Chega a través dos contactos económicos e políticos con Italia, desde fines XV: intercambio de artistas, importación de obras e tratados artísticos
Non conectado coa propia evolución, que se mantivo moito tempo no gótico. As fórmulas puramente clasicistas -"ao romano"- non chegaron case a penetrar, é a plástica manierista a que se introduce, sobre todo no repertorio decorativo -"ao moderno"- máis que que na concepción.
- Interese da Coroa por desenvolver unha arte oficial que a defina e sexa símbolo de unidade e poder
- Impulso tamén de parte da aristocracia, os Mendoza, para reafirmar o seu prestixio
- A Igrexa aferrase á linguaxe gótica, particularmente na arquitectura, desconfiando dos modelos pagáns renacentistas.
A complexidade do Renacemento español advírtese nas diferentes denominacións das etapas da súa evolución, particularmente significativas na arquitectura
Os inicios, baixo o reinado dos reis Católicos, veñen dados polas escolas de Toledo (Enrique Egas e os Guas) e de Burgos (os Colonia) que inflúen no resto do territorio
ARQUITECTURA
PLATERESCO, finais do XV e primeira metade do XVI
Caracterizado polo mantemento de estruturas góticas ás veces con aparello almofado, ás que se engade unha profusa, concentrada (fachada-retablo) e minuciosa decoración ao modo da labor dos prateiros, con motivos renacentistas (medallóns, columnas abalaustradas, grutescos, emblemas heráldicos, candelieri) pero tamén mudéxares.
PURISMO, segundo tercio do XVI
Coincide co reinado de Carlos V. Dominio dos principios italianos seguindo o severo deseño de Bramante: prevalece o espacial e o construtivo de acordo con principios de proporción.
CLASICISMO/HERRERIANO, finais do XVI-mediados do XVII
Reinado de Filipe II
Responde á linguaxe da Contrarreforma e ás influencias manieristas
Caracterizado pola monumentalidade e rigor xeométrico, volumes claros, relacións matemáticas entre os distintos elementos arquitectónicos, sobriedade decorativa (pirámides e bolas,)
cubertas de madeira e tellados de pizarra con chapiteis
O Escorial (análise) é o prototipo imitado no Palacio Ducal de Lerma, obra de Francisco de Mora a primeiros do XVII
|
ESCULTURA
Predomina a temática relixiosa (temas da Paixón, Virxes) con formas expresivas, directas e realistas moi lonxe do clasicismo italianoA influencia de Miguel Anxo é notoria.
Materiais: madeira principalmente; mármore e pedra para os monumentos funerarios
BERRUGUETE
Formado inicialmente no gótico da escola de Valladolid, de onde conserva o tradicional expresionismo castelá, a súa estadía en Italia permitiulle coñecer as obras da Antigüidade, os artistas do Renacemento e os novos recursos anticlásicos do Manierismo o que deixara unha profunda pegada na súa obra (á dereita).
Desenvolve un estilo moi persoal: formas alongadas, nervioso, apaixonado, expresivo, chegando ás veces á incorrección formal.
Curiosamente aínda mantén o gusto polos dourados
|
PINTURA
A tardía influencia italiana fixo que se mantiveran os trados de orixe flamenga
Temática: retrato cortesán (Carreño, Sánchez Coello) e relixiosa (Morales); os temas mitolóxicos (sen tradición en España) encargábanse a venecianos e para círculos cortesáns. A figura senlleira é O Greco (análises: 1 e 2) cun personal estilo que mezcla o bizantino, o veneciano e o manierismo co misticismo expresionista hispano | |||
GALICIA
A súa condición periférica determina unha tardía implantación dos cambios estilísticos, tampouco chegaron aquí artistas italianos. De novo é a vía de peregrinación a Santiago a que determina as influencias, sendo esta cidade o primeiro foco no que se materializa o proto-renacemento.
1) GÓTICO-PLATERESCO
2) PURISMO
Paulatina desaparición dos elementos ornamentais que permiten visualizar a estrutura arquitectónica. No ámbito eclesiástico perviven elementos goticistas
COLEXIO FONSECA
Participan Juan de Álava, Gil de Hontañón e Covarrubias quen establece principios proporcionais na portada. A Sala de Teoloxía cun artesonado de raíz mudéxar. |
En Viveiro: Porta de Carlos V
3. CLASICISMO
Mentres, Santiago mantén a conexión con arquitectos andaluces como Fernández Lechuga
Dúas obras de Simón de Monasterio
3. CLASICISMO
Mentres, Santiago mantén a conexión con arquitectos andaluces como Fernández Lechuga
O novo foco renacentista de Monforte implanta o pleno clasicismo da man de arquitectos casteláns e cántabros. A obra representativa é o Colexio de Nosa Señora da Antiga, considerada O Escorial galego polo seu desenvolvemento horizontal, a austeridade, os remastes en bolas sobre pináculos, a planificación (igrexa no eixo central e dúas alas laterais que dan acceso a senllos patios). A portada remata nun frontón triangular partido con peineta -será moi empregada no Barroco- portando escudo de armas dos xesuítas
Dúas obras de Simón de Monasterio
OUTROS RENACEMENTOS
ALEMAÑA |
Grünewald, Retablo de Isenheim (tratado neste post)
|
||
PAÍSES BAIXOS |
O Bosco, O Carro do heno (táboa central)
|
||
FRANCIA |
Agora entra nos cadros de Brueghel para ver todos os detalles.