27/05/20

BARROCO



O século XVII é unha época de cambios en Europa derivada da crise política (guerras de relixión), económica (bancarrota das monarquías francesa ou hispánica), social (crecente  burguesía mercantilista), científica e filosófica  (Descartes, Copérnico, Newton, Kepler). 
O optimismo renacentista derrubouse e deu paso á dúbida e a angustía.
O termo barroco empregouse con sentido despectivo, hoxe pola contra está revalorizado, non é unha dexeneración do Renacemento, crea unha linguaxe propia ben para responder aos principios da Contrarreforma, aos intereses das monarquías absolutas ou aos gustos da burguesía.
Trazos xerais:
  • busca: o movemento, a tensión dramática, a sensación escenográfica, a irregularidade, a sorpresa.
  • rexeita: a razón, o equilibrio, a proporción, a medida.
Diferencia segundo a clientela

Igrexa                   
  • Barroco católico da Contrarreforma: Italia e España cos seus dominios (Flandres)
  • Arte claro e comprensible, estimulante da piedade non razoada
  • Imaxe imbuída de misticismo,  ascetismo,  heroísmo,  erotismo e crueldade

Monarquías          
  • Barroco cortesán do absolutismo, propagandístico:  Francia
  • A figura mitificada do rei: asociación coa mitoloxía, ecuestre ...

Burguesía              
  • Barroco burgués e protestante:  Países Baixos
  • Autoafirmación a través da representación do seu mundo e da súa vida
  • O realismo popular dos bambochantes



ARQUITECTURA

En correspondencia ó novo Estado nacional, o Barroco crea  a cidade-capital representativa dunha totalidade territorial.
No plano estético é herdeira dos teóricos do Renacemento (Vitruvio) pero sumando a concepción da cidade como obra de arte de inmediata percepción visual servíndose dun instrumento idóneo: a perspectiva. O Barroco ordena o mundo como panorama de acordo cos principios de Lavedan: perspectiva monumental, liña recta que leva consigo perspectiva, uniformidade que supedita  o particular ó conxunto.
Podemos exemplificalo na remodelación do Paseo do Prado en Madrid ou na planificación ex novo da cidade alemana de Karlsruhe e, sobre todo, en Roma que quere mostrarse como capital do catolicismo para transmitir o seu poder, difundir os dogmas e verdades de Trento e espertar o sentimento relixioso en espazos acordes a tal fin.
Os resultados de tales obxectivos maniféstanse en:
  • creación do modelo de igrexa xesuítica (analizado na Igrexa do Gesú)
  • no urbanismo coa remodelación de Roma, caput mundi do novo catolicismo, promovida por Sisto V e levada a cabo por Fontana. A finalidade era que a ruta dos peregrinos que visitaban as basílicas maiores (1 a 4) e as menores (5 a 7) fose clara a través de novas vías regulares de conexión -nivel horizontal- e que os puntos relevantes resaltaran en prazas sinaladas verticalmente grazas aos obeliscos e columnas (cristianizados, por suposto), fontes e as grandes cúpulas das igrexas.
Planificación de vías de reordenación urbana. O realizado, marcado en verde
1-San Pedro, 2- S Pablo Extramauros, 3- Santa maría a Maior, 4- S Xoán de Letrán, 5- S Lourenzo Extramuros, 6- Sta Croce, 7- S Sebastián Extramuros



PLANTAS MATERIAIS SOPORTES
Idea de espacio continuo. Prefire plan central -elípticas, ovais, formas xeométricas complexas (para innovar e sorprender)- mantendo as lonxitudinais acordes aos principios de Trento.
Cantería de perpiaños en pedra, mármore de cores para os interiores, bronce para decoración
Ordes clásicas alteradas: fustes salomónicos; atlantes; estípites; ordes colosais; entaboamentos curvos. A miúdo ornamentais. Contrafortes en forma de volutas

CUBERTAS ORNAMENTACIÓN ARCOS
Mantén a cúpula pero aniquila a súa forma por pinturas, estucos ... (ilusionismo). Introduce bóvedas ovais, estreladas,...

Abundante e variada chegando a ocultar os elementos estructurais. Emprega todo tipo de elementos curvos e mixtilíneos, formas quebradas, que favorecen os contrastes lumínicos: volutas, elipses, óvalos, aletóns, cortinaxes, frontóns alternados, molduras. Integra a escultura
Segue a utilizar arcos de medio punto, pero tam´ne elipticos, mixtilíneos

EXTERIORES INTERIORES VANS
Concepción de masa única, como grandes esculturas. Fachadas de orde xigante, pantalla sen conexión co interior, posúen valor autónomo e sobresaen cara a fora, con formas cóncavas e convexas que as dinamizan. Importantes escalinatas que invaden a rúa
Efectos fantásticos por medio de luces, trampantollos, perspectivas ficticias,.. Ostentosos porque simboliza a riqueza e a santidade
Introduce os de traza oval

EDIFICACIÓNS
Prazas: circulares, elípticas, cuadrangulares, triangulares. Enmarcadas na ordenación e uniformidade urbanística
Palacios e conxuntos residenciais.Modelo de palacio-xardín
Igrexas (modelo do Gesú de Roma)


A Catedral de Compostela recibiu toda unha transformación barroca tanto interior -capelas, baldaquino, órganos,..- como exterior.


ESCULTURA


TRAZOS ESTILÍSTICOS
Rotura do equilibrio clásico. Multiplica os puntos de vista grazas ós escorzos, a liña serpentinata, roupaxes ó vento,..
Cumio da acción
Xogos de texturas, por primeira vez esculpe as nubes
Composicións dinámicas, centrífugas
Efectos lumínicos e claroscuros
Naturalista e verista na expresión do pathos
Inmersa na cidade, subordinada á arquitectura pero integrada nela
Todos os xéneros: relixioso (importancia dos santos e mártires), retrato, mitoloxía, funerario, ecuestre, alegorías, ...
Variedade de materiais: mármores de cores, bronce, madeira, alabastro, ...



En ITALIA precisamos citar a Stefano Maderno (Martirio de Santa Cecilia) como predecesor do barroco, e a Corradini (ver "formas veladas"), se ben todo o período está dominado pola figura de Bernini de quen temos falado ampliamente na análise de varias das súas obras: Apolo e Dafne, Éxtase de Santa Teresa, Baldaquino de San Pedro do Vaticano). Así que nos limitamos a revisar algunha outra obra:



FRANCIA segue os principios academicistas da arte cortesán
Coysevox (Luís XIV)
...........
Girardon (Apolo servido polas ninfas)
...............
Puget (Milón de Crotona)


ESPAÑA. Tras do paréntese purista renacentista,  torna ó realismo. presenta características propias
  • Escasea a escultura exenta civil (estatuas ecuestres en bronce: Filipe III e Filipe IV -Pietro Tacca-)
  • Dado que  case o único cliente é a Igrexa, domina a temática relixiosa e contrarreformista (carácter pedagóxico) en madeira: retablos e tallas (revisar as técnicas)
  • A súa finalidade é “persuadir os homes á piedade e levalos a Deus”, por iso ha de empregar a linguaxe do verosímil para emocionar e conmover
Tres focos:

CASTELA (Valladolid e Madrid)
Esaxerado realismo, máxima expresividade case caricaturizada, dinamismo. Abandona o dourado.............

- GREGORIO FERNÁNDEZ (Cristo xacente, Piedade)
.............................
ANDALUCÍA (Sevilla, Granada)
Realismo un tanto idealizado, sen esaxeracións. Beleza, equilibrio, serenidade, formas suaves

MARTÍNEZ MONTAÑÉS, ALONSO CANO, PEDRO MENA
Cristo da Clemencia
Inmaculada
Magdalena penitente
MURCIA
Naturalismo, idealización, avanza cara ó rococó

SALZILLO (graza, elegancia, colorista; introduce os beléns; pasos de moitas figuras, complexas composicións)
....
Belén....
......
Caída de Xesús


PINTURA

TEMAS
Relixiosos, incidindo naqueles derivados da Contrarreforma: Inmaculada, santos, sacramentos, martirios, milagres Retrato naturalista. O rei con símbolos de maxestade (mesa, trono, espello). As corporaciñons burguesas. Vida cotiá e interiores burgueses
Bodegón/Natureza morta Vanitas. O macabro e o triunfal da morte Paisaxe
TENDENCIAS
Clasicista
Naturalista
Decorativa
TRAZOS ESTILÍSTICOS
Predominio da cor e da mancha sobre o debuxo Composicións asimétricas e centrífugas Dinamismo
Claroscuro, tenebrismo Profundidade/Perspectiva aérea. Predomina o valor visual Naturalismo






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir