07/07/20

MODERNISMO/ART NOUVEAU


Nos derradeiros anos do XIX unha nova corrente estética rompe en Europa a dicotomía entre a arquitectura de enxeñeiros (ferro) e a arquitectura dos arquitectos (historicismo e eclecticismo)
Un novo estilo que responde ó gusto dunha burguesía culta que esixe calidade e deseño (non vulgaridade) para crear un mundo refinado

Valor da producción artesanal (vidro, ferro, cerámica, madeira) Potencia o valor estético dos obxectos cotiáns, incluídos os productos industriais
Inspiración na natureza, especialmente vexetal Difumina a división entre artes maiores e menores
Preferencia absoluta pola liña curva e as asimetrías Renda solta á imaxinación e á fantasía

Pese á existencia de trazos comúns, non constitúe un estilo unitario, as variantes nacionais reflíctense nas distintas denominacións do estilo que en España é Modernismo
  • Art Nouveau en Francia e Bélxica: GUIMART, París; VICTOR HORTA, Bruxelas
  • Jugendstil en Alemaña e países nórdicos: Hans Thoma
  • Sezession en Austria: OLBRICH e Otto WAGNER, Viena

  • Modern Style no Reino Unido: MACKINTOSH
  • Nieuwe Kunst nos Países Baixos: Jan Toorop
  • Liberty ou Floreal en Italia: Giovanni Battista Bossi, Milán; Ernesto Basile, Palermo

Nos Estados Unidos, Louis- Comfort Tifanny aplica o estilo no traballo de vidro e cristal

En España, o Modernismo tivo unha ampla difusión  especialmente en Cataluña onde sobresae a figura GAUDÍ

A XEOMETRÍA
Funicular de cargas
Elipsoides
Hiperboloide hiperbólico
Paraboloide hiperbólico
Hipérbola dunha folla
Hiperboloide
Helicoides
Catenarias
Conoides
TRENCADÍS, NATUREZA E SIMBOLISMOS



Outros arquitectos cataláns relevantes: Domènech i Montaner: Palau de la Música, Barcelona (1 e 2); Puig i Cadafalch, Casa Amatller, Barcelona (3)


En Galicia os emigrantes retornados edificaron as súas ricas vivendas incorporando trazos estilísticos diferenciadores da arquitectura tradicional, deste xeito as vivendas dos indianos descollaban pola súa personalidade particular. Non se pode falar dun "estilo indiano" pero sí dunha transformación arquitectónica que, en moitos casos respondían ós presupostos modernistas. As edificaciñons dos ensanchess urbanos adoptaron o estilo.


Dous exemplos próximos saídos das mesmas mans (o arquitecto arxentino Julián García Núñez -estudiou en Barcelona e foi alumno de Lluís Domènech i Montaner- e o enxeñeiro Ángel Ardex, discípulo de Gaudí e vinculado a esgta zona polo proxecto da vía ferroviaria Ferrol-Xixón): o Palacete de doña Socorrito en Figueras (hoxe hotel Peñalba) e a Torre dos Moreno, en Ribadeo,  da que trataremos un pouco máis ampliamente ó final desta entrada.


Na pintura, Gustav KLIMT é a figura máis salientable e representativa do movemento. A súa obra pictórica caracterízase polo emprego decidido da liña, a cor plana, os dourados de tradición bizantina, o carácter ornamental, o horror vacui, a ausencia de perspectiva, os canóns estilizados, a sensualidade 









Unha derivación do Modernismo foi a Art Decó, unha arte de entreguerras ecléctica e decorativa na que se entremezclan trazos das primeiras vangardas: cor fauve, formas cubistas, abstracción xeométrica ...
Representa ben o estilo Tamara de Lempicka











Torre dos Moreno, en Ribadeo. Os irmáns Pedro María e Xoán Moreno Ulloa, emigrantes en Arxentina, encargan un edificio para vivendas de rendas, algo moi pouco habitual ata o momento.
No solar, situado a carón do neoclásico Pazo de Ibáñez, mantíñase unha das antigas torres da fortaleza medieval, a denominada Torre Julia, destinada a residencia dos condes do señorío, cárcere e depósito de armas. O seu estado era ruinoso e, pese a que o primeiro proxecto contaba con mantela en pé, finalmente derrubouse.
A edificación conta cun soto, planta baixa con soportais na fachada principal e tres alturas, máis un ático con mansardas e unha terraza de diferentes alturas desde as que se accede os miradoiros das dúas torres, inspiradas na Casa de les Punxes, obra de Puig i Cadafall. En cada planta había dúas vivendas grandes e una terceira na parte posterior máis pequena, pensada en principio para o servizo. As instalacións  eran do máis avanzado con calefacción, ascensores e recollida da vasoira a través de  condutos internos.


Pero se algo destaca é o exterior das tres fachadas con asimetrías e ruptura de volumes, as balconadas e galerías de ferro con cristais de cores, as cornixas decorativas con tondos, grilandas e motivos vexetais,  as grandes ménsulas do primeiro andar e, sobre todo, a torre en chaflán rematada nun cupulín sobre cariátides (tomando as fontes Wallace parisinas como referene), co seu refulxente tellado de cerámica vidrada en vermello, similar á torre posterior de menores dimensións.








17/06/20

REALISMO, ARQUITECTURA DO FERRO


A mediados do século XIX, gradualmente esgótanse os valores estéticos románticos ó tempo que os artistas desexan incorporar na súa obra experiencias máis directas e obxectivas. 
A burguesía, definitivamente implantada, esquece os principios revolucionarios e acomódase nun xeito pracenteiro de vida. Cobra agora importancia a nova e desfavorecida clase traballadora, o proletariado nacido da Revolución Industrial.
  • Coincide co desenvolvemento do movemento obreiro, de aí o protagonismo das clases traballadoras e o emprego da arte como arma de cambio social 
  • Procura a representación obxectiva da realidade de cotío, sen a subxectividade  e o idealismo romántico
  • O interese pola historia ou polos temas literarios deixa paso ó interese pola realidade concreta, nalgúns casos resignada (Millet), noutros con total crueza (Courbet), e ás veces con maior valor reivindicativo (socialismo de Daumier) 
  • En oposición á crítica oficial, defenden: unha pintura sen argumento, real na imaxe e na narración, obxectiva na súa representación.
Os grandes Salóns manteñen o apoio á pintura academicista rechazando toda innovación pictórica non sometida ás reglas clasicistas.
Courbet presenta dúas obras -Enterro en Ornans e O estudio- para a Exposición Universal de 1855 que se celebraría no Palacio da Industria cun apartado de Belas Artes, pero ó seren rexieitadas organiza pola súa conta unha mostra persoal nun pavillón novo, de madeira e ladrillo, e que denomina do Realismo. Esa data de 1855 consíderase o inicio de Realismo e o texto do folleto o seu manifesto.
Saber para facer, tal foi o meu pensamento. Estar capacitado para traducir os costumes, as ideas, o aspecto da miña época, segundo a miña apreciación; ser, non só un pintor, senón tamén un home; nunha palabra, facer arte vivo, tal é o meu obxectivo

As bases podemos atopalas no grupo da Escola de Barbizon, paisaxistas como  Corot, Rousseau ou Daubigny que con estudios do natural tentan amosar as súa vivencia da natureza e captar os fenómenos atmosféricos


COURBET Nunca pintei un anxo porque nunca vin ningún

Como explica no folleto da exposición de 1855 formouse por libre copiando os grandes mestres como Caravaggio ou Velazquez 
Politicamente foi un home comprometido, participou na revolución do 48 e na Comuna de París en 1870, o que lle valeu o exilio
Evoluciona dende o Romanticismo ó Realismo como compromiso político 
O seu Realismo non é unha copia a realidade, non hai mimetismo hai interpretación individual rexeitando a idealización, aínda a costa de provocar o escándalo

CADRO DE FIGURAS HUMANAS, HISTÓRICO DUN ENTERRO EN ORNANS
Un gran título e un colosal tamaño para un tema trivial





















VÍDEO
Sen o empaque e a grandiosidade neoclásica, adquire un tono de exaltación do ordinario o que provocou un enorme escándalo.
Enterro dun veciño de Ornans, o seu lugar de nacemento.
Os acompañantes distribúense con certa organización: en primeiro lugar está o clero, logo os laicos socialmente relevantes, maioritariamente homes, e logo as mulleres cos nenos.
Moitos son retratos, nada idealizados, de coñecidos e familiares. Asisten con desinterese, sen prestar atención á cerimonia, incluso o enterrador parece impaciente por terminar.
Todo semella vulgar: as vestimentas son pobres, o cura severo e tosco, o chan embarrado, o ambiente chuvioso e deprimente, a paisaxe mortecina.
Coloca no primeiro plano un can, destacado tamén pola cor branca no medio  de negros e ocres agás os toques brancos e vermellos das roupas.
Nese mesmo primeiro plano e no centro, a fosa recentemente escavada e a caveira desenterrada.
O cortexo avanza desde o fondo esquerdo, xira e deténse no mesmo lado. Un S incompleta porque os laterais están recortados arbitrariamente
Compositivamente desenvólvese a modo dun friso (como os retrratos de grupo do Barroco holandés), roto tan só pola verticalidade do crucifixo. Os cantís reforzan a horizontalidade
Contención xestual e expresiva, incomunicación
O taller do pintor
Señoritas nas ribeiras do SenaA orixe do mundo


MILLET

Formou parte da Escola de Barbizon
Recolle o mundo campesiño nunha realidade un tanto dulcificada e idealizada, onde o traballador nunca perde a dignidade
Gran calidade técnica no emprego da luz e a cor, aplicada en pequenas pinceladas, así como no dominio do debuxo
Estatismo e xeometrización.
Formas rotundas, recortadas sobre a luz
Gusto polos detalles
Liñas de horizonte moi baixas en paisaxes horizontais

Unha nota: o interese de Dalí  no Angelus


DAUMIER

Comezou como debuxante de caricaturas e sátira en publicacións períodocas. Ese estilo gráfico repítese nos seus lenzos, onde tampouco abandona a crítica social

Filipe de OrleansA lavandeiraVagón de terceira clase




ARQUITECTURA DO FERRO e CRISTAL




  • Utilización dos novos materiais industriais (ferro, vidro, aceiro)
  • Funcional e racionalista.
  • Grandes espacios diáfanos: estacións, mercados, bibliotecas, exposicións; pontes, fábricas
  • Construcción rápida e económica (pezas prefabricadas)
  • Obras de enxeñería


TORRE EIFFEL
Levantada como obra efémera a modo de arco de triunfo na entrada da Exposición Universal 1889, destinada a conmemorar o centenario da Revolución Francesa (outra grande obra de enxeñería sobresíu: Galería de Máquinas)
Exclusivamente realizada en ferro, forxado e colado, con remaches. Símbolo do triunfo do progreso científico, cos seus 300 m era a construcción mais elevada do momento.
Tres pisos decrecentes, sobre arcos parabólicos inclinados cara a o interior, rematando en estructura adintelada; segundo corpo coa prolongación dos piares tamén inclinados; terceiro corpo resultante da fusión dos catro brazos que se prolonga ata rematar en cúpula metálica con unha lanterna
Obxecto de admiración pero tamén de burla (esqueleto de chatarra; esa lámpada verdadeiramente tráxica).

Do taller de Eiffel saíu tamén a estrutura interna da Estatua da Liberdade, un regalo do goberno francés ós Estados Unidos como commemorar os cen anos da Declaración de Independencia
PAXTON, Crystal PalacePaxton, Crystal Palace

LABROUSTE, Biblioteca de Santa XenovevaLABROUSTE, Biblioteca de Santa Xenoveva
LABROUSTE, Biblioteca Nacional de París
VELÁZQUEZ BOSCO, Palacio de Cristal do Retiro, Madrid




  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir