13/10/19

A UNIDADE DA ARTE ROMÁNICA


A partir do s. XI cando os pobos invasores son culturalmente asimilados e os musulmáns detidos, entramos nunha etapa máis estable
O románico é o primeiro estilo común da Europa Occidental e cristián, aínda que con particularidades rexionais, que se corresponde coa sociedade feudal e a Alta Idade Media.
Recibe este nome polas súas similitudes coa arte romana, sen embargo asimila influencias dos estilos anteriores, desde as romanas pasando polas bizantinas ata as islámicas.
Nace en Francia no ambiente carolinxio Está ao servizo da Igrexa
Determinantes históricos:
  • a espiritualidade da época marcada polo milenarismo. Crenza xeneralizada do fin do mundo no ano 1000 (ou no 1033 = morte de Cristo). Manifestase na conciencia de culpa pero acompañada do perdón, seguido dun sentimento pietista (agradecemento)
  • a consolidación do feudalismo: arte aristocrática con castelos de pedra a partir do s. X
  • o desenvolvemento monástico (reforma beneditina de Cluny no s. X) e a súa rápida difusión (en España)
  • o culto das reliquias e as peregrinacións: Xerusalén, Roma e Santiago
  • as Cruzadas


ARQUITECTURA

Construcións:
  • Relixiosas: igrexas, igrexas de peregrinación, mosteiros
  • Civís: palacios urbanos e castelos
A principal innovación será a concepción espacial
Carácter monumental e perdurable con sólidos volumes definidos por liñas simples: curvas e rectas que marcan claramente os seus límites espaciais. Esta solidez recorda unha fortaleza Métrica precisa que favorece a impresión dun todo organizado
Autoría: cuadrillas itinerantes dirixidas por un mestre de obra (marcas), inclúe canteiros, escultores,.. Traballan por encargo pero conforman escolas con trazos propios. Non existe o concepto de artista, a arte é simplemente o traballo ben feito

FRANCIA
Heteroxeneidade con peculiaridades locais
Influencias bizantinas (bóvedas bulbosas e tellados de escamas - Nosa Señora de Poitiers) e lombardas

ALEMAÑA
Dobres elementos: dúas ábsidas, dous transeptos.
Desenvolvemento vertical e multiplicación de torres

ITALIA
Separación dos elementos (basílica, baptisterio, torre)
Decoración con mármores, non hai escultura
Arquerías abertas, bandas lombardas

ESPAÑA
Chega tardiamente, 2ª metade do XI, desde Francia e Lombardía a través do Camiño de Santiago
Rompe a evolución da arte autóctona, se ben se manteñen as súas influencias (visigoda, asturiana, mozárabe e, incluso, islámica)
Non se pode falar dun "románico español"
Hai tres momentos cronolóxicos, con diferencias rexionais:
  • Primeiro románico. 1ª metade s. XI. 
    Iniciase en Cataluña: pequenas igrexas de carácter rústico e influencia lombarda
  • Difusión, s.XII
    Catedral de Lugo, Palacio Xelmírez en Santiago,  Catedral de Zamora
    Mosteiros cistercienses: Poblet, Oia, Meira

PLANTAS, 3-5 naves

Basilical por influencia romana

De cruz latina, cruceiro destacado ou non

Raramente centralizadas, por influencia bizantina e mozárabe
PARTES
FACHADA e NAVES TRANSEPTO e CRUCEIRO CABECEIRA
Fachada entre torres
A portada reflicte a estructura interna
Ás veces precedida por pórtico e con portadas nos brazos do transepto

Transepto -nave transversal- desenvolvido para simbolizar a cruz, ás veces engade absidiolas
O cruceiro destacado en altura polo abovedamento
Ábsidas semicirculares
Nas de peregrinación inclúe a cripta, un deambulatorio ou xirola e absidiolas
ALZADO
MUROS CONTRAFORTES VANOS
Cantería e cachotería; ladrillo no románico mudéxar; groso e con robustos cimentos (para soportar as bóvedas), macizo.
Contrafortes para contrarrestar os empuxes das bóvedas.

De pouca luz (seteiras), abucinados, encadrados en arquivoltas e columnas. Domina o macizo sobre o vano
PORTADAS SOPORTES ARCOS
Evoca a idea clásica de arco de triunfo. Arquivoltas e abucinamento. Ás veces parteluz ou mainel.Xambas e tímpano, se hai, decorados
Piar románico (núcleo cadrado/rectangular + semicolumnas adosadas). Apean nel os arcos faixóns e formeiros. Nos claustros e exteriores, columna de fuste liso ou estriado. Tamén columna con esculturas adosada
Gran variedade de capiteis

De medio punto a miúdo dobrados
CIBORIOS TRIBUNAS HORIZONTALIDADE

Elevado sobre o cruceiro, ás veces con lanterna

Sobre as naves laterais nas igrexas de peregrinación
ABOVEDAMENTO

Bóvedas de canón con arcos faixóns, especialmente na nave central e no transepto

De aresta por tramos cadrados nas naves laterais e na xirola
Cúpulas ou bóvedas semiesféricas no cruceiro

De arcos cruzados nos ciborios


De cuarto de esfera nas ábsidas
De cuarto de canón nas tribunas
ELEM. ORNAMENTAIS
Axedrezado ou taqueado jaqués
Bandas e arquiños lombardos
Baquetóns
Arquerías cegas
Dentes de serra
Cestería

Bolas
Canzorros baixo as cornixas dos aleiros Pintura mural ó fresco



ESCULTURA

A escultura quedara desconectada da tradición clásica, os precedentes son as mostras prerrománicas de pequenas dimensións
Carácter simbólico pois ademais de ornamento ha de instruír
Integrada na arquitectura e adaptada a ela, por iso predomina o relevo e escasea o vulto redondo
¿ONDE?
Tímpanos
Arquivoltas
Xambas
Parteluz
Capiteis
Impostas
Frisos
Canzorros
Frontais de altar
TEMAS
Apocalipse (Xuízo Final, anciáns,...)
Pantocrátor e Tetramorfos
Vidas de Cristo e da Virxe
Crismón
Xeométricos, vexetais,
Bestiarios
Asuntos profanos

Vulto redondo
Recupérase pero segue a ser escaso
En madeira, marfil ou metal
  • Cristo crucificado -Maiestas Domini-. Vivo (ollos abertos) e impasible porque triunfa sobre a morte, con catro cravos: Crucifixo de don Fernando e dona Sancha; Maxestade de Batlló
Snow
Forest
Mountains
Mountains
Forest

  • A Virxe coma trono do Salvador e mediadora entre os homes e Deus (Maiestas Mariae)
O culto mariano desenvolvese a partir do XII. Sentada de fronte
Sostendo o Neno que bendice coa man dereita mentres na esquerda porta un libro ou bola; coma un trono (Virxe, Trono de Sabedoría), sen comunicación entre eles; incluso sen chegar a tocarse; frontalidade, simetría, rixidez de xesto e actitudes, expresión grave
Desde mediados do XII, figuras máis  humanizadas, a Virxe posa a man no ombreiro do Neno que se despraza a unha perna


Relevo
Didáctica, arte conceptual
Definida como Biblia pauperum
Non procura a beleza, só importa a mensaxe
Lei do marco; simetría radial ou axial, é a orde divina; tamaño xerárquico
Destaca a cabeza (ollos ) e mans; horror vacui; pregas xeometrizadas ocultan as anatomías
Antinaturalista, formas hieráticas, frontais, sen perspectiva nin proporción; policromía





PINTURA

Recupera a importancia perdida polo dominio dos mosaicos nos séculos precedentes e pola incapacidade económica de sufragar os custos dos traballos escultóricos (pintar é máis económico)
Técnica: fresco nos muros con retoques ó temple; temple sobre táboa para retablos e  frontais de altares (frontal de Ix)
Aparece en muros, bóvedas, ábsidas, adaptándose ó marco
A súa finalidade tamén é a de instruír e exaltar a piedade dos fieis Influencia bizantina
Evita o naturalismo, posto que o importante é a vida espiritual.
Trazos similares ós dos relevos: subordinada á arquitectura
A pintura non ha de representar a natureza senón o espírito, polo que non se rexe polas leis da visión





PRIMEIRA ARTE CRISTIÁ


O cristianismo nace en Palestina, entón parte do Imperio Romano.
Relixiosamente existía un culto oficial que actuaba como unificador: o culto ao Emperador, que coexistía outros cultos diversos. Nese marco nace o cristianismo que achegaba ideas que prenderon con facilidade entre o pobo, ideas como a salvación dos xustos, a redención e a vida eterna, ao tempo que falaba de liberdade e igualdade, entrando así en oposición coas bases do mundo romano tales como o politeísmo ou a escravitude.
A súa difusión, favorecida pola propia organización administrativa e viaria do Imperio, foi rápida. Pero debemos diferenciar:
  • Os primeiros tempos da clandestinidade: paleocristiá
  • A legalización da nova relixión polo Edicto de Milán  de Constantino no 313: primeira arte cristiá 
  • O carácter de relixión oficial  a partir de 391 que se manifestará nas dúas partes do antigo Imperio en formulacións artísticas propias: bizantinas e prerrománicas respectivamente
En conxunto a arte do cristianismo vai significar:
  • A disolución do clasicismo aínda sendo a súa herdeira. 
  • A modificación da significación, agora dominan a crenza e a fe
  • A necesidade interpretativa pois conta cun compoñente intelectual cheo de convencionalismos para transmitir a fe
  • O teocentrismo e cesaropapismo (propaganda, sentido áulico)
Esteticamente imponse a idealización, o simbolismo, a desnaturalización e a expresividade


PALEOCRISTIÁ, ata  o 313

Os primeiros cristiáns non constrúen senón quen adaptan o xa existente ás súas necesidades
  • Domus ecclesiae (a casa da asemblea, en tanto lugar de reunión), vivendas de particulares adecuadas á liturxia,
  • Catacumbas como lugares de enterramento -non hai incineración- e celebración do banquete fúnebre. Non pensemos que o facerse subterráneas ten que ver coa prohibición do cristianismo: os seus inicios son anteriores e a mesma lei romana tiña por sagrado e inviolable calquera enterramento.
Como os enterramentos pagáns houberon de escavarse fora da área urbana pois dentro dela estaba prohibido. Comezaron aproveitando os túneles abandonados dos que se extraía area e materiais de construción e continuaron ese modelo: estreitos corredores con loculi nas paredes, e cubicula ou criptas, segundo tamaño, no fondo das galerías para persoas notables, neste caso baixo arcosolio. Expandíronse anarquicamente agás algúns casos, e os corredoiros chegaron a medir varios quilómetros.
Decóranse con pinturas esquemáticas, nun só plano, simétricas, antinaturais, frontais, que están impregnadas dun forte sentido simbólico e expresivo de raíces orientais.
As imaxes adquiren unha finalidade didáctica, han de transmitir os contidos da fe, sen valorar a estética. Se ben se serve da linguaxe de tradición clásica evoluciona cara á perda de todo o accesorio para quedarse só na idea.
  • Iconografía
A necesidade de contar con modelos iconográficos propios significativos a empregar no marco das (pinturas, lápidas e sarcófagos), tivo resposta na asunción de símbolos e temas clásicos coñecidos, cambiando o significado: o Bo Pastor (claramente derivado do Moscóforo), a vide xa non alude a Baco, Orfeo (xa que rescatou a Eurídice dos infernos), e toman episodios do Antigo Testamento coma David entre os leóns, Xonás e a balea, Moisés,...
A representación de Xesús resultou máis problemática ó non contar con antecedente algún. Foi preciso "inventar" unha imaxe de culto, configuraron tres modelos: un efebo novo sen barba -Christus puer- segundo a estética helenística, un home maior barbado -Christus barbatus-, modelo de orixe siríaca, e o Christus didaskalos ou magister -cun rolo na man e xesto explicativo- que respondían ós prototipos dos filósofos.
Do mesmo modo precisaron crear símbolos propios interpretados tan só polos seguidores cristiáns: a Eucaristía (1 e 2); a pomba cunha rama de oliveira ou nos orantes como símbolos da alma salvada na paz de Deus (3 e 4); a áncora e o pavo real en alusión á salvación e á resurrección, respectivamente (5-6)

Snow
Forest
Mountains
Mountains
Mountains
Mountains

Monograma de Cristo (Crismón). Formado coas dúas primeiras letras da palabra Cristo en grego -X (ji) e P (ro), letras iniciais de Xrhistus, traducción do hebreo de Mesías (o unxido)-. Alfa e omega: principio e fin.
O pez, en grego ἰχθύς (ICHTHYS): Xesucristo Fillo de Deus Salvador, Iησοῦς Χριστὸς Θεοῦ Υἱὸς Σωτήρ

Snow
Snow
Forest

Sen relación cos modelos iconográficos, mencionemos esta curiosa pintura dunha catacumba de Via Latina: ¿unha lección de anatomía con Aristoteles?



PRIMEIRA ARTE CRISTIÁ, IV-V


A partir do s. IV, comeza a edilicia de basílicas, mausoleos e martirios; melloran os traballos escultóricos e pictóricos con representacións que cada vez máis lonxe da realidade, suceden en escenarios desmaterializados,  con figuras redúcense aos contornos cun forte trazo, incluso a cor faise abstracta.

ARQUITECTURA

Espazo adecuado á liturxia para acollemento dos fieis. Inclúe residencia de bispos e sacerdotes Modelo, en menores dimensións, tomado da basílica romana para desvincularse do templo pagán e porque se adecúa á súa función e subliña o eixe lonxitudinal que marca o avance cara ó altar.
En xeral emprega materiais baratos no exterior (ladrillo, cachotería) que contrasta coa riqueza interior de mosaicos e mármores.
Son catro os modelos construtivos
  • basílicas, tomando como modelo as basílicas civís romanas  da administración de xustiza con certas modificacións
  • mausoleos, enterramentos monumentais de persoas relevantes. Seguen tipoloxía dos mausoleos romanos
  • martyria, mausoleos de santos e mártires. O mesmo esquema
  • baptisterios, para celebrar a cerimonia do bautismo

BASÍLICAS
PLANTA ALZADO ÁBSIDA

Lonxitudinal de tres ou cinco naves, separadas por filas de columnas, a central máis ancha.
Coloca a entrada nos pés non nos laterias
Desenvolve o cruceiro e crea o transepto, nave transversal que da un novo simbolismo: cruz
Precedida dun nártex para os catecúmenos (os non bautizados

Nave central máis elevada (camiño de Deus) A diferencia de alturas permite abrir ventanais (claristorio) que acentúan a importancia emocional da nave central
Tribuna para mulleres -matroneo- sobre as naves laterais

Presbiterio semicircular marcado por gran arco de triunfo; delimita o espazo dos fieis cun iconostasio
ORNAMENTACIÓN ELEM.SUSTENTANTES CUBERTAS

Ornato e luz para suxerir a presenza divina

Columnas de capiteis corintios -a miúdo reaproveitados-, arcos de medio punto e de medio punto peraltados
Armaduras de madeira e bóvedas de cuarto de esfera na ábsida
MAUSOLEOS e MARTYRIA
PLANTA EXTERIOR-INTERIOR CUBERTAS

Preferencia polas centralizadas coa tumba no centro seguindo o modelo dos mausoleos romanos
Os martyria esixen un deambulatorio de circunvalación

Repiten o contraste
Bóvedas semiesféricas, cúpulas, bóvedas vaídas e de canón
Nos deambulatorios, de canón anular
BAPTISTERIOS
PLANTA PÍA EXTERIOR-INTERIOR

Exentos
Centralizada (poligonal ou circular) coa pía no centro

Bautismo por inmersión


ARTES PLÁSTICAS






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir