27/05/20

BARROCO



O século XVII é unha época de cambios en Europa derivada da crise política (guerras de relixión), económica (bancarrota das monarquías francesa ou hispánica), social (crecente  burguesía mercantilista), científica e filosófica  (Descartes, Copérnico, Newton, Kepler). 
O optimismo renacentista derrubouse e deu paso á dúbida e a angustía.
O termo barroco empregouse con sentido despectivo, hoxe pola contra está revalorizado, non é unha dexeneración do Renacemento, crea unha linguaxe propia ben para responder aos principios da Contrarreforma, aos intereses das monarquías absolutas ou aos gustos da burguesía.
Trazos xerais:
  • busca: o movemento, a tensión dramática, a sensación escenográfica, a irregularidade, a sorpresa.
  • rexeita: a razón, o equilibrio, a proporción, a medida.
Diferencia segundo a clientela

Igrexa                   
  • Barroco católico da Contrarreforma: Italia e España cos seus dominios (Flandres)
  • Arte claro e comprensible, estimulante da piedade non razoada
  • Imaxe imbuída de misticismo,  ascetismo,  heroísmo,  erotismo e crueldade

Monarquías          
  • Barroco cortesán do absolutismo, propagandístico:  Francia
  • A figura mitificada do rei: asociación coa mitoloxía, ecuestre ...

Burguesía              
  • Barroco burgués e protestante:  Países Baixos
  • Autoafirmación a través da representación do seu mundo e da súa vida
  • O realismo popular dos bambochantes



ARQUITECTURA

En correspondencia ó novo Estado nacional, o Barroco crea  a cidade-capital representativa dunha totalidade territorial.
No plano estético é herdeira dos teóricos do Renacemento (Vitruvio) pero sumando a concepción da cidade como obra de arte de inmediata percepción visual servíndose dun instrumento idóneo: a perspectiva. O Barroco ordena o mundo como panorama de acordo cos principios de Lavedan: perspectiva monumental, liña recta que leva consigo perspectiva, uniformidade que supedita  o particular ó conxunto.
Podemos exemplificalo na remodelación do Paseo do Prado en Madrid ou na planificación ex novo da cidade alemana de Karlsruhe e, sobre todo, en Roma que quere mostrarse como capital do catolicismo para transmitir o seu poder, difundir os dogmas e verdades de Trento e espertar o sentimento relixioso en espazos acordes a tal fin.
Os resultados de tales obxectivos maniféstanse en:
  • creación do modelo de igrexa xesuítica (analizado na Igrexa do Gesú)
  • no urbanismo coa remodelación de Roma, caput mundi do novo catolicismo, promovida por Sisto V e levada a cabo por Fontana. A finalidade era que a ruta dos peregrinos que visitaban as basílicas maiores (1 a 4) e as menores (5 a 7) fose clara a través de novas vías regulares de conexión -nivel horizontal- e que os puntos relevantes resaltaran en prazas sinaladas verticalmente grazas aos obeliscos e columnas (cristianizados, por suposto), fontes e as grandes cúpulas das igrexas.
Planificación de vías de reordenación urbana. O realizado está marcado en verde
1-San Pedro do Vaticano
2- S Pablo Extramauros
3- Santa María a Maior
4- S Xoán de Letrán
5- S Lourenzo Extramuros
6- Sta Croce
7- S Sebastián Extramuros




 
PLANTAS MATERIAIS SOPORTES
Idea de espacio continuo. Prefire plan central -elípticas, ovais, formas xeométricas complexas (para innovar e sorprender)- mantendo as lonxitudinais acordes aos principios de Trento.
Cantería de perpiaños en pedra, mármore de cores para os interiores, bronce para decoración
Ordes clásicas alteradas: fustes salomónicos; atlantes; estípites; ordes colosais; entaboamentos curvos. A miúdo ornamentais. Contrafortes en forma de volutas

CUBERTAS ORNAMENTACIÓN ARCOS
Mantén a cúpula pero aniquila a súa forma por pinturas, estucos ... (ilusionismo). Introduce bóvedas ovais, estreladas,...

Abundante e variada chegando a ocultar os elementos estructurais. Emprega todo tipo de elementos curvos e mixtilíneos, formas quebradas, que favorecen os contrastes lumínicos: volutas, elipses, óvalos, aletóns, cortinaxes, frontóns alternados, molduras. Integra a escultura
Segue a utilizar arcos de medio punto, pero tam´ne elipticos, mixtilíneos

EXTERIORES INTERIORES VANS
Concepción de masa única, como grandes esculturas. Fachadas de orde xigante, pantalla sen conexión co interior, posúen valor autónomo e sobresaen cara a fora, con formas cóncavas e convexas que as dinamizan. Importantes escalinatas que invaden a rúa
Efectos fantásticos por medio de luces, trampantollos, perspectivas ficticias,.. Ostentosos porque simboliza a riqueza e a santidade
Introduce os de traza oval

EDIFICACIÓNS
Prazas: circulares, elípticas, cuadrangulares, triangulares. Enmarcadas na ordenación e uniformidade urbanística
Palacios e conxuntos residenciais.Modelo de palacio-xardín
Igrexas (modelo do Gesú de Roma)


A Catedral de Compostela recibiu toda unha transformación barroca tanto interior -capelas, baldaquino, órganos,..- como exterior.


ESCULTURA


TRAZOS ESTILÍSTICOS
Rotura do equilibrio clásico. Multiplica os puntos de vista grazas ós escorzos, a liña serpentinata, roupaxes ó vento,..
Cumio da acción
Xogos de texturas, por primeira vez esculpe as nubes
Composicións dinámicas, centrífugas
Efectos lumínicos e claroscuros
Naturalista e verista na expresión do pathos
Inmersa na cidade, subordinada á arquitectura pero integrada nela
Todos os xéneros: relixioso (importancia dos santos e mártires), retrato, mitoloxía, funerario, ecuestre, alegorías, ...
Variedade de materiais: mármores de cores, bronce, madeira, alabastro, ...



En ITALIA precisamos citar a Stefano Maderno (Martirio de Santa Cecilia) como predecesor do barroco, e a Corradini (ver "formas veladas"), se ben todo o período está dominado pola figura de Bernini de quen temos falado ampliamente na análise de varias das súas obras: Apolo e Dafne, Éxtase de Santa Teresa, Baldaquino de San Pedro do Vaticano). Así que nos limitamos a revisar algunha outra obra:



FRANCIA segue os principios academicistas da arte cortesán
Coysevox (Luís XIV)
...........
Girardon (Apolo servido polas ninfas)
...............
Puget (Milón de Crotona)


ESPAÑA. Tras do paréntese purista renacentista,  torna ó realismo. presenta características propias
  • Escasea a escultura exenta civil (estatuas ecuestres en bronce: Filipe III e Filipe IV -Pietro Tacca-)
  • Dado que  case o único cliente é a Igrexa, domina a temática relixiosa e contrarreformista (carácter pedagóxico) en madeira: retablos e tallas (revisar as técnicas)
  • A súa finalidade é “persuadir os homes á piedade e levalos a Deus”, por iso ha de empregar a linguaxe do verosímil para emocionar e conmover
Tres focos:

CASTELA (Valladolid e Madrid)
Esaxerado realismo, máxima expresividade case caricaturizada, dinamismo. Abandona o dourado.............

- GREGORIO FERNÁNDEZ (Cristo xacente, Piedade)
.............................
ANDALUCÍA (Sevilla, Granada)
Realismo un tanto idealizado, sen esaxeracións. Beleza, equilibrio, serenidade, formas suaves

MARTÍNEZ MONTAÑÉS, ALONSO CANO, PEDRO MENA
Cristo da Clemencia
Inmaculada
Magdalena penitente
MURCIA
Naturalismo, idealización, avanza cara ó rococó

SALZILLO (graza, elegancia, colorista; introduce os beléns; pasos de moitas figuras, complexas composicións)
....
Belén....
......
Caída de Xesús


PINTURA

TEMAS
Relixiosos, incidindo naqueles derivados da Contrarreforma: Inmaculada, santos, sacramentos, martirios, milagres Retrato naturalista. O rei con símbolos de maxestade (mesa, trono, espello). As corporaciñons burguesas. Vida cotiá e interiores burgueses
Bodegón/Natureza morta Vanitas. O macabro e o triunfal da morte Paisaxe
TENDENCIAS
Clasicista
Naturalista
Decorativa
TRAZOS ESTILÍSTICOS
Predominio da cor e da mancha sobre o debuxo Composicións asimétricas e centrífugas Dinamismo
Claroscuro, tenebrismo Profundidade/Perspectiva aérea. Predomina o valor visual Naturalismo






31/03/20

TUNEO


Sonia Delaunay fue una artista y una mujer singular en un mundo de dominio masculino. Formada intelectual y artísticamente en su Rusia natal, se instala en París cuando en la ciudad están en ebullición las vanguardias, entabla amistad con Picasso o Braque quienes le descubren la concepción del cubismo. Pero su campo de acción se abre a otras formulaciones como el orfismo -junto a su marido Robert Delaunay-, el dadaísmo, la abstracción,...
Cuando los tiempos se complicaron económicamente buscó otros ámbitos en los que expresarse: el diseño y la decoración. Abrió una tienda en Madrid -Casa Sonia- donde el matrimonio se refugió al estallar la IGM. Allí comenzó el diseño de tejidos, prendas de vestir y complementos

Y como mujer adelantada no se resistió a que el automóvil, el símbolo del siglo XX, fuera el lienzo en el que plasmar su creatividad. El coche, un Citroën , fue presentado en 1925 en la Exposición de artes decorativas e industriales modernas. Pintado acorde a los principios de simultaneidad y contraste cromático.
Cuando el arte está dentro de ti puede estar en todas partes 
El color me da alegría
En 1967 se le solicitó para causas benéficas la decoración de un Matra, y en  1977, cuando la artista contaba ya 92 años, decoró con recortes de papel una maqueta de Bugatti. Así que ella fue la primera persona en tunear un coche.
En 1975 el piloto de carreras Hervé Poulain encargó a Calder que decorara su coche.  El resultado se  mostró al mundo en las 24 horas de Le Mans

Fue el comienzo de lo que denomina BMW Art Cars, que convierta al automóvil en el soporte para la expresión plástica. Un  artista, de distintos lugares del mundo y de distintos estilos, es invitado a decorar un coche, y así se ha formado la colección que alberga el Museo de Munich y cuenta con 18 automóviles convertidos en lienzos rodantes












06/03/20

REMBRANDT, Rolda de noite



(ver en alta resolución)




CATALOGACIÓN


Lenzo de gran tamaño orixinalmente titulado A compañía militar de Franz Banning Cocq e o tenente Willem van Ruytemburch, mais o escurecemento co paso do tempo o escurecemento do verniz e as restauracións que incrementaron o contraste de luz e sombra fixeron que se interpretara como un ambiente nocturno, cando realmente é diurna, polo que no XIX pasou a denominarse como Rolda nocturna.
Trátase dun retrato colectivo - doelen- da Corporación de Arcabuceiros de Ámsterdan -a garda cívica do distrito II de Amsterdam- ó mando do capitán Cocq, acompañado dun bó número de membros da  milicia, algúns ben recoñecibles -os que pagaron polo seu retrato- e outros no fondo como figurantes non identificados.
A propia Corporación encarga o retrato para colocar na súa sede. Cando as milicias cidadáns pasaron de moda, o lenzo foi reubicado no Concello pero como espazo asignado a tal fin era menor que o lenzo, recortouse en tres lados. Coñecemos a forma completa por copias que se fixeron no seu momento.

Esta obra barroca de 1642, responde ás características do estilo: composicións dinámicas; predominio de liñas diagonais e curvas; colorido rico e variado, cunha cor unificadora, o dourado; contrastes de luces e sombras; desvalorización da liña de contornos; realismo e gusto polo detalle; falta de claridade, etc.

CONTEXTO

A república burguesa e protestante de Holanda, escindida dos Países Baixos, abandona a temática relixiosa tan só presente por medio de temas do Antigo Testamento, tratados como escenas de xénero, e descende o interese pola  mitoloxía, limitada a encargos de corporacions, municipios ou hospitais.. Pola contra o retrato, individual ou colectivo -doelen-, os bodegóns, as paisaxes ou as escenas de interior, constitúen os referentes que busca a burguesía, o principal cliente, para adornar as paredes das súas vivendas. Aquelas partes da realidade propiedade do individuo -a casa, a taberna, a cidade,..-  son agora obxecto da arte.
Deste feito deriva que os pintores holandeses comecen a producir para o mercado, sen encargo previo, actuando con maior liberdade en temas da vida cotiá (bodegóns, interiores,..) ou en paisaxes. 
A produción pictórica é altísima cun verdadeiro proletariado artístico en forte competencia na procura de encargos, particularmente dos retratos ou na venta das súas obras no mercado directamente ou a través de marchantes.
Os enriquecidos comerciantes querían transmitir o seu semblante á posteridade e amosar o seu ascenso social lucindo as insignias dos seus cargos nas distintas institucións.
Cando se trataba dun grupo era preciso reflectir coidadosamente a xerarquía e que todos e cada un dos integrantes se vexan correctamente. Tal necesidade limitaba a miúdo a liberdade de actuación do pintor repetindo esquemas compositivos ríxidos. Frans Hals primeiro, e Rembrandt despois rompen eses modelos preestablecidos (compara o lenzo de Keyser e o de Hals)


ANÁLISE

Na obra de Rembrandt non estamos diante dun grupo que posa para o retrato, pola contra os personaxes móvense cunha liberdade tal que parecen non ser conscientes de que os están retratando, actúan con absoluta naturalidade, as diferencias dos rostros, dos xestos, das miradas e das actitudes fálannos das súas personalidades. Recordemos que todos se coñecen, habitan na mesma zona, son burgueses ricos socialmente recoñecidos e poderosos.
Recolle o momento preciso -como se dunha fotografía se tratase- no que o grupo desordenado sae da súa sede. Nese instante o capitán, vestido de negro con banda vermella, apoia o bastón no chan, da un paso e coa man libre da luva  nun claro escorzo indica ó seu tenente que dea a orde de iniciar a marcha. Entón todo o caos inicial comeza a organizarse: o abandeirado enarbola a enseña, recollen e alzan as picas, o tambor comeza a soar, o can ladra, unha rapaza atravesa correndo, á dereita un membro avisa que xa se deu a orde. No segundo plano tres arcabuceiros mostran as tres fases canónicas do uso da arma que da nome á milicia: o da esquerda carga a pólvora que un neno porta nun corno, o do medio, detrás do capitán Cocq, dispara apuntando o pano vermello que pende dunha pica e o derradeiro elimina os  restos de pólvora soprando.


Toda esta esta sensación de ruído, movemento e confusión, no que cada quen actúa ó seu xeito,  cesará no instante seguinte cando o grupo emprenda o desfile.
E aínda así, se analizamos a composición observamos que Rembrandt introduce orde e racionalidade. A verticalidade das figuras que se distribúen en torno das dúas principais, os que se mostran calmose sabedores da súa posición, ven compensada por toda unha serie de diagonais que se entremezclan como nun  enxame.

Partindo do plano arquitectónico do fondo o lenzo queda estruturado en catro planos de profundidade, desde un primeiro que centra a atención na man do capitán  ata o plano final no que as figuras se esvaecen na penumbra. Considerase que o personaxe tocada cunha boina pode ser un autorretrato do propio Rembrandt.
Pero posiblemente o verdadeiro protagonista da obra sexa a luz, a luz dourada de Rembrandt, e a cor. A primeira entra diagonalmente desde fora do lenzo, partindo de arriba á esquerda esvara entre as figuras, ilumina máis nunhas partes, xera claroscuros, fai  brillar os metais dos cascos e dos escudos, e dirixe a atención ata a man en escorzo que deixa a súa sombra sobre o refulxente traxe amarelo  e banda branca do tenente Ruytenburch.
Outra figura sorprendente resulta fortemente iluminada, a nena (hai outra vestida de azul detrás dela) que atravesa de esquerda a dereita. Case parece que ela mesma é luz. A súa presenza e o galo que leva pendurado do cinto  resultan misteriosos. Pode aludir á idea de vixilancia, propia desta milicia que tiña unha pata de galo no seu estandarte. 


Trátase dunha luz tenebrista e selectiva xa que o claroscuro, seguindo a Caravaggio, adquire valor compositivo e dinamizador, pero tamén serve para crear perspectiva ó contrastar un primeiro plano moi realista e minucioso nos detalles mentres nos planos seguintes van diluíndose as formas perdendo definición, nelas aplica pinceladas moi soltas (comparar n as dúas figuras de abaixo).

A gama cromática resulta rica, chea de matices e contrastes; dominan as cores cálidas de ocres e marróns entre os que resaltan os toques vermellos, amarelos e verdes xunto cos brancos das golas.
É a cor quen define as formas, o pintor prescinde practicamente do debuxo, aplicado en pinceladas anchas e pastosas.
En síntese, estamos diante dun lenzo que reflectindo un acontecemento intranscendente o  converte nun  feito grandioso. O pintor reivindica a súa liberdade creativa, mantén os trazos barrocos pero rompe coas representacións tradicionais dos retratos de grupo característicos do momento. E sobre todo, o mesmo que Velázquez, case contemporáneo, supera o pechado encadre estilístico da historia da arte.



CURIOSIDADES: FLASHMOB 
A Rolda de noite pode ser visitada no Rijksmuseum. 
No 2013, unha campaña deste museo para celebrar a reapertura, tras un tempo en obras, baixo o lema Os nosos heroes retornan, levou a cabo este flashmob nun centro comercial.  Unha verdadeira posta en escena que a modo dunha actuación teatral recrea unha escena do século XVII coa persecución dun ladrón. A actuación remata coa reprodución da composición do cadro de Rembrandt.

A banda de rock King Crimson fixo unha homenaxe a este lenzo coa canción do mesmo nome. Semella unha lectura sonora da obra, incluíndo a referencia á Spanish wars que tantos males causou aos bos e honrados burgueses que aínda viven pola man do pintor. 















  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir