O século XVII é unha época de cambios en Europa derivada da crise política (guerras de relixión), económica (bancarrota das monarquías francesa ou hispánica), social (crecente burguesía mercantilista), científica e filosófica (Descartes, Copérnico, Newton, Kepler).
O optimismo renacentista derrubouse e deu paso á dúbida e a angustía.
O termo barroco empregouse con sentido despectivo, hoxe pola contra está revalorizado, non é unha dexeneración do Renacemento, crea unha linguaxe propia ben para responder aos principios da Contrarreforma, aos intereses das monarquías absolutas ou aos gustos da burguesía.
Trazos xerais:
- busca: o movemento, a tensión dramática, a sensación escenográfica, a irregularidade, a sorpresa.
- rexeita: a razón, o equilibrio, a proporción, a medida.
Igrexa
- Barroco católico da Contrarreforma: Italia e España cos seus dominios (Flandres)
- Arte claro e comprensible, estimulante da piedade non razoada
- Imaxe imbuída de misticismo, ascetismo, heroísmo, erotismo e crueldade
Monarquías
- Barroco cortesán do absolutismo, propagandístico: Francia
- A figura mitificada do rei: asociación coa mitoloxía, ecuestre ...
Burguesía
- Barroco burgués e protestante: Países Baixos
- Autoafirmación a través da representación do seu mundo e da súa vida
- O realismo popular dos bambochantes
ARQUITECTURA
En correspondencia ó novo Estado nacional, o Barroco crea a cidade-capital representativa dunha totalidade territorial.
No plano estético é herdeira dos teóricos do Renacemento (Vitruvio) pero sumando a concepción da cidade como obra de arte de inmediata percepción visual servíndose dun instrumento idóneo: a perspectiva. O Barroco ordena o mundo como panorama de acordo cos principios de Lavedan: perspectiva monumental, liña recta que leva consigo perspectiva, uniformidade que supedita o particular ó conxunto.
Podemos exemplificalo na remodelación do Paseo do Prado en Madrid ou na planificación ex novo da cidade alemana de Karlsruhe e, sobre todo, en Roma que quere mostrarse como capital do catolicismo para transmitir o seu poder, difundir os dogmas e verdades de Trento e espertar o sentimento relixioso en espazos acordes a tal fin.
Os resultados de tales obxectivos maniféstanse en:- creación do modelo de igrexa xesuítica (analizado na Igrexa do Gesú)
- no urbanismo coa remodelación de Roma, caput mundi do novo catolicismo, promovida por Sisto V e levada a cabo por Fontana. A finalidade era que a ruta dos peregrinos que visitaban as basílicas maiores (1 a 4) e as menores (5 a 7) fose clara a través de novas vías regulares de conexión -nivel horizontal- e que os puntos relevantes resaltaran en prazas sinaladas verticalmente grazas aos obeliscos e columnas (cristianizados, por suposto), fontes e as grandes cúpulas das igrexas.
Planificación de vías de reordenación urbana. O realizado, marcado en verde1-San Pedro, 2- S Pablo Extramauros, 3- Santa maría a Maior, 4- S Xoán de Letrán, 5- S Lourenzo Extramuros, 6- Sta Croce, 7- S Sebastián Extramuros |
|
PLANTAS | MATERIAIS | SOPORTES |
---|---|---|
Idea de espacio continuo. Prefire plan central -elípticas, ovais, formas xeométricas complexas (para innovar e sorprender)- mantendo as lonxitudinais acordes aos principios de Trento. | Cantería de perpiaños en pedra, mármore de cores para os interiores, bronce para decoración | Ordes clásicas alteradas: fustes salomónicos; atlantes; estípites; ordes colosais; entaboamentos curvos. A miúdo ornamentais. Contrafortes en forma de volutas
|
CUBERTAS | ORNAMENTACIÓN | ARCOS |
Mantén a cúpula pero aniquila a súa forma por pinturas, estucos ... (ilusionismo). Introduce bóvedas ovais, estreladas,... |
Abundante e variada chegando a ocultar os elementos estructurais. Emprega todo tipo de elementos curvos e mixtilíneos, formas quebradas, que favorecen os contrastes lumínicos: volutas, elipses, óvalos, aletóns, cortinaxes, frontóns alternados, molduras. Integra a escultura | Segue a utilizar arcos de medio punto, pero tam´ne elipticos, mixtilíneos |
EXTERIORES | INTERIORES | VANS |
Concepción de masa única, como grandes esculturas. Fachadas de orde xigante, pantalla sen conexión co interior, posúen valor autónomo e sobresaen cara a fora, con formas cóncavas e convexas que as dinamizan. Importantes escalinatas que invaden a rúa |
Efectos fantásticos por medio de luces, trampantollos, perspectivas ficticias,.. Ostentosos porque simboliza a riqueza e a santidade
|
Introduce os de traza oval |
Prazas: circulares, elípticas, cuadrangulares, triangulares. Enmarcadas na ordenación e uniformidade urbanística | Palacios e conxuntos residenciais.Modelo de palacio-xardín | Igrexas (modelo do Gesú de Roma) |
A Catedral de Compostela recibiu toda unha transformación barroca tanto interior -capelas, baldaquino, órganos,..- como exterior.
ESCULTURA
TRAZOS ESTILÍSTICOS | |||
---|---|---|---|
Rotura do equilibrio clásico. Multiplica os puntos de vista grazas ós escorzos, a liña serpentinata, roupaxes ó vento,..
|
Cumio da acción | Xogos de texturas, por primeira vez esculpe as nubes | |
Composicións dinámicas, centrífugas | Efectos lumínicos e claroscuros | Naturalista e verista na expresión do pathos | |
Inmersa na cidade, subordinada á arquitectura pero integrada nela | Todos os xéneros: relixioso (importancia dos santos e mártires), retrato, mitoloxía, funerario, ecuestre, alegorías, ...
|
Variedade de materiais: mármores de cores, bronce, madeira, alabastro, ... |
En ITALIA precisamos citar a Stefano Maderno (Martirio de Santa Cecilia) como predecesor do barroco, e a Corradini (ver "formas veladas"), se ben todo o período está dominado pola figura de Bernini de quen temos falado ampliamente na análise de varias das súas obras: Apolo e Dafne, Éxtase de Santa Teresa, Baldaquino de San Pedro do Vaticano). Así que nos limitamos a revisar algunha outra obra:
FRANCIA segue os principios academicistas da arte cortesán
ESPAÑA. Tras do paréntese purista renacentista, torna ó realismo. presenta características propias
- Escasea a escultura exenta civil (estatuas ecuestres en bronce: Filipe III e Filipe IV -Pietro Tacca-)
- Dado que case o único cliente é a Igrexa, domina a temática relixiosa e contrarreformista (carácter pedagóxico) en madeira: retablos e tallas (revisar as técnicas)
- A súa finalidade é “persuadir os homes á piedade e levalos a Deus”, por iso ha de empregar a linguaxe do verosímil para emocionar e conmover
CASTELA (Valladolid e Madrid) Esaxerado realismo, máxima expresividade case caricaturizada, dinamismo. Abandona o dourado............. - GREGORIO FERNÁNDEZ (Cristo xacente, Piedade) |
ANDALUCÍA (Sevilla, Granada) Realismo un tanto idealizado, sen esaxeracións. Beleza, equilibrio, serenidade, formas suaves MARTÍNEZ MONTAÑÉS, ALONSO CANO, PEDRO MENA |
MURCIA Naturalismo, idealización, avanza cara ó rococó SALZILLO (graza, elegancia, colorista; introduce os beléns; pasos de moitas figuras, complexas composicións) | .... ...... |
PINTURA
TEMAS | ||
---|---|---|
Relixiosos, incidindo naqueles derivados da Contrarreforma: Inmaculada, santos, sacramentos, martirios, milagres | Retrato naturalista. O rei con símbolos de maxestade (mesa, trono, espello). As corporaciñons burguesas. | Vida cotiá e interiores burgueses |
Bodegón/Natureza morta | Vanitas. O macabro e o triunfal da morte | Paisaxe |
TENDENCIAS | ||
Clasicista | Naturalista | Decorativa |
TRAZOS ESTILÍSTICOS | ||
Predominio da cor e da mancha sobre o debuxo | Composicións asimétricas e centrífugas | Dinamismo |
Claroscuro, tenebrismo | Profundidade/Perspectiva aérea. Predomina o valor visual | Naturalismo |