SAN CARLOS DAS CATRO FONTES
CATALOGACIÓN
Foi o seu primeiro encargo en Roma, no 1637, e o primeiro en solitario tras de colaborar con Maderno, o que lle vai servir para facerse un arquitecto recoñecido.
O encargo, para a Orde dos Trinitarios Españois, incluía un pequeno convento e a igrexa anexa dedicada a San Carlos Borromeo. Ésta última é a que nos ocupa
É o máximo representante do Barroco anticlásico, imaxinativo e expresivo, diferente das formulacións clasicistas do exitoso Bernini. Os seus heterodoxos presupostos foron nalgúns casos ben criticados, del afirmaba Bellori que era un gótico ignorantísimo e corruptor da arquitectura
Os problemas de partida eran moitos: os Trinitarios, unha Orde austera, contaban con poucos recursos; o espazo dispoñible era minúsculo e irregular, estaba situado nunha confluencia de rúas -unha delas moi estreita-, e ademais estaba alí, na esquina achaflanada, unha das catro fontes dispostas por Sixto V. Contra todo isto loita Borromini e sae vitorioso creando un espazo novo e perfectamente adaptado a isos condicionantes.

Despois de realizar a parte residencial dos frades, acomete as obras da Igrexa no 1637. O seu interior foi rematado en 1641, pero non se comezaron as obras da fachada ata o ano 1665 por falta de diñeiro. Borromini morreu no ano 1667, sendo terminada a fachada polo seu sobriño Bernardo seguindo o deseño do arquitecto.
Polas súas pequenas dimensións, foi popularmente coñecida como San Carlino.

CONTEXTO
(... o mesmo que Maderno e Bernini)
ANÁLISE
A obra está marcada polo pequeno solar no que a Igrexa se ía edificar e pola súa forma irregular. Borromini vai empregar elementos de perspectiva para intentar dar sensación de maior tamaño a un edificio de por si moi pequeno.
A planta parte dun rombo transformado nun óvalo disposto en sentido lonxitudinal -contraria á disposición de Bernini en San Andrés do Quirinal- e pechada perimetralmente polos muros “ondulados” en xogo cóncavo-convexo, no que se dispoñen dúas capelas. Unha planta pois, dinámica que resulta difícil acotar visualmente, de modo que o espectador se sinte nun espazo unificado -non hai ángulo algún- e maior do que realmente é.
O alzado, en contra do sentido unitario da planta, está mais seccionado cun poderoso entaboamento marcando a contundente diferencia entre o muro e a cúpula.
O muro articulase con 16 columnas de orde xigante con capiteis compostos, distribuídas en grupos de catro para enmarcar o altar maior, as capelas, os nichos a distintas alturas e as portas, impoñen un marcado sentido ascensional. Rematan soportando un entaboamento continuo que segue as ondulacións da planta acentuando o dinamismo deste interior.

Sobre a cornixa do entaboamento apoian catro bóvedas de cuarto de esfera -de sección elíptica nos lados maiores- e pechinas, para dar paso á gran bóveda de base oval. Todas as bóvedas se adornan con casetóns, con floróns e un frontón, nas inferiores; a superior, con octógonos, hexágonos e cruces gregas -emblema dos Trinitarios- diminuíndo de tamaño en altura nun xogo de perspectiva que a agranda e eleva.
A iluminación lógrase por unha lanterna no seu centro e polas catro fiestras na base da cúpula. E todo en branco, sen cor, e en estuco, un material económico.
Se xa o interior é dunha complexidade xeométrica notable, será na fachada onde Borromini nos deixe unha obra mestra conxugando de novo elementos cóncavos e convexos para crear un movemento continuo que a fai plástica, flexible e pictórica -esixe visión lateral, non só frontal-
A mesma concepción, como unha arquitectura máis modelada que construída -incluso diríamos coma unha grande cortina a modo de retablo-, orixina que semelle un obxecto, un puro ornato que xurde desde o muro para invadir a rúa -algo, por certo, moi barroco-.
Organízase en dous pisos divididos polo groso entaboamento que sostén a balconada, e tres corpos verticais -corpos e rúas coma un retablo- marcados pola presencia de columnas de orde xigante. En absoluto existe correspondencia entre esta estrutura externa e o interior, preséntase como unha realidade independente do contido que alberga.
Toda a superficie se ondula cunha triplo flexión de cóncavo-convexo-cóncavo no corpo inferior e na balconada, ondulación que se transforma no segundo corpo en cóncavo-cóncavo-cóncavo e así se transmite á ó groso entaboamento superior e á balaustrada final.
Sendo toda a superficie dinámica polo xogo de curvas opostas que crea marcados contrastes de luz, recalca as contraposicións en cada nivel: agora pequenas columnas encadran portas, fiestras e nichos, uns alintelados e outros en arco de medio punto; se a rúa central é cóncava na piso alto, insire unha especie de templete que se despega en curva coincidente coa balconada.
E por último, a ornamentación apoia nos elementos arquitectónicos, inclúe relevos ornamentais nos óculos, nos nichos e nos entaboamentos, as estatuas dos santos, a inscrición votiva no friso inferior. Toda a organización estrutural parece dirixir hacia o alto, desde o edículo de San Carlos Borromeo, a través do templete da balconada ata o poderoso óvalo -un medallón con pintura ó fresco dedicada á Coroación da Virxe María- sostido por anxos que rompe o entaboamento e a balaustrada do coroamento.
En síntese, unha fachada dinámica e ondulante, teatral, contrastada no xogo de opostos curva-contracurva, oco-baleiro, luminosidade-penumbra. Unha fachada que sen corresponder co interior, responde ós mesmos presupostos arquitectónicos.

Con esta obra Borromini converteuse nun dos arquitectos claves do Barroco caracterizado pola ruptura coa tradición clásica polo gusto polo desequilibrio, as liñas curvas e a preferencia polo óvalo menos estático que o círculo, o movemento sinuoso, a teatralidade, o exceso decorativo, os xogos lumínicos, …
Será moi contestado e desprezado no período seguinte, o neoclasicismo, pero será de novo reivindicado polo movemento modernista, influíndo en autores como Gaudí por exemplo na súa casa Milá ou na varanda da praza do Parque Guell.
VISITA VIRTUAL
VISITA VIRTUAL