Amosando publicacións coa etiqueta impresionismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta impresionismo. Amosar todas as publicacións

17/10/20

IMPRESIONISMO


A cor é a miña obsesión diaria, a miña alegría e o meu tormento
Claude Monet


Constitúe o primeiro dunha serie de movementos estéticos que han de conformar, dende finais de século, un período sumamente complexo, heteroxéneo e disperso: a época dos ismos ou vangardas. Son propostas diferentes cara á arte pura, que culminarán na abstracción.
Como corrente só durou unha década (1872-1882) sen chegar a constituír unha escola con principios fixados.

AS ORIXES

  • As transformacións políticas, sociais e económicas perden importancia. Céntrase en formulacións sobre a esencia da arte
  • As vías de formación son: o contacto coa Natureza, os grandes mestres do pasado (inclúen a Goya) e o intercambio de experiencias entre os propios artistas
  • O artista busca experimentar e abrir novos camiños, crea por conta propia, sen encargos (desaparece o clientelismo). Identifícase coa vida bohemia e un certo malditismo. Conforman unha minoría que emprende novas formulacións, a miúdo incomprendidas e rexeitadas pola sociedade (a propia denominación é pexorativa). Este sentido de adiantados é a base para a configuración das vangardas, concepto chave na historia da arte do XX 
  • As Academias son substituídas polos marchantes e as galerías de arte, que recibiron ben as novas formas, pero a burguesía segue a preferir a arte oficial
  • Antecedentes
    • paisaxistas ingleses: Constable e Turner
    • Corot e a escola de Barbizon
    • Manet
    • Realismo, pero buscando transmitir o que o ollo non ve
    • Tamén figuras do pasado como O Greco, Rubens, Velázquez e Goya
  • Influencias:
    • A fotografía ensinou un novo xeito de mirar o mundo en realidades fragmentadas captando o inmediato e fugaz, amosando ángulos inéditos, representando espazos asimétrico e recortados, e, sobre todo,  plasmando a luz e os seus efectos
      A fotografía serviu  para cotexar as posicións durante un movemento (as cronografías de Muybridge sobre o galope do cabalo demostrou os erros da obra de Gericault en Derby de Epson). 

      Moitas son as semellanzas entre fotografías de Goustave le Gray, Eugène Cuvelier, Charles Marville, Eduard Baldus e obras de Bazille, Pissarro, Monet, Guillaumin, Boudin. Algúns pintores tamén tomaron fotos para logo plasmar as imaxes nos seus lenzos.

    • A estampa xaponesa, (ukiyo-e: pinturas do mundo flotante) que chega a Europa coa apertura do mercado xaponés. Amosan formas simplificadas, tintas planas en áreas de cor, efectos de bruma nas atmosferas, ausencia de sombras, despreocupación pola perspectiva, encadres asimétricos, sen liña de horizonte ou moi alta, recortes abruptos laterais, planos medios baleiros. O artista deleitase coas leves mutacións atmosféricas e lumínicas polo efecto da choiva ou do vento, ou cos fugaces momentos de cambios nos xestos. 
    • Os impresionistas (e postimpresionistas) coleccionaron estampas xaponesas (Degas, Monet, pintáronas nos seus lenzos, copiáronas (ver as de van Gogh)
      Ou se serviron delas como fonte de inspiración, como vemos en obras de Monet e de Degas


    OS TRAZOS DUN ESTILO PICTÓRICO

    O pintor debe pintar o que ve, a sensación que reciben os seus ollos, aínda que saiba que as cousas son de maneira distinta a como as percibe. É a impresión visual  o que hai que transmitir. Polo tanto as luces ou as condicións atmosféricas, influirán decisivamente no aspecto sensible das cousas, de tal modo que as formas non son iguais a si mesmas en ningún momento.


    TEMAS (sen argumento nin mensaxe)
    Paisaxes urbanas (os escenarios industriais -pontes, fábricas, ferrocarril-, a cidade moderna) e campestres -xardín, rural,natural- A vida decotío e o mundo do ocio, en interiores e exteriores naturais
    Retrato, individual ou familiar. Instantánea
    Bodegón/natureza morta Captar máis o ambiente xeral, non os detalles senón as sensacións, o efémero. Interese na percepción das formas en movemento
    LUZ e COR, verdadeiras protagonistas
    Plein air
    (retratos)

    Incidencia da luz cambiante que modifica a cor (series) Vibración da luz, reflexos na auga
    Gama reducida, luminosa. Cores primarias, disociadas, xustapostas. A percepción fai a mestura e define as formas Pinceladas curtas, rápidas, enérxicas, pastosas. Sen liñas que delimiten as formas
    Sombras: no lugar do negro (non existe na natureza) empregan as cores complementarias o obxecto que as produce
    COMPOSICIÓN
    Encadres inusuais, asimétricos Rexeita a perspectiva académica Non busca espazo racional tridimensional

    REPRESENTANTES




    A ESCULTURA

    Os acabados rugosos e bosquexados responden á concepción impresionista ó tempo que nos retrotraen á técnica do non finito que xa temos visto.
    Se os temas pictóricos adoitaban ser intranscendentes, a escultura materializa a paixón e o drama humano, ás veces en obras de carácter colosal
    Enlaza tamén có estilo a importancia dada á luz e a procura do movemento que multiplica os puntos de vista.
    En calquera caso, o Impresionismo foi un movemento ante todo pictórico.
    O grande representante é RODIN, cunha etapa final simbolista.
    Sen dúbida a súa grande obra foron As portas do Inferno, un encargo para o Museo de Artes Decorativas que debería ter por tema a Divina Comedia de Dante. Un traballo colosal que lle ocupou máis de 30 anos de traballo.



    O bico

    Camiñante

    Os burgueses de Calais

    A Catedral

    Mais non esquezamos a Camille Claudel, alumna e colaboradora de Rodin con quen mantivo unha relación de amor/odio, amante (coñecéronse canda ela contaba 14 anos e el, casado, 44) pero sempre sen o recoñecemento debido. A súa obra móvese entre o Impresionismo e o Simbolismo.








29/09/13

PASARELA DIOR


Fai un tempo, nesta entrada  xa tratamos a relación entre a moda e a arte, hoxe toca volver sobre o tema diante desta exposicion de Dior na súa casa museo de Normandía na que se fai unha revisión da influencia do movemento impresionista nos deseños de Christian Dior.



Desde a súa infancia cando a súa nai coidaba con mimo as frores do xardín da casa familiar, Dior amou sempre as frores e a xardinería, sempre sentiu paixón pola natureza,as súas cores.
Xa no 1947 presentou na súa primeira colección, a liña Corolla, é dicir corola en alusión ós aneis dos pétalos das frores. Tamén denominada de silueta en 8 polo dominio das curvas, significou o retorno da feminidade, tras dos duros tempos da guerra caracterizados pola sobriedade, con ben definidos ombreiros, cinturas moi axustadas e grandes saias de moito voo, o que obrigaba a empregar grandes cantidades de tela.


Na liña Tulipán de 1953, con marcados bustos e cadeiras, a inspiración está nos pintores impresionistas: Degas, Monet, Renoir, Van Gogh, Seurat, Bazille... Non é de estrañar pois el mesmo se desenvolvía no ambiente de artistas plásticos, ademais de ter sido galerista, e músicos. De moitos foi amigo e lles dedicou algún dos seus deseños, mira estes exemplos


A influencia impresionista mantívose noutras coleccións propias e dos novos deseñadores da casa Dior como John Galliano ou  Raf Simons.
A exposición presenta máis de setenta vestidos xunto doutros accesorios como sombreiros ou zapatos que se acompañan de lenzos e debuxos que suxiren a conexión estética e temática entre a moda e a arte, entre a costura e o impresionismo.
A comisaria da exposición, Florence Müller, sinala
O vínculo indiscutible cos impresionistas era o interese pola natureza. Estos pintores, amantes das paisaxes, trasladaron os seus cabaletes ó aire libre, rexeitando o taller. Dior ideou tamén moitas deas súas coleccións no xardín dos seus refuxos en Granville, Milly-la-Forêt y Montaurou.
En palabras de M. Dior
Ao final, todo o quen sido parte da miña vida, quixérao ou non, exprosouse nos meus vestidos. 
Vexamos unhas imaxes para constatar o dito



Para recalcar esta osmose arte-moda, Raf Simons no seu debut para a casa Dior no 2012 incluíu referentes dos lenzos abstractos de Sterling Ruby.





  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir