- OLEIRO VALENCIANO ou o cacharreiro
CATALOGACIÓN
Trátase dun dos cartóns, en óleo sobre lenzo, realizado por Goya como base para un tapiz da Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara, fundada por Carlos III.
Formaba parte dunha serie destinada a decorar o dormitorio, cámara e alcoba, dos Príncipes de Asturias no Palacio Real do Pardo. A perspectiva de abaixo arriba e o formato indican que a peza estaba destinada a unha sobreventana.
Os Austrias, como bos flamengos, introducían o costume da decoración con tapices e os Borbóns mantiveron este costume.
Tras da súa formación inicial en Zaragoza e dunha viaxe a Italia que será fundamental na evolución do seu estilo, Francisco de Goya y Lucientes termina por se instalar en Madrid como pintor de cartóns no 1775 grazas á mediación do seu cuñado Francisco Bayeu, un dos directores da Real Fábrica. Realizou en total catro series, a primeira sobre a caza e a pesca, que lle serviron como base para o seu acceso á Corte, será nomeado pintor de Cámara do Rei en 1789, e o seu triunfo social.
Os temas dos tapices eran escenas populares de majos e majas, de carácter amable, optimista, despreocupado e luminosos. Reflicten a vida madrileña por medio de figuras idealizadas e galantes en cores alegres e vivos.Se ben algúns sinalan indicios de crítica social, non hai tal senón que responden a unha preocupación, propia da Ilustración, polos costumes e festas populares.

CONTEXTO
Nesta segunda metade do século XVIII, a España do reformismo borbónico adopta a estética neoclasicista difundida pola Academia de Belas Artes de San Fernando como reacción contra do Barroco e da súa derivación rococó. Pero pronto esta arte marcada pola racionalidade da Ilustración resulta excesivamente uniforme, normativizada e pouco naturalista, chegando a limitar a creatividade individual. O seu máximo expoñente foi o francés David.
É así como outra corrente nacida en Gran Bretaña comezou a expandirse: o Romanticismo. Se durante tempo se mantivo en estado embrionario, a caída de Napoleón con quen se identificaba o Neoclasicismo, fíxoo eclosionar. As novas nacións e a burguesía vanse identificar mellor cunha arte dominada polo sentimento individual e de rebeldía marcada polos levantamentos liberais fronte ó poder establecido (Restauración). Os artistas románticos da primeira metade do XIX indagan na Idade Media non no pasado clásico, reflicten os acontecementos do momento, libéranse das directrices das Academias e déixanse levar na súa pintura, pola subxectividade, polo colorido, polas luces vibrantes, polas composicións dinámicas. O seu máximo representante é Delacroix.
Neste eixo entre o Neoclasicismo e o Romanticismo, sitúase Goya quen comezou dentro do decorativismo barroco, sobreviviu ó Neoclasicismo e creou un estilo persoal que senta as bases de boa parte da pintura do XIX e comezos do XX (Romanticismo, Impresionismo, Expresionismo e Surrealismo, principalmente). A súa personalidade individualista e libre supera toda clasificación estilística, se ben sempre considerou que os seus mestres foron Velázquez, Rubens e a Natureza.
No ámbito político a longa vida de Goya discorre desde o reinado de Carlos IV ata o de Fernando VII. Vive pois un momento de grande inestabilidade que pasa pola Ilustración, a Revolución Francesa, a Guerra de Independencia, a Restauración absolutista e as revoltas liberais. No ámbito artístico
Artista incansable, traballa con distintas técnicas (óleo, debuxo, gravado) e con distintos xéneros (retrato, paisaxe, mitoloxía, relixioso)

A súa vida estivo marcada por dous acontecementos, dunha banda a Guerra de Independencia (a Razón finou e os monstros andan soltos) e doutra a enfermidade que o deixa xordo e polo que se illa na súa casa, a Quinta do Xordo, onde levará a cabo o impresionante conxunto das pinturas negras.
Poderíamos diferenciar as seguintes etapas- 1775 chegada á Madrid e triunfo. Os cartóns para tapices (Oleiro valenciano, O quitasol), os retratos de Corte (Carlos III cazador, Familia de Carlos IV, Majas), e da nobreza (Duquesa de Alba, condesa de Chinchón), e os gravados dos Caprichos (O sono da razón produce monstros)- 1808, a Guerra de Independencia rompe o equilibrio. Pintura ó servizo da independencia (Carga dos mamelucos e Fusilamentos do 3 de maio) e e os gravados Os desastres da guerra.- 1820, decepción e retiro na Quinta do Xordo. As pinturas negras (Aquelarre, Saturno devorando o seu fillo)- 1823, exilio en Bordeos. Últimas obras (A leiteira de Bordeos)
ANÁLISE
Estamos diante dunha escena costumista na que se mesturan xentes de distintos grupos sociais: entre xentes de humilde condición discorre a carroza dunha dama de alta clase.
Desde un punto de vista un tanto elevado, a escena organízase en tres planos: no primeiro plano á esquerda, introducíndonos na escena unha figura de costas, un oleiro valenciano e o seu posto de venta de louza onde tres mulleres, dúas mozas e unha anciá, sopesan a mercadoría. No segundo plano un coche de cabalos atravesa de esquerda a dereita, nel viaxa unha dama. No fondo, tras do grupo de mulleres da esquerda, a cidade esvaecida entre as brumas na que se adiviñan algunhas construcións, destacando a grande torre.
A composición organízase por medio de diagonais de profundidade para crear espazo. Unha vai das mulleres do fondo ó can do primeiro término, outra do oleiro ó palafreneiro pasando polos homes que miran á dama sentados na veira do camiño. É esta a principal liña de movemento no medio da quietude que domina a escena, como se dunha instantánea fotográfica se tratase.
Crea varios centros de interese e mestura distintas significacións. No grupo do oleiro, estruturado dentro dun triángulo, no que destaca o coidado bodegón da vaixela disposta no chan, algúns queren ver nas tres mulleres unha escena de prostitución coa celestina e as súas pupilas. No grupo da carruaxe, no que adiviñamos a través da pequena fiestra a silueta a contraluz da dama nun espléndido difuminado, hai que subliñar o xeito no que Goya foi capaz de transmitir a sensación da velocidade, o lacaio de branco case cae cara atrás pola inercia do arranque e as rodas realmente semellan xirar. Como curiosidade queda visible o cambio, un arrepentimento, na colocación da roda traseira esquerda.
A luz do solpor contribúe á dar realismo á imaxe. Desde a esquerda ilumina con rotundidade o grupo das tres mulleres mentres o oleiro queda en penumbra
A paleta, un tanto rococó aínda, inclúe cores puras nunha harmonía de dourados, grises, vermellos e verdes xunto ós azuis do ceo. O tratamento pictórico oscila da minuciosidade e a calidade táctil con que se trata bodegón e o bosquexo a pinceladas máis soltas resto matizando as diferentes texturas.
Tamén aquí mantéñense os trazos que caracterizan os seus cartóns: mestura xentes de distintos estratos sociais, cores alegres e luminosidade.
- MAJAS (NÚA E VESTIDA)
CATALOGACIÓN
Nu feminino de corpo enteiro pintado por Goya posiblemente entre 1797 e 1800. Están realizadas en óleo sobre lenzo en formato apaisado. Parece inspirarse na Venus do espello de Velázquez, pero neste caso non existe transfondo mitolóxico que xustifique a presenza da figura espida o que lle carreou certos problemas coa Inquisición que a cualificou de obscena e pecaminosa. Verdadeiramente non hai tema, non se intenta facer un retrato nin contar unha historia.
Se ben se pensou que o corpo estaría inspirado na Duquesa de Alba, hoxe considerase máis posible que se trate de Pepita Tudó, amante de Godoy. En calquera caso o rostro é unha imaxe idealizada que se adapta a un corpo ben concreto
Xunto coa parella vestida, a parella en principio denominadas xitanas, constituiría un xogo pícaro, habitual na época: o cadro da vestida ocultaría o da espida, pero un mecanismo poñeríao ó descuberto.
Non está tampouco claro quen as encargou. O único seguro é que se trata de obra destinada á aristocracia e que estivo entre as propiedades de Godoy, o poderoso valido de Carlos IV.
Dentro do neoclasicismo pero ...........Non está tampouco claro quen as encargou. O único seguro é que se trata de obra destinada á aristocracia e que estivo entre as propiedades de Godoy, o poderoso valido de Carlos IV.
CONTEXTO
...........
ANÁLISE
Sobre un diván de veludo verde a figura presentase tombada sobre unha saba e almofadas de ricos encaixes, cos brazos detrás da cabeza, amosando plenamente o seu corpo e mirando ó espectador. Unha postura claramente sensual e provocativa
Como dixemos non hai escusa, a muller exhíbese sen recato - é a primeira vez que se fai visible o vello do pube- e placidamente, incluso hai un certo xesto de picardía no seu rostro como sabendo que esta a ser contemplada. Está claro que se trata dunha muller de carne e oso.
A disposición do diván e a muller nunha clara diagonal pode estar inspirada na figura feminina que aparece na obra A Bacanal de Tiziano, que Goya coñecería por pertencer ós fondos da pinacoteca real.
Pero se o tratamento anatómico resulta convincente, a conexión coa cabeza non deixa de resultar estraña pois parece estar un tanto dislocada ademais de responder a un modelo estereotipado, semella unha boneca.

Novamente, como noutras obras do pintor, a luz desde o alto define a forma nitidamente recortada e outórgalle un volume moi escultórico, o que a enlaza coa normativa neoclásica.
Sendo tan poucos os elementos contidos na obras, tamén é reducida a paleta, pero con tan pouco o corpo anacarado, cunha pel de porcelana case transparente, contrasta fortemente sobre o branco e o verde do leito e o ocre do fondo. As meixelas anímanse con tonalidades vermellas.
Marca a diferencia de textura por medio da pincelada, moi solta e lixeira nos elementos materiais e máis minuciosa e academicista no corpo feminino
Está considerada como un dos máis fascinantes espidos da historia da arte xunto coa citada Venus do espello de Velázquez, a Venus de Urbino de Tiziano e a Olimpia de Manet
- O AQUELARRE
CATALOGACIÓN
En 1819, canso e decepcionado, Goya merca unha casa as proximidades de Madrid, a Quinta do Xordo, e nela refuxiase para pintar o impresionante conxunto pictórico coñecido como pinturas negras. Son pinturas que fai para si mesmo, sen ningún condicionante, coa única finalidade de decorar as paredes da súa vivenda, concretamente dúas salas, unha no piso baixo e outra no primeiro. Unha do total de catorce, é este Aquelarre que parece ser estaría situado na planta baixa fronte á Romaría de San Isidro. Pintadas directamente sobre o revoque da parede coa técnica do óleo, foron logo trasladadas á lenzo o que lles causou certos danos.
De formato apaisado de grande lonxitude, máis de 4 metros (se ben o que hoxe vemos foi recortado ó pasar do muro ó lenzo) , ocupaba unha das paredes entre dúas fiestras. No paso a lenzo perdeu parte do lado dereito o que altera o eixe de simetría.
Aquí podes ver unha reconstrución das salas coas pinturas no lugar que ocupaban.
CONTEXTO
.................
ANÁLISE
A obra que tamén é coñecida como O gran cabrón, representa un aquelarre, unha reunión de bruxas que renden culto ó demo, en forma de macho cabrío. Preside a reunión a figura demoníaca -en gran tamaño, de perfil, en sombra e vestido con hábito eclesiástico- xunto co seu axudante, unha bruxa vestido de branco, ó seu carón hai frascos, botellas, un cesto e unha caixa; son son útiles satánicos precisos para a cerimonia. Ó redor bruxos e bruxas, sentados no chan, escoitan atentamente con miradas expectantes e actitude temerosa.
Á dereita, un tanto illada, unha moza espera sentada nunha cadeira (seguramente o retrato de Leocadia, amante do pintor). A súa disposición e aspecto, carece aínda de rasgos demoníacos, dános unha nova pista do contido da obra, non é só unha reunión con Satán, estamos diante dun rito de iniciación, a moza é quen vai ser iniciada.
Aínda sendo un grupo numeroso, a concepción é unitaria onde o que domina é a concepción de masa, un grupo compacto de aspecto grotesco. A masa organízase simetricamente ó redor do diaño en disposición frontal ó espectador. O conxunto describe unha elipse con centro na muller de branco.
Goya suprime todos os elementos ambientais, só a multitude se recorta sobre o fondo pardo da noite. E na multitude case non individualiza as figuras, moito menos nos planos de fondo, só interesa destacar os seus deformados rostros as miradas espantadas, os xestos e as actitudes aterradoras.
Nestas obras foxe de toda pauta académica e dota a súa pincelada dunha marcada liberdade, aplicando manchas de cor nun empaste moi espeso. Nalgunhas formas delimita a figura con claras liñas de contorno.
Pinta con enérxicos e rápidos brochazos, visibles a primeira vista, en acusados contrastes de brancos, ocres e grises, sempre mesturados con negro -o que se denomina paleta sucia-. Domina un colorido sombrío acorde ó tenebroso acontecemento.
Os efectos de luz empregada con finalidade expresiva outorgan forza e enerxía á tenebrosa imaxe. Sobre o fondo xeral de escuridade a luz incide máis fortemente na primeira fila onde resaltan as carnacións e as telas. Logra así marcados claroscuros.
Todo é horror e dexeneración nesta representación de forma embrutecidas sumidas na ignorancia e na superstición. Goya supera o limite da racionalidade semellando emerxer pola contra os contidos do subconsciente: un mundo alucinante e visionario que moito ten que ver co acontecer histórico que lle tocou vivir e, sobre todo, co seu mundo interior, illado tras da xordeira
Este conxunto pictórico das pinturas negras constitúe un preludio do Expresionismo do século XIX.