28/09/2013

PASARELA DIOR


Fai un tempo, nesta entrada  xa tratamos a relación entre a moda e a arte, hoxe toca volver sobre o tema diante desta exposicion de Dior na súa casa museo de Normandía na que se fai unha revisión da influencia do movemento impresionista nos deseños de Christian Dior.




Desde a súa infancia cando a súa nai coidaba con mimo as frores do xardín da casa familiar, Dior amou sempre as frores e a xardinería, sempre sentiu paixón pola natureza,as súas cores.
Xa no 1947 presentou na súa primeira colección, a liña Corolla, é dicir corola en alusión ós aneis dos pétalos das frores. Tamén denominada de silueta en 8 polo dominio das curvas, significou o retorno da femineidade, tras dos duros tempos da guerra caracterizados pola sobriedade, con ben definidos ombreiros, cinturas moi axustadas e grandes faldas de moito voo, o que obrigaba a empregar grandes cantidades de tela.



Na liña Tulipán de 1953, con marcados bustos e cadeiras, a inspiración está nos pintores impresionistas: Degas, Monet, Renoir, Van Gogh, Seurat, Bazille... Non é de extrañar pois el mesmo se desenvolvía no ambiente de artistas plásticos, ademais de ter sido galerista, e músicos. De moitos foi amigo e lles adicou algún dos seus deseños, mira estes exemplos




A influencia impresionista mantívose noutras coleccións propias e dos novos deseñadores da casa Dior como John Galliano ou  Raf Simons.
A exposición presenta máis de setenta vestidos xunto doutros accesorios como sombreiros ou zapatos que se acompañan de lenzos e debuxos que suxiren a conexión estética e temática entre a moda e a arte, entre a costura e o impresionismo.
A comisaria da exposición, Florence Müller, sinala
O vínculo indiscutible cos impresionistas era o interese pola natureza. Estos pintores, amantes das paisaxes, trasladaron os seus cabaletes ó aire libre, rexeitando o taller. Dior ideou tamén moitas deas súas coleccións no xardín dos seus refuxos en Granville, Milly-la-Forêt y Montaurou

Vexamos esta pequena presentación para constatar o dito





Para recalcar esta ósmose arte-moda, Raf Simons no seu debut para a casa Dior no 2012 incluiu referentes dos lenzos abstractos de Sterling Ruby





0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir