29/10/19

TRES DIMENSIÓNS


Aínda que xa temos tratado o tema da perspectiva, pero incidindo nas formas non convencionais, volvemos ó mesmo asunto para percorrer brevemente o camiño que levou á procura da terceira dimensión sobre unha superficie plana, pintura ou relevo.
Hoxe coñecemos que se pode lograr de varias formas:

Avatar

Distinto tamaño
Profundidade

Avatar

+/- cerca do bordo
-/+ profundidade



Avatar

Superposición


Avatar

Claroscuro


Ás que hai que engadir a perspectiva lineal e atmosférica que logo trataremos
Dando unha ollada ó pasado encontramos enxeñosas formulacións.
Os exipcios superpoñían escenas en bandas horizontais, entendendo que a franxa superior estaba máis lonxe que a inmediatamente inferior, ou ben despregaban a imaxe combinando distintos puntos de vista (á dereita, estanque desde arriba, plantas e árbores de fronte, peixes e paxaros de perfil) 
En Grecia recorreron á multiplicación de perfís superpostos diagonalmente (sexan xinetes ou cabalos). Probaron coa diminución de tamaños se ben dun xeito bastante aleatorio



Curiosamente o emprego da disposición en escorzo comezaba a crear espazo. Un recurso non moi empregado pero que xa aparece na Grecia do século VI a.C.. Incluso tentaron con escorzos e con estruturas arquitectónicas
A pintura pompeiana aplicou a perspectiva de acordo cos principios da visión, pero aínda non era a perspectiva lineal cun único punto de fuga. No segundo (s.I a.C.) e no cuarto estilo (segunda metade do s.I d.C.) as arquitecturas  pintadas  finxidas en perspectiva crean profundidade
  

Mentres Bizancio aplicaba perspectivas invertidas e superposición en franxas, como xa vimos, a arte cristiá occidental tiña un claro obxectivo: facer visibles todos os elementos necesarios para a comprensión do significado das imaxes nun espazo que remite a un ámbito sagrado e irreal. Por iso non dubidaron en recorrer, de ser preciso, a combinar dous puntos de vista (o que moito despois farán os cubistas), e a perspectiva xerárquica segundo o que o tamaño ven dado pola relevancia das personaxes sen ter en conta a súa ubicación no espazo. Abaixo, exemplos de Silos, Poitiers, Cartuja de Miraflores, miniatura das Muy ricas horas do duque de Berry, xa do XIV.
Foron os artistas do Trecento os primeiros en intentar plasmar a tridimensionalidade dun xeito intuitivo mais os erros e as incoherencias son manifestas ó sumar puntos de vista diferentes nunha única imaxe: visión de fronte e en planta no caso de Duccio.


Tampouco Giotto nin Ambroggio Lorenzetti chegaron a esquemas científicos, continúan a traballar de xeito intuitivo. Giotto logra sensación de volume nas figuras por medio da sombra propia pero non logra espazos arquitectónicos regulados. Lorenzetti si diminúe os tamaños pero sen proporción, introduce escorzos mais daquela maneira.




Será Brunelleschi o primeiro en descubrir -ou redescubrir- de xeito experimental a existencia do punto de fuga visual e que esa fórmula resultaba eficaz para suxerir un espazo tridimensional nunha superficie plana.
E Alberti codificará a construción en perspectiva fixando principios recollidos en De pictura, 1436.





Posteriormente Leonardo fixa os principios da perspectiva por efecto da atmosfera interposta entre o ollo e o obxecto: as formas esvaecen e perden detalles, o máis afastado perde calidade das cores e os fondos tender a ser azulados, fríos

Perspectiva oblicua con dous puntos de fuga


Caillebotte

Tamén a sombra proxectada serve a crear espazo e profundidade, como comentamos ó falar das sombras.




21/10/19

ARTE GÓTICA


Denominación dada por Vasari ó relacionalo coa arte dos godos ou dos bárbaros
Arte urbana que ten a súa orixe na Ile de France

CAMBIOS ECONÓMICOS
  • Medra a produción (avances técnicos, crecemento demográfico, cava de novas terras, ...
  • A existencia de excedentes reactiva o comercio e as comunicacións
  • Economía precapitalista: moeda, letra de cambio, banca
  • Renacen as cidades (burgos)
CAMBIOS SOCIAIS
  • Unha nova clase a burguesía, urbana e enriquecida, se convirte en mecenas
  • Universidades, orixe dun movemento laico e cosmopolita á marxe da Igrexa, con preocupacións máis terreais
CAMBIOS POLÍTICOS
  • Fractura do sistema feudal e prefiguración dos estados modernos
CAMBIO DO SENTIMENTO RELIXIOSO
  • Máis humano e emotivo sensibilidade máis realista
  • As ordes mendicantes -franciscanos e dominicos- nacidas no s.XII impulsan o naturalismo e ó subliñar a importancia da predicación crean a necesidade de amplas igrexas dunha soa nave
PRECEDENTES
  • Protogótico impulsado pola reforma cisterciense de Bernardo de Claraval. Emprega o arco apuntado e as bóvedas de crucería (análise do mosteiro de Oseira), pero defende unha arquitectura cinguida ó esencialmente funcional carente de todo ornato
  • A concepción do abade Suger materializada en Saint Denis: a igrexa representa a Xerusalén celeste e a luz simboliza a divindade. Será a liña que sigan as grandes catedrais: elevación, luminosidade, riqueza ornamental.

ETAPAS
  • Fase inicial, Francia, mediados do s. XII
  • Plenitude, s.XIII
  • Final- gótico flamíxero
En España, Alemaña, Francia e Países Baixos continúa ata ben entrado o XV
Italia, en cambio, avanza cara ó Renacemento desde o XIV

ARQUITECTURA

Tipos de edificios
  • civís: lonxas, concellos, pazos, hospitais
  • relixiosos: catedrais, igrexas e mosteiros
Principios estéticos derivados da concepción de que a igrexa representa a magnitude divina fronte á pequenez humana
  • elevados = o eixo vertical une a terra e o ceo dirixíndonos a Deus
  • cheos de luz = a luminosidade da divindade
  • ornamentados: esculturas e relevos, vidreiras, retablos, sillerías dos coros,...
Conseguilo foi posible gracias ós cambios estruturais, especialmente os producidos nos sistemas de abovedamento (bóvedas de crucería), no sistema de contrarresto de empuxes (arcobotantes) e nos arcos (arco oxival, de dous centros)
O mestre-arquitecto adquire consideración social (a miúdo se enterra na Igrexa que constrúe).

TRAZOS ESTILÍSTICOS E TÉCNICOS
PLANTA

Modelo das igrexas románicas de peregrinación, modificacións que crean maior un idade espacial.
O transepto sobresae pouco, o cruceiro queda situado no centro (referencia ó corpo humano: corazón= razón e emoción)

Chega á planta salón ó non destacar nada o transepto

Macrocefalia -referencia ó corpo humano: corazón= razón e emoción-, ás veces con dobre xirola
Prefire as absidiolas pligonais
SOPORTES CAPITEIS ARCO OXIVAL
Piar de baquetóns/piar fasciculado (finas columnas que veñen dos nervios das bóvedas)

Menor importancia ó quedar lonxe da vista, perden carácter individual, forman unha estreita faixa ou capitel corrido. O mesmo sucede coa basa
De dous centros, exerce menos presión lateral ó apoiarse mutuamente os seus segmentos.Facilitou dar maior altura.
A miúdo con tracería
OUTROS ARCOS

Carpanel, de tres centros (dous na liña de impostas e outro máis abaixo)
Conopial, de catro centros(dous interiores na liña de impostas e dous exteriores)
Trilobulado
BÓVEDAS DE CRUCERÍA e DE LIGADURAS ó multiplicar os nervios secundarios (terceletes) que crean novas claves

Cuatripartita: dous arcos ou nervios oxivais que se entrecruzan no centro (clave). Coma un esqueleto sustentan o peso e o transmiten ós soportes. O espazo entre os nervios cóbrese con plementería (cada sector é un plemento) que pode chegar a ser perforada
Sobre tramo rectangular denomínase barlonga
A sección oxival dálle tamén maior resistencia e reduce os empuxes laterais. Os muros quedan liberados da función sustentante
Sexpartita

Bóvedas de ligaduras simples
De ligadura en abanico
CONTRARRESTOS
Arcobotantes para transmitir os empuxes
Botarel a modo de contraforte exento para dar altura e liberar o muro

Se a nave lateral é moi ancha precisa arcobotantes de dobre voo
GÁRGOLA
VERTICALIDADE
As augas verten ó exterior polas gárgolas nas que rematan as canles que discorren polos arcobotantes
Chapiteis
Agullas e pináculos
ALZADO INTERIOR ILUMINACIÓN FACHADAS
Elevadísima nave central con abundantes ventanais. En xeral mais vano que muro
O máis habitual son tres niveis

Ventanais de tracería (tetrafolios, trilóbulos, formas flamíxeras) e vidreiras (grellado de ferro e vidro chumbado). Delimitación lineal e figuras esquemáticas, planas e sen volume Incrementan a luminosidade do interior cunha luz tamizada.
Producen un espacio interior desmaterializado, simbólico
Tres (no transepto e nos pés) enmarcadas por torres
A principal transmite a estructura interior -coma un corte transversal-. Semella un retablo con corpos e rúas
Verticalidade subliñada polos pináculos e compensado polas galerías (galerías de reis en Francia)
Engade rosetóns con vidreiras
PORTADAS

Incrementa o abucinamento con mais arquivoltas. Inclúe gabletes
​Tímpano dividido en rexistros horizontais
Nas arquivoltas as figuras dispóñense lonxitudinalmente
Parteluz e estatuas-columna baixo doselete nas xambas




ESCULTURA

Comeza a liberarse da arquitectura: mantense no exterior -arquivoltas, tímpanos, xambas, parteluz- mentres desaparece do interior (vidreiras)
Incrementa a escultura exenta
Escultores recoñecidos: Nicolás Pisano, Gil de Siloé,
Maior relevancia dos temas marianos
A Virxe sempre xoven, fermosa e doce. Actitude maternal

Deus misericordioso substitúe o Pantocrátor e os temas apocalípticos. A Resurreción salvadora A dor da Crucifixión para provocar a compaixón. Tres cravos

TRAZOS FORMAIS
Tende a liberarse do marco arquitectónico
Perde rixidez e gaña mobilidade con un suave contraposto
Formas naturalistas idealizadas
Expresa a idea dignificando a realidade
Rostros individualizados.
Trazos repetidos: cabeza pequena, triangular, ollos resgados.
Relacións entre as figuras
Realismo xestual para expresar sentimentos (afectos, sorriso, sufriento)
Canon alongado
Volumetría en formas e roupaxes
Disposición lonxitudinal nas arquivoltas
Doseletes e repisas
Sepulcros (Doncel de Sigüenza)
Retablos (Gil de Siloé)


PINTURA

A desaparición do muro nas construccións góticas significou a eliminación de pintura nos interiores das igrexas
Desenvólvese noutros ámbitos: os libros de miniaturas e os retablos (pintura sobre táboa)
Caracterízase por:

  • A similitude coa escultura, aínda que máis variedade
  • O predominio da línea sobre a cor
  • Os fondos dourados, símbolo do sobrenatural, de tradición bizantina









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir