29/08/17

RAFAEL, Madonna do xílgaro




CATALOGACIÓN

Óleo sobre táboa coñecido como Madonna ou Virxe do xílgaro, realizada por Rafael Sanzio nos primeiros anos do século XVI. Corresponde estilisticamente ó Cinquecento, o período clásico do Renacemento italiano.
Foi un regalo do pintor ó seu amigo Lorenzo Nasi con motivo da súa voda, pintada durante a súa estadía en Florencia.
Representa a Virxe có Neno Xesús e san Xoán Bautista nunha pasaxe puramente anecdótica, cando os dous nenos están a xogar cun xílgaro, pero que simboliza a paixón de Cristo.
Rafael de Urbino comezou a súa aprendizaxe no taller de Perugino, un pintor do Quattrocento. O seu traslado a Florencia abriulle os ollos a novas influencias, especialmente a de Leonardo de quen asimilou as composicións piramidais e o esfumato. Pasa a Roma chamado por Xulio II para pintar as estancias do Vaticano (A escola de Atenas), traballo que continuará para León X. Aquí observase un cambio de estilo baixo a influencia de Miguel Anxo que estaba a pintar a Sixtina. Á morte de Bramante foi nomeado arquitecto pontificio, ó tempo que seguiu traballando cun importante taller cheo de aprendices en obras para o Vaticano e moitos outros clientes (especial interese, os retratos de gran penetración psicolóxica).
Na súa curta vida realizou grande cantidade de obras exemplo dun estilo amable, en composicións claras e simétricas, disposicións elegantes, idealizadas belezas, luminosidade diáfana e colorista. Chamado o Divino, é considerado un artista cuia maior virtude foi asimilar as ensinanzas dos grandes mestres, pero tamén é certo que logrou configurar un estilo persoal e diferenciados dos outros pintores.

CONTEXTO


...

ANÁLISE


As tres figuras sitúanse no marco dunha ampla paisaxe coa liña de horizonte notablemente alta. Por detrás discorre un río, atravesado por unha ponte á esquerda, mentres a dereita se adiviña un castelo no alto e un mosteiro. A cada lado unhas arboriñas, características da escola de Umbría, flanquean as personaxes.
Moito hai de Leonardo na obra: a interrelación psicolóxica, a composición, o esfumato que evocan directamente o grupo de Santa Ana, a Virxe e o Neno ou a Virxe das Rochas.
As miradas e os xestos entrelazan as tres figuras. María, sentada sobre unha rocha, repousa o libro sobre as pernas mentres se xira e dirixe a mirada ó tempo que o acolle coa man esquerda a Xoán, que vestido con pel de camelo -alusión á súa vida no deserto- mostra o paxaro ó Neno. Xesús, apoiado entre as pernas da nai, xira a cabeza cara ó seu primo e achega a man ó xílgaro.
O esquema compositivo segue o modelo piramidal de Leonardo, forma pechada e centrípeta, do mesmo modo que a acumulación de azuis no fondo e a luz esvaecida. A figura de María actúa como eixe central de simetría con dúas partes laterais ben compensadas: os nenos, as árbores, as montañas
Pola contra, o modelado das figuras ten que ver directamente con Miguel Anxo como se constata especialmente no xeonllo dereito de María, disposto en escorzo e traballado cun volume e unha prominencia que o fai superar o plano-límite do cadro. Anatomicamente as formas son redondeadas, cos nenos espidos como símbolo de pureza.
Sobre os ocres e verdes da paisaxe do primeiro plano, con flores tratadas minuciosamente, e os azuis do fondo, a figura de María destaca polo contraste clasicista de azul e vermello da súa vestimenta -típica cor nas Virxes de Rafael- como fórmula de temperar por medio das cores complementarias: as cores frías, azul, e as cores cálidas, vermello. A luz cenital, simbolicamente identificada co divino, ilumina paisaxe e figuras sen provocar fortes sombras
Certamente Rafael é un artista sincrético, pero o seu estilo máis persoal está na doce serenidade da escena, con pequenos detalles anecdóticos como o pe de Xesús que pisa o de María, con esa beleza idealizada ben visible no ovalado rostro da Virxe, coa luminosidade xeral, clara e alegre que inunda a composición
A obra exemplifica os ideais do clasicismo: equilibrio formal, claridade compositiva, poucas figuras sobre un fondo que non distraia a atención, xogo de cores complementarias, luminosidade diáfana, beleza idealizada, visión humanista e amable con tratamento moi natural.
Outras obras de Rafael conteñen o mesmo tema: a Madona do Prado, A fermosa xardiñeira, Madonna do belvedere. Foron obras moi do gusto do público e moi difundidas a través de grabados.







PALACIO PITTI



CATALOGACIÓN

Obra arquitectónica de carácter civil, unha residencia urbana pacega da familia Pitti en Florencia. Considerase deseñada por Brunelleschi se ben faleceu antes de comezaren as obras polo que a súa autoría adoita circunscribirse ó esquema central.
Realizado no Quattrocento italiano, na segunda metade do século XV, serve de exemplificación do movo modelo de residencia renacentista dos nobres e ricos burgueses florentinos que, renunciando ós edificios fortificados, constrúen as súas ricas vivendas integradas na cidade e abertas a ela.

CONTEXTO

......

ANÁLISE

A dificultade para inspirarse na Antigüidade clásica no caso dunha edificación habitable situada nunha rúa da cidade, era grande posto que non existían modelos romanos, e aínda que houberan sobrevivido non servirían xa que as necesidades e os costumes cambiaran; tampouco se podía edificar ó modo dos templos. Había que buscar unha solución na que confluíse a funcionalidade e as formas clásicas. A resposta estivo no repertorio decorativo.
O Palacio Pitti, neste caso situado no extrarradio, exemplifica os trazos que definen estas residencias:
-volume pechado organizado en torno dun patio central, pois a vida concíbese cara a dentro. Se ben se eliminan as torres defensivas, o carácter pechado crea unha masa con aspecto de fortaleza que deixa constancia do poder económico e político dos seus donos.
- articulación horizontal marcada pola división en tres pisos subliñada polas marcadas cornixas e balaustradas que os separa así como polas fiestras
-a gradación do aparello almofado, xa empregado na arquitectura romana: na planta baixa os sillares sobresaen de xeito moi marcado e desigual, nas plantas superiores o almofado é menos alto e perfectamente regular
- sucesión rítmica das fiestras e os arcos de medio punto adovelados que as enmarcan
-a decoración limítase ós elementos construtivos, o mesmo aparello e os ventanais
A este esquema responden outros palacios florentinos: Medici-Ricardi, Rucellai e Strozzi
Os Pitti ó se arruinar venderán o edificio ós Medici que o ampliaron considerablemente.






VAN EYCK- A VIRXE DO CHANCELER ROLIN



CATALOGACIÓN


Cadro de pequeno tamaño -pouco máis de medio metro-, realizado a óleo sobre táboa, obra do pintor flamengo Jan van Eyck no século XV, exemplifica da evolución da pintura gótico cara ó Renacemento, do mesmo xeito que antes, no Trecento se fixera en Italia (Giotto).
A técnica do óleo ........................ lles daba mais brillo.
Sendo unha obra de carácter relixioso coa presencia da Virxe e o Neno Xesús, tamén se trata do retrato no que o doante ou comitente, o chanceler Nicolás Rolin, un dos homes máis poderosos do momento na corte borgoñona, recibe a bendición do Neno que lexitima o seu poder. Ocupa unha posición de igual a igual, fronte á Virxe, o que non deixaría de ser unha irreverencia máxime tendo en conta que o retrato fíxose en vida. Pero non se trata da representación do mundo visible senón dunha visión interior que sente o chanceler mentres reza axeonllado na súa capela. Foi encargada polo chanceler para colocar na súa capela privada.


CONTEXTO


....


ANÁLISE (con lupa, Louvre)


O escenario: interior e exterior, o solemne e o humano da paisaxe. Punto de vista alto
a logia, o xardín amurallado e a paisaxe
Descrición: o chanceler, a Virxe, o Neno. Realismo fronte a idealización. Miradas
Dúas metades: lado terrestre - lado celestial; tamén na paisaxe do fondo. A ponte e o río
Perspectiva lineal e atmosférica
Luz e cor
Detallismo
Alegorías: flores, urracas, pavos reais,..











GIOTTO, Bico de Xudas



(Tomar de Giotto nesta entrada)

Tema.... Momento de máxima emoción, xusto antes de que se produza o bico
Fondo neutro sobre o que destacan as lanzas, os paus e os fachos en alto
Composición: Xesús e Xudas no centro, encontran as miradas -severa e torba-, rodeados, diagonal
Xesús, recoñecible polo nimbo, pola beleza, dozura e serenidade, máis alto que Xudas -fealdade- (o ben fronte ó mal)
Dous planos de acción: serenidade diante, violencia e tumulto detrás (incluíndo a Pedro)
A expresividade: confusión e dramatismo
As formas: figuras de perfil (agás unha de costas á esquerda, e de fronte á dereita); a masa de xeito arcaico (formas definidas no primeiro plano e grupo de cabezas sobresaíndo detrais, nun bloque indeferenciado); modelado pola cor e o claroscuro
Luz e cor (destacar o amarelo do manto de Xudas, cor cálida e saínte, centra a escena)







  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir