14/06/21

EXPRESIONISMO/S


Acabamos de ver como o fauvismo é tamén un modo expresionista de plasmar o "motivo pictórico" por medio da violencia cromática, do mesmo xeito que Goya ou Van Gogh foron expresionistas ó reflectir con contundencia as angustias do ser humano.
Pero para acoutar o termo, entendemos como Expresionismo o movemento de vangarda  que exaspera a expresión e que xurde a primeiros do século no norte de Europa, con especial desenvolvemento en Alemaña. Aínda así delimitado, no se trata tampouco dun movemento unificado, cun manifesto grupal, máis que dun estilo habería que falar de estilos ramificados en múltiples direccións, unidos opolo dominio da emotividade individual. En certo sentido ven ser un novo romanticismo en tanto priman plasmar os estados de ánimo do artista sen buscar  os valores estéticos.

TRAZOS

Distorsión subxectiva da realidade Procura emocionar e conmover Visión pesimista da vida, desencanto diante do progreso e do positivismo Preferencia polas liñas angulosas que transmiten o ritmo dos sentimentos
Formas simplificadas, elementais, distorsionadas, perfís angulosos Cor vibrante, pura, agresiva e arbitraria. Pinceladas grosas, anchas e largas Todo tipo de temas incluíndo os extremos: violencia, sexualidade, fealdade


  • PRECURSORES


MUNCH       
A enfermidade, a demencia e a morte foron os anxos que rodearon o meu berce e me seguiron toda a vida.

O pintor noruegués viviu dende a infancia rodeado pola morte -nai e tres irmáns-, o que xunto coa súa personalidade  introvertida e depresiva conformou unha concepción atormentada da vida, dominada pola angustia, a soidade, a morte, o amor problemático. Sérvese de cores violentas en pinceladas curvas, distorsións nunca vistas, contornos en arabesco,  figuras esqueléticas, rostros lívidos ....
Obra comentada:
A danza da vidaPubertadeAnsiedade
SeparaciónNoite estreladaSolpor na rúa  Karl Johan

ENSOR      

En Bélxica, realiza unha pintura xestual, de forte carga simbólica, directamente antiburguesa, na que predominan as máscaras siniestras, os esqueletos, o carnaval, os paiasos e as figuras grotescas.
Entrada de Cristo en BruxelasA intrigaMorte e máscaras


  • DIE BRÜCKE (A ponte). Unha ponte para asentar as bases dunha arte do futuro

Catro estudantes de arquitectura, liderados por Kirchner, crearon o grupo A Ponte no 1905. A denominación foi tomada como símbolo, se ben non tiñan claro cara a onde ían si sabían que querían pasar dun sitio a outro, e agrupar nunha comunidade artística á que atraer a todos os elementos revolucionarios  e en fermento, e isto, o di o seu mesmo nome: ponte. Tal proselitismo deu froito coas incorporacions de Nolde e Müller, entre outros. Crearon unha comunidade artística -disolta no 1913- e aprobaron un manifesto publicado en 1906.
A súa oposición á cultura oficial é tamén un elemento de revolta, de cambio social, de ruptura con todo tipo de convencionalismo. Preferían os temas da vida urbana amosada de xeito grotesco polo baleira e superficial.
Recuperaron a xilografía e o grabado en madeira como un modo de volver ás orixes.  

KIRCHNER      
... a arte está feita polo home. A súa propia figura é o centro de toda arte ... Por tanto, hai que empezar polo home mesmo.

En primeiro lugar tiven que inventar unha técnica coa que poder captwr as cousas en movemento, e para iso estudei os debuxos de Rembrandt ... Exerciteime par captar con rapidez, con trazos audaces, onde queira que estivera, paseando ou quieto, e na casa facía debuxos máis grandes; así aprendín a representar o movemento. Encontraba novas formas no entusiasmo e na presa deste traballo que, sen ser naturalista, representaba todo o que vía e quería representar dunha maneira máis grande e máis clara. E a isto agrego a cor pura, tal e como  a xera o sol.

Crea imaxes cheas de forza con sensación de inquedanza, de medo, en atmosferas asfixiantes. Sérvese de formas angulosas e simplificadas delimitadas por grosas liñas, cores violentas e contrastadas ó modo fauvista. Son características as complicadas composicións con cambios bruscos de punto de vista. 
Obra comentada:
Fränzi diante dunha cadeira talladaMoza sentadaGrupo de artistasTres bañistas

NOLDE      

A súa obra vén marcada pola busca simbólica e a espiritualidade

CrucifixiónMáscarasEnterro de Cristo


Outros artistas temporalmente conectados co grupo sen que asuman todas as premisas estilísticas:
KOKOCHSKA:
A noiva do ventoA noiva do vento

EGON SCHIELE:
Autorretrato cos dedos estendidosAutorretrato cos dedos extendidos


  • DER BLAUE REITER (O xinete azul)


Este grupo, liderado por Kandinsky e  Franz Marc, creouse en Múnic e estivo activo entre  1911 e 1914. Toman o nome dos cabaleiros medievais de lendas populares e, tamén, a san Xurxo, símbolo da vitoria do ben sobre as forzas demoníacas. Do espiritual na arte, libro de Kandinsky, e o 
Almanaque Der Blaue Reiter
publicado en 1912, constitúen o fundamento teórico do movemento. 
Gran trastorno
Desprazamento do centro de gravidade da arte, a literatura e a música.
Diversidade das formas,  consideradas baixo o aspecto da construción e da composición.
Necesidade de volverse con intensidade cara á natureza interior, renunciando, por conseguinte, a todo embelecemento das formas exteriores da natureza ... tales son, en conxunto,  os signos do renacemento interior.
Mostrar os caracteres e as manifestacións desa transformación, resaltar a continuidade desa tendencia en relación a épocas pasadas.
Ostentar os impulsos interiores en todas as formas que provocan unha reacción íntima no espectador.
Tal é o fin que "Blaue Reiter" se esforzará en alcanzar.
Artigo de Franz Marc, 1912
O movemento sintetiza a forza expresionista cos novos postulados cubistas e a abstracción, pero engadían o valor da espiritualidade. As cores, primarias, antinaturalistas e fortes, adquiren connotacións emocionais, así o azul é a cor masculina e da espiritualidade, o vermello simboliza a vida e a violencia e o amarelo a cor feminina e terreal.

FRANZ MARC
A natureza está en todas partes, en nós e fora de nós; só hai unha cousa que non pertence completamente á natureza, senón quen é a súa superación e interpretación: a arte. Na súa esencia, sempre ten sido o afastamento máis audaz da natureza e do naturalismo. A ponte cara o reino do espírito, a nigromancia da humanidade.
Xoga un importante papel na evolución cara á a abstracción, sen chegar a ela plenamente. Mantense en formas simplificadas de perfís ondulantes estruturadas en planos superpostos.
O tema do animal na natureza, particularmente cabalos, é unha constante na súa obra. Expresan o estado de pureza -o ben, a beleza, a verdade- que a sociedade debería alcanzar
Grandes cabalos azuisA vaca amarelaDestino dos animais


KANDINSKY      

Vai dar logo o paso definitivo á abstracción. Obra comentada:  Primeira acuarela abstracta


Rúa de MurnauOrientalPintura cun arco negro



Tamén PAUL KLEE conectou co grupo aínda mantendo sempre o seu espírito libre posto de manifesto nunha linguaxe orixinal que se move entre o figurativo e a abstracción.
SenecioBalón vermelloInsula dulcamara



  • NOVA OBXECTIVIDADE

No período de entreguerras o expresionismo faise máis cru, irreverente e satírico para servir de denuncia social tras da crueldade da guerra. O mesmo Kirchner evoluciona neste sentido.
Teñen en común a volta á plasmación obxectiva da realidade, o que non significa que sexa exactamente de xeito realista. Beben doutros movementos como Dadá, Cubismo e Futurismo, dos que toman recursos que sirvan a transmitir a mensaxe por riba da forma.

OTTO DIX 
Para min o Obxecto é o dato primario... Por iso considerei sempre da máxima importancia achegarme o máis posible ó que vexo.

Rúa de PragaRetrato da periodista Sylvia von HardenXogadores de cartas
A gran cidade


GROSZ 

SuicidaDía grisEscena de rúaMetropole


MAX BECKMANN 

A noiteO inferno dos paxarosAutorretrato como paiaso









12/06/21

FAUVISMO

 

PRIMEIRAS VANGARDAS

CONTEXTO 

Principias feitos históricos do século XX:
Economicamente recordar crises do capitalismo, división entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos ou a influencia que a economía ten no desenvolvemento científico e técnico (transportes, comunicacións). 
A arte ten que evolucionar do mesmo xeito que a sociedade, non se poden manter inamovibles os principios artísticos nun mundo modificado pola ciencia e a tecnoloxía (Freud, Einstein,...).
O Impresionismo abriu ás portas á outros investigacións e xeitos de pintar, a outras tendencias, a outras formas de mirar, pero el mesmo chegou a un punto de esgotamento. Van xurdir diferentes estilos que coexisten e se suceden de xeito vertixinoso desde finais do XIX.
Teñen en común  a intención de transformar a linguaxe artística, liberados de todas as cadeas estilísticas do pasado
  • Fin da unidade artística e convivencia de estilos de concepcións moi diferentes, que se suceden moi rapidamente
  • A arte deixa de ser a manifestación privilexiada dunha cultura, pertence só ao aartista
  • Constante afán de descubrir e explorar novas vías artísticas (cine, fotografía, collage...)
  • Uso indiscriminado de toda clase de materiais (periódicos, cortiza, area...)
  • Supremacía da creatividade e da experimentación, a arte xa non trata de imitar ou copiar, máis que representar interpreta 
  • Superación de conceptos tradicionais como forma, cor, luz e espazo. Son revisados ou incluso  rexeitados.
O triunfo social failles perder o seu carácter de ruptura.

FAUVISMO


O Salón de Outono de 1905, na sala VII,  presentaba esculturas neorrenacentistas de Albert Marque e lenzos de Matisse, Derain, Vlaminck. O crítico Louis Vauxcelles fixo a crónica da exposición, incluíndo a famosa a frase que serviu a dar nome a estes pintores inclasificables.
«No centro da sala, un torso infantil e un pequeno busto de mármore de Albert Marque, que modela primorosamente. O candor destes bustos sorprende no medio da orxía de tons puros: Donatello chez les Fauves".

¿Conformaron unha escola estilística de vangarda? En sentido estrito diríamos que non xa que non chegaron a constituír un grupo homoxéneo unido no tempo -en 1907, o grupo xa está desintegrado, cada quen seguiu camiño propio-, nin estableceron un corpus doutrinario, tan só os uniu a liberdade, o emprego arbitrario da cor e o distanciamento da realidade, todo isto é o que os fai vangardistas. 
Rexeitaron a ríxida metodoloxía do Neoimpresionismo, pese a que moitos comezaron servíndose da técnica puntillista
(Matisse), a lixeireza do Impresionismo, o ornamentalismo da Art Nouveau e a evasión espiritualista do Simbolismo.
Tiñan os seus fundamentos pictóricos nos postimpresionistas (Gauguin e Van Gogh, sobre todo), nas culturas primitivas e, incluso, poden ser considerados expresionistas no uso da cor xa que a empregan só en función da súa propia sensibilidade e emocións, non está ó servizo da imaxe. 
Liderados por Matisse, Vlaminck e Derain, xunto con outros artistas que se sumaron temporalmente van Doegen, Dufy, Marquet, Rouault.

TRAZOS

Cor arbitraria, forte, violenta, pura, contrastada e non descriptiva Sen luces e sombras, a luz obténse polas cores complementarias Pinceladas xustapostas e pastosa Nin perspectiva nin profundidade
Recupera a liña de contorno para conservar a forma Temas intranscendentes (paisaxe, natureza morta, nu) sen procurar a mímese do motivo senón a súa plasmación emotiva Xesto impulsivo acorde ó instinto creativo Alegría e pracer, atractivo para o sentido dos espectadores



MATISSE        
O que persigo por riba de todo é a expresión e a cor debe atender sobre todo a  servir o mellor da expresión.

O lado expresivo das cores impónseme de xeito instintivo. A elección das miñas cores non se fundamenta en ningunha teoría científica, senón na observación, sobre o sentimento, sobre a experiencia da miña sensibilidade.

Foi o eixo do grupo pero acabara abandonándoo. Con Harmonía en vermello rompe co fauvismo e avanza cara a formas simplificadas, maior ornamentalismo e á creación de collages con papeis pintados con gouache (pintura coas cores diluídas en auga).

Muller con sombreiroFiestra aberta


Harmonía en vermello




VLAMINCK       Paisaxes das emocións en cores moi contrastadas aplicadas en densas pinceladas

Restaurante de la Machine en BougivalO xardiñeiro
Retrato de DerainRetrato de muller


DERAIN O máis radical dos fauvistas, tendencia que abandonou despois da guerra mundial cara a un realismo máis ecléctico

A danzaCharing Cross BridgeArboresMuller en camisa


VAN DONGEN       Sensualidade feminina na vida nocturna parisina ou as refinadas burguesas. Característicos ollos pintados de negro

Cantante de óperaAmapola de millo
A xitana





ROUAULT Entrou en contacto cos fauvistas pero sérvese dunha linguaxe propia caracterizada pola figuración expresionista, a fonda inspiración relixiosa, as cores escuras e o emprego da cor negra.

Cristo e o doutorCrucifixión






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir