras as imaxes:

1. Catedral de San Antolín de Palencia:
un fotógrafo nunha gárgola


2.- Catedral Nova de Salamanca, Portada de Ramos: un coello, un astronauta, un demo comendo un xelado, unha cegoña,...





3. Santa María a Maior de Trujillo (Cáceres): o escudo do Athletic de Bilbao nun capitel


4. Na Catedral de Calahorra (A Rioxa), encontramos un teléfono móbil, con data das súa execución.

E en Escocia na abadía de Paisley, encontramos un verdadeiro alien.

A mesma idea na Capela de Belén en Saint-Jean-de-Boiseau (Francia), mais aliens e gremlins



Todos estes xogos deben ter outro significado: está en relación coas restauracións. INVESTIGA




FUNDICIÓN EN BRONCE POR CERA PERDIDA

A técnica de cera perdida é unha técnica básica para elaborar esculturas en bronce de gran tamaño e non necesariamente macizas.
Mira a publicación para comprender o procedemento.




Para completar esta información mira o vídeo que segue e a páxina, en inglés, que presenta un bo esquema do proceso


>


Tamén podes descargar este arquivo elaborado poolo departamento de Xeograía e Historia do IES Arzobispo Valdés, de Salas (Asturias)


  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir