Fai un tempo, nesta entrada xa tratamos a relación entre a moda e a arte, hoxe toca volver sobre o tema diante desta exposicion de Dior na súa casa museo de Normandía na que se fai unha revisión da influencia do movemento impresionista nos deseños de Christian Dior.
Desde a súa infancia cando a súa nai coidaba con mimo as frores do xardín da casa familiar, Dior amou sempre as frores e a xardinería, sempre sentiu paixón pola natureza,as súas cores.
Xa no 1947 presentou na súa primeira colección, a liña Corolla, é dicir corola en alusión ós aneis dos pétalos das frores. Tamén denominada de silueta en 8 polo dominio das curvas, significou o retorno da feminidade, tras dos duros tempos da guerra caracterizados pola sobriedade, con ben definidos ombreiros, cinturas moi axustadas e grandes saias de moito voo, o que obrigaba a empregar grandes cantidades de tela.
Na liña Tulipán de 1953, con marcados bustos e cadeiras, a inspiración está nos pintores impresionistas: Degas, Monet, Renoir, Van Gogh, Seurat, Bazille... Non é de estrañar pois el mesmo se desenvolvía no ambiente de artistas plásticos, ademais de ter sido galerista, e músicos. De moitos foi amigo e lles dedicou algún dos seus deseños, mira estes exemplos
A influencia impresionista mantívose noutras coleccións propias e dos novos deseñadores da casa Dior como John Galliano ou Raf Simons.
A exposición presenta máis de setenta vestidos xunto doutros
accesorios como sombreiros ou zapatos que se acompañan de lenzos e debuxos que
suxiren a conexión estética e temática entre a moda e a arte, entre a
costura e o impresionismo.
A comisaria da exposición, Florence Müller, sinala
O vínculo indiscutible cos impresionistas era o interese pola natureza. Estos pintores, amantes das paisaxes, trasladaron os seus cabaletes ó aire libre, rexeitando o taller. Dior ideou tamén moitas deas súas coleccións no xardín dos seus refuxos en Granville, Milly-la-Forêt y Montaurou.