Amosando publicacións coa etiqueta Italia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Italia. Amosar todas as publicacións

19/11/19

RENACEMENTO-ITALIA


Entramos en ambiente a todo ritmo


Constitúe un dos momentos culturais máis importantes de Occidente, con profunda influencia posterior
Fundamentado no antropocentrismo e no racionalismo, defínese pola súa actitude de ruptura coa Idade Media e recuperación da antigüidade clásica para conquistar a realidade, as formas da Natureza, que os antigos tan ben chegaran a plasmar

CONTEXTO HISTÓRICO
O seu inicio ten lugar na Italia do Norte e centro, onde se dan unhas condicións favorables:
  • É a zona máis urbanizada de Europa
  • Son cidades enriquecidas polo comercio a longa distancia
  • Conta cunha burguesía enriquecida, culta, refinada, de gusto exquisito
  • Politicamente son estados independentes (repúblicas, principados, cidades-estado)
  • Teñen próxima fisicamente a herdanza clásica
  • Principais cidades: Florencia (Medici), Milán (Visconti, Sforza), Parma (Farnesse), Mantua, Urbino, Ferrara (Este),..
CONTEXTO CULTURAL: O HUMANISMO
  • O redescubrimento da cultura clásica grecorromana convértea en modelo moral e estético
  • O antropocentrismo substitúe ó teocentrismo, retorna á medida humana. Desemboca nun lóxico naturalismo
  • A beleza obtense a través da harmonía, a proporción e o equilibrio. Non se trata dunha imitación exacta senón dun naturalismo idealizado (tomar o máis fermoso)
  • Imponse o coñecemento científico de tipo experimental, distanciándose da fe. Valoración da ciencia
  • O afán de coñecemento en tódolos campos do saber produce importantes avances científicos e técnicos (xeometría, óptica, navegación,..). A perspectiva
  • O artista, deixa de ser considerado un mero artesán para ser considerado home culto, son traballadores intelectuais porque a arte tamén é unha ciencia e os artistas son humanistas
  • Os mecenas, os que promoven e patrocinan as artes: príncipes gobernantes, familias poderosas, condottieros, papas,.. Acollen os artistas nas súas cortes, ó tempo que son clientes e/ou comitentes
PERIODIZACIÓN
  • Quattrocento ou Renacemento temprano, s. XV
Centro en Florencia
Mecenado dos Médici
  • Cinquecento ou Renacemento pleno, o 1º ¼ do s.XVI
Centro en Roma
Mecenado dos papas
Venecia, novo centro artístico con peculiaridades propias
Síntese das exploracións e investigacións anteriores
  • Manierismo, a partir de 1530
Período de crise con connotacións anticlásicas

ARQUITECTURA


Inspiración: o mundo clásico, coñecido empiricamente ou por textos
Ideais: proporción (figura humana como punto de referencia), simetría (preferencia polas formas perfectas do círculo e o cadrado), harmonía e ritmo, espazo  delimitado e mensurable a primeira vista

APARELLO ALMOFADO SOPORTES ARCOS
Recupera o valor do muro, carácter expresivo
Ordes clásicas con modificacións
De medio punto
CUBERTAS
Bóvedas vaídas
Cúpulas e bóvedas semiesféricas
Cubertas planas
ELEMENTOS ORNAMENTAIS: tectónicos e relevos decorativos
Entaboamentos, casetóns, frontóns, óculos
Grutescos, grilandas
Tondos, medallóns
Veneras
Candelieri
Putti




ESCULTURA


Cando a Igrexa deixa de ser o único comitente comeza a desenvolverse unha arte profana cunha vinculación máis directa co pasado clásico.


TEMAS CANON TIPOS
Incrementa a temática profana: mitoloxía, retratos, alegorías,...
Revaloriza a paisaxe
Dominio da representación do corpo humano. Estudio anatómico
Recuperación do nu
Escultura exenta liberada do marco arquitectónico
Relevo con carácter pictórico: perspectiva, sentido narrativo, texturas e schiacciato
MATERIAIS COMPOSICIÓN MOVEMENTO
Moi diversos (mármore, madeira, bronce,terracota, ...), gran dominio técnico En esquema xeométrico, equilibrado e claro, centrípetas Por medio do contraposto;curva praxiteliana; liña serpentinata; movemento en potencia
EXPRESIÓN PENSAMENTO MANIERISMO
Naturalista e idealizada. Ideal de beleza clásica Humanismo, antropocentrismo e neoplatonismo Rompe coa linguaxe clásica na procura doutras alternativas na expresión artística





 A PINTURA DO QUATROCENTO E CINQUECENTO


É a manifestación artística que presenta maior variedade
Non dispón de modelos clásicos a imitar
QUATTROCENTO
TÉCNICAS TEMÁTICA COMPOSICIÓNS
-fresco sobre muros
-temple (aglutinante de ovo) sobre táboa
-óleo, introducido por influencia flamenga (aglutinante oleoso)
Ademais da relixiosa (cun tratamento máis humano) amplíase con temas profanos (retratos, mitoloxía, alegorías,..) Pechadas, esquemas xeométricos simples (triangulo, pentágono,..)
Simetría
Perspectiva lineal e proporción áurea
FORMAS O RETRATO FONDOS
Naturalistas e idealizadas, importancia da figura humana, a miúdo espida
Preferentemente de tres cuartos
Individualización psicolóxica e beleza idealizada
En estricto perfil como nas medallas e moedas da antiga Roma
Natureza e arquitecturas, integrados na escena, sen a minuciosidade flamenga
LIÑA-COR LUZ MODELADO
Liñas de contorno puras e expresivas. En principio domina sobre a cor
cenital e homoxénea, lóxica e racional, nos primeiros planos, diminuíndo nos fondos. É conceptual, porque no hai foco lumínico definido, posteriormente é dirixida de modo selectivo
Formas modeladas polos efectos de luz e sombra, con resultados ás veces moi escultóricos
CINQUECENTO
COMPOSICIÓN PROFUNDIDADE EXPRESIÓN
Pechada, centrípeta, preferencia polo triángulo
Menos figuras, espazos delimitados
Perspectiva aérea
Comunicación por xestos e miradas
COR LUZ EXPRESIÓN
Impónse sobre a liña, sfumato
Dirixida, ilumina os rostrs, creadora de sombras e de volumes
Naturalistas, importancia dos sentimentos

PINTURA MANIERISTA E VENECIANA


A denominación de manierismo deriva de alla maniera de, utilizado por Vasari para referirse a aqueles artistas que seguían o estilo dos grandes do Cinquecento ao tempo que mantiñan un estilo persoal. Consideran que a linguaxe clásica é insuficiente polo que buscan outras alternativas na expresión artística rompendo coa linguaxe clásica ó considerar que resulta unha vía insuficiente. Neste sentido o primeiro manierista é Miguel Anxo quen coas súas innovacións e a liberdade da súa linguaxe trastoca a orde, a harmonía e o equilibrio entonces dominante.
Tremendamente virtuosas na técnica, déixanse levar polo lúdico, polo efectista e pola experimentación, resultando un estilo deliberadamente artificial, subxectiva e fantástica.

Na segunda metade do s. XVI, Venecia desenvolve un estilo pictórico de personalidade propia, claramente definido polo protagonismo da cor aplicada con intensidade, luminosidade e moi empastada
Se os pintores florentinos buscaron o verismo no dominio do debuxo, na perspectiva e no volume, os venecianos, á marxe do Humanismo e do neoplatonismo, comprenderon que a cor era algo mais que un elemento enriquecedor das formas, que era parte da mesma luz e da realidade mesma. Son os artistas foráneos os que difundiron o  novo estilo, fundado na súa proximidade con Oriente e na arte bizantina.  Terá gran influencia na pintura barroca e particularmente na española do XVII


MANIERISMO (alla maniera de)
COMPOSICIÓNS COR ESPAZOS
Dinámicas, abertas e centrífugas
Intensa e arbitraria
Nin matemático nin xeométrico, cheos de figuras que parecen inundar o cadro
FORMAS MOVEMENTO LUZ

Alongadas, distorsionadas
Disposición helicoidal en liña serpentinata
Tremente e vívida, non homoxénea
EXPRESIÓN BELEZA CONCEPCIÓN
Procura dos efectos sorpresa, desacougo e inquietude
Artificial e artificiosa, á marxe da realidade incluso nos retratos intelectualizados
Intelectualizado, subxectivo, sofisticado, irreal
PINTURA VENECIANA
Luz dourada e cristalina, cor por riba do debuxo
Riqueza e opulencia
Sensualidade nas calidades dos tecidos,dos corpos nus, dos brillos
Importancia dos temas secundarios ou anecdóticos, incluso desprazando o tema principal
Integración das paisaxes de carácter poético, cheas de luces que iluminan desde o fondo
Interiores de gran profundidade, coma escenarios teatrais cheos de elementos ornamentais tratados con moito detalle. Cortinaxes







  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir